Os nenos e nenas de 1º que pasaron todo o curso traballando na súa parte do Proxecto, na área de Tui no baixo miño decidiron coñecer de primeira man todo o pescudado visitando agora na fin do curso o Parque natural do MOnte Aloia. Polo que nos contaron a viaxe pagou a pena. Os libros e o material dixital son unha boa fonte de información na que temos que aprender a desenvolvernos, pero nada mellor que as vivencias de primeira man.
Amosando publicacións coa etiqueta plambe16-17 b>. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de xuño de 2017
OS RELATOS DAS FAMILIAS
Quedábanos tamén por amosarvos o mural feito coas vosas aportacións en forma de relato. Os mouchiños pediron hai tempo relatos e collages baixo o epígrafe de "Adopta un río: As miñas vacacións no río". Tratábase de falar das experiencias das familias nos seus ríos mais cercanos ou noutros ata os que viaxaron... e foron moitas ás que nos fixeron chegar o seus relatos e presentación que se sumaron a tódalas que xa mandastes en outono. Graciñas a todos e todas.!
QUE SABEMOS DO MIÑO E DOS RÍOS
Como remate do noso proxecto imos facer un pouquiño de memoria; ademáis de entreternos lendo a información que todos puxemos no mural do noso río.
Estas presentacións, unha delas feita polo IES Asorey e a outra por Mon Daporta e Adela Leiro recolle moitas das cousas que temos traballado ao longo deste curso. Imos ollalas e a ver se somos quen de responder unhas poucas preguntiñas!. Cando as teñades levade as vosas respostas á biblioteca.
O RIO MIÑO. IES ASOREY.
O RÍO MIÑO. MONADELA

xoves, 18 de maio de 2017
OUTRA VEZ A GALIÑA AZUL
Agora que semella que se solucionou o problema de "caída da rede" imos agasallarvos con este traballiño no que todos os nenos do cole puxemos o noso granciño de area. Velaí vai:
Open publication - Free publishing
mércores, 17 de maio de 2017
A GALIÑA AZUL VIAXEIRA
Como particular homenaxe a Carlos Casares, outra das actividades programadas para este día é a feitura dun caderno arredor do conto infantil "A galiña azul". A galiña de Carlos viaxou estas últimas semanas por tódalas aulas do cole para que nós tamén poideramos pór os nosos "ovos de cores" e os enchesemos coas historias que este conto tan especial nos suxeriu.
Agora mesmo temos problemas para subir o caderno enteiro, asi que de momento deixámosvos a portada para ir facendo boca. A ver se dentro dun tempiño hai mais sorte e podedes velo todo.

AS MAIMIÑAS VIAXAN POLO RÍO MIÑO
Nestes tempos de case final de curso no que xa comezamos a pechar os proxectos que tivemos en marcha durante todos estes meses, vimos de recibir a visita "musical" de "As maimiñas". A súa actuación foi para os mais pequenos do cole, dende infantil ata segundo de primaria, un primeiro "broche de ouro" ás nosas andainas.
Elas -que son moi viaxeiras e viñan contarnos a súa viaxe polo mundo-, fixeron unha parada no río Miño para poder empaparse da súa esencia ao longo dos mais de 300 kilómetros do seu percorrido por Galicia. Daquela poideron contarnos e cantarnos que viaxar polo Miño é viaxar polo mundo. Australía é coma unha Terra chá máis grande; a pizza de Italia é como a galega,... ou non leva os mesmos ingredintes que atopamos nas terras do miño?; a néboa de Londres é a mesma que podemos ver nas lagoas que forma o Miño; a súa desembocadura é unha xaneliña ao mundo, máis aló dela agárdannos unha chea de sorpresas. Eso mesmo pensaron os piratas que ata aqui chegaron e despois continuaron a súa navegación por todo o planeta.´
Pasamos con elas unha hora de risas, cantos e bailes; desfrutando do seu ritmo e o seu bó facer. Sóubonos a pouco.

luns, 1 de maio de 2017
EXPOSICIÓN DOS LIBROS DAS FAMILIAS
Xa está na biblioteca a exposición dos libros das familias que este curso responde á temática do noso PDI. Buscabamos lecturas científica e documentais que complementaras ás que temos no noso expositor de "Xeografía e natureza nos libros dos río". Tamén contos protagonizados por seres vivos ribeiráns e fluviais.
Baixo o título "Libros e Contos dos ríos" temos colocados xa os primeiros exemplares que nos foron chegando. Xa temos máis libros das casas preparados para colocar, así que se vós aínda non mandastes nada e queredes facelo, sabede que estades a tempo. Mentres os nenos e nenas imos empezar a desfrutar dos libros das familias en canto volvamos ao cole o vindeiro mércores.

PADRIÑOS LECTORES 2017
Por fín, xa chegou! Unha vez máis o mes dos libros bríndounos a oportunidade de desfrutar da lectura xuntos no patio. Esta é unha desas actividades que chegou hai algúns anos ao noso cole para quedarse e que da gusto repetir un ano e outro. Para os de tres anos é a súa primeira experiencia, que viven cunha mestura de medo e curiosidade. Os demais lembran as experiencias doutros cursos e marchan confíados e contentos.
Os padriños e madriñas tiñan, este venres pasado, todo preparado para marchar canda os seus afillados e afilladas cara algún recunchiño do patio e alí, co agarimo do sol que nos agasallou neste día de finais de abril, ler tódalas historias que coubesen nun anaquiño de lecer. Os padriños e madriñas -e moitos dos seus valentes afillados que tamén quixeron ler para eles- puxeron o corazón nesas lecturas e adicáronse con empeño en facer desfilar palabras e historias no medio dun doce marmurio. Mágoa que non se escoite nas fotos!.
Do marmurio pasamos, despois dun longo tempiño, ao balbordo, ás carreiras, ás risas... porque os pequenos non quixeron desaproveitar a oportunidade de compartir tamén xogos cos seus compañeiros maiores.

mércores, 26 de abril de 2017
UN NOVO RETO LECTOR NO MES DOS LIBROS: DON QUIJOTE

Como podedes ver na columna da dereita, temos un novo reto lector. Aínda que están pensados para pais e nais coido que os nenos e nenas do cole tamén poden animarse a participar lendo unha cachiño deste libro na biblioteca, na que temos exemplares especiais para lectores novos, ou na hora lectora.
Atrevédevos a mergullarvos nesta lectura e contádenos as vosas experiencias
CONTOS DE RÍO E OUTRAS HISTORIAS
Os mouchiños piden unha vez máis a axuda dos pais e nais do cole para colaborar connosco en dúas exposicións moi especiais.
Unha delas ("Os libros das familias") cumpre xa un ano mais no que os libros das casas van vir de visita á nosa biblioteca para desfrute de todos. De feito acabamos de inaugurala no día de onte. Aínda así podedes seguir aportando libros se o desexades. Enseguidiña vos amosaremos as primeiras fotos.
Outra homenaxea ó autor co que imos traballar xa ata fin de curso, o protagonista das Letras Galegas deste ano Carlos Casares. Esta exposición vai ser unha das varias actividades nas que pais, nais, profes e nenos imos participar, co gallo desta celebración.
Por se non chegou á vosa casa, aquí tedes a carta dos mouchiños.

domingo, 26 de marzo de 2017
OUTRO POETA-CONTADOR DO RÍO MIÑO
Dicir Anxo Moure é dicir Rio Miño, Carballo con botas, Xacia Lubiña, Vicentiño... e outros contiños solidarios.
Dicir Anxo Moure é dicir poesía e un xeito de contar os contos moi especial.
Nós tivemos o privilexio de telo connosco este pasado venres 24 de Marzo na semana na que se deron cita os Días da Poesía, da Árbore e da Auga, coma se fosen ún mesmo. El -bueno él non, o Xacio Pepe- axudounos a pescar contos no Miño coa súa gamela e o seu batuxo; presentounos a unha xacia verdadeira e fíxonos viaxar ao longo do río aprendendo as augas que o enchen, as súas árbores, os seus seres mitolóxicos, os animaliños que nadan, viven ou aniñan dentro do río ou a carón das súas beiras. Fixo dúas sesións, unha cos mais pequenos e outra cos maiores do cole, e todos pasaron un tempiño estupendo escoitándoo.
Despois visitou as nosas aulas e marchou contento coma un cuco cun agasallo estupendo. A nosa Xacia Miñoncesa quixo marchar con el, quere estar un pouquiño máis preto de Irimia. Agardamos que pronto teñamos novas súas.!!

Mirade aquí a sesión de fotos completa:
DIA DA POESIA
Neste curso no que andamos ás voltas co Río Miño non podiamos deixar de facer tamén poesía con el. Daquela pensamos en ocupar as nosos subidas e baixadas no cole coa lectura dun poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a estas augas interiores tan nosas, tanto que percorren media Galicia.!! Así xurdiron as "escaleiras poéticas". Arrancando no "mural dos mouchiños" comezamos a lectura co título do poema "Loubanza do Rio Miño" e o pechamos co nome dos seu autor. Pequenos e maiores contribuímos para ir enchendo banzo a banzo as escaleiras grandes con estas palabras tan fermosas adicadas ao noso Río.
A cousa non quedou aí porque un ano mais o interior do cole encheuse de poesía (é que a primavera non acompaña para deixalas florecendo no xardín!) e foron moitos os nenos e nenas que puxeron o Miño na súa ollada poética.
Tamén como a poesía non entende de fronteiras linguisticas na aula de inglés animáronse a encher as outras escaleiras con versos nesa lingua. De que falan? Teredes que averigualo vós mesmos...e se non preguntádelle aos vosos fillos e fillas. A forza teñen que sabelo!
Os mouchiños queren invitarvos a outro RETO LECTOR. Queren que leades máis poesía (non só de Rosalía) en calquera lingua. Poderíades recomendarnos un libro dalgún poeta ou poetisa e deixarnos uns versos ou un poema enteiro na pestana correspondente?
Animádevos!!!

luns, 20 de marzo de 2017
SEMANA DA PRENSA
No mes de marzo a semana da prensa achegouse ata o Miño, dando un novo paso no coñecemento multipolar do noso río. O mural de benvida á mesa das novas de xornais estaba composto por publicidade turística galega nos xornais, con preferencia polas zonas que atravesa o Miño. Un grupo de novas formábano as novas relacionadas coas zonas e bisbarras bañadas polo río e as correspondentes á creación dun macroterritorio transfronteirizo.
As mulleres galegas e as científicas en particular constituían outra das achegas aportadas ás aulas para o seu traballo nas mesmas. As fotos do recuncho de prensa perdéronse por un problema coa cámara , pero o traballo quedou aí tal como podemos ver por exemplo no blogue dos nenos e nenas de primeiro (aquí) e prolongouse con experiencias realizadas dentro e fora do centro, tales como Coñecendo a Angeles Alvariño.

venres, 10 de marzo de 2017
COLORÍN PONNOS Á TRABALLAR
Tanto lles gustou aos
mouchiños a nosa actuación no entroido, tanto a nosa preparación dos distintos
disfraces relacionados co Rio Miño que agora antes de que chegue a fin de
trimestre téñennos pedido axuda para que fagamos o que xa temos demostrado abondo que sabemos facer moi ben…que é pescudar para eles.
Esta é a carta que Colorín
mandou ás nosas clases.
Nos sobres agardábannos instruccións para levar a cabo un traballo documental sobre tres roteiros diferentes: un adicado á arte- "As idades da arte no Miño"-; outro adicado á natureza-"As paisaxes do río"- e un terceiro económico-turístico -"A economía do río"-. A cada aula tocoulle un tramo do río.
E abofé que agoriña mesmo
todo é un rebumbio de nenos, nenas e profes intentando facer as tarefas que nos deixou
o mellor posible.
Xa vos avisamos cando o mural estea rematado.!!
luns, 27 de febreiro de 2017
A XACIA MIÑONCESA
Unha xacia das moitas que poboan o río Miño, de nome Miñoncesa foi a encargada de dirixir a troula deste entroido 2017. Dende a súa rocha na entrada do cole fixo as peticións a toda a comunidade educativa seguindo as tradicións de noso.
Como nos achamos mergullados no Ano Internacional do Turismo, a nosa xacia quixo que trouxeramos...
O LUNS................... UNHA VISEIRA, que non nos colla o sol durante os nosos roteiros
O MARTES................... UNHAS LENTES DE SOL, que non nos deslumbre a luz e non vexamos ben as paisaxes
O MÉRCORES................ UNHA CANTIMPLORA OU UNHA MOCHILIÑA, hai que beber moito e sempre ven ben ter unha bolsiña onde garda-las cousas.
O XOVES..........................UN ELEMENTO TECNOLÓXICO, nestes tempos que corren hai que saber usar ben a tecnoloxía para o que vale.
Con todos estes elementos témonos convertido nos turistas perfectos, ben preparadiños para non nos perder detalle de tódalas cousas interesantes.

ENTROIDO FLUVIAL
O Miño desfilou no entroido polo patio da nosa escola, como non podía ser doutra maneira neste curso no que queremos achegarnos a súa faciana dende tódolos recunchiños posibles. O desfile estivo presidido pola nosa "meca" a Xacia Miñoncesa, ser máxico característico do noso río. Ía ela elegantemente vestida para a ocasión e seguida por uns guías turisticos moi metidos no seu papel e dispostos a presentarnos e levarnos da man a descubrir as maravillas que se agochan nas beiras do Miño.
A natureza estivo representada por algúns habitantes do río como as señoras troitas, mais listas elas que as lampreas que tamén viñeron ao desfile, pero xa feitas receitas riquísimas elaboradas por uns cociñeiros moi prehistóricos e moi expertos.
As libeliñas, coas súas fermosas ás sobrevoaron o río, admirando a todo o público; o mesmo que os carballos que se facían fortes na beiriña para protexer os seus veciños os mouchos. Con moito esforzo e moita presa pasaban os pelegríns, camiño de Compostela, pero disfrutando ao mesmo tempo da paisaxe e dos impresionantes viñedos que atopaban no camiño antes de virar cara o seu destino.
Os vikingos desta volta trouxeron as súas cámaras de fotos, para poder desfrutar do que non puideron antes, cando viñeran invadirnos e chegaron ata Ribas do Sil remontando o río dende a Guarda. Daquela fixeran mil desmáns, ademais de deixarnos tamén algo da súa cultura. Aínda así portaban escudos e espadas...nunca se sabe onde hai que presentar batalla!!.
Pechando viñan os pequeniños co seu toque azul e branco das cores da nosa bandeira. Estabamos todos os que somos e todos dispostos para bailar e cantar a canción de Andrés do Barro "O tren", versionada e musicalizada por un voluntarioso pai do colexio que foi quen nos fixo a música e a cantou. Así xa estabamos todos listos para subir no noso especial tren turístico dirixidos pola "que manda", quen ía vestida de maquinista ferroviario.

domingo, 26 de febreiro de 2017
CONCERTO NA BIBLIOTECA
O xoves na biblioteca,
adiantándonos como xa vos estamos contando á celebración do cumple de Rosalía,
os peques todos e mailos nenos e nenas de primeiro desfrutamos dun concerto "moi especial". O Pai da nosa amiga Paula,
de primeiro de primaria, puxo tódalas súas ganas e o seu bo facer para que
pasaramos na súa compaña un tempo moi divertido. Con el tocamos instrumentos,
cantamos, fixemos palmas e vibramos coas súa versión do poema de Rosalía Pasa río
que os de Primeiro atrevéronse a recitar (e iso que ainda non era a hora da
maratón) e tamén da nosa canción especial do Proxecto documental no que estamos
mergullados “O tren que me leva pola beira do Miño”. Ao final mesmo agasallounos con púas de guitarrista feitas por él con material de refugallo.
Despois no patio, durante
a maratón acompañou os recitados coa súa música e ensaiou connosco a canción do
tren… el tamén quería que nos saíra perfecto.!!
Graciñas, Fran…e xa estamos a
desexar que veñas outro día.!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)