Amosando publicacións coa etiqueta mascota biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mascota biblio. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de abril de 2021

CARTA DOS MOUCHIÑOS INVITANDO ÁS FAMILIAS A COMPARTIR LECTURAS E OUTRAS COUSIÑAS

 Moitas familias recibiron xa a carta na que os mouchiños invítanvos a compartir actividades neste derradeiro trimestre do curso. Hai moitas e moi variadas. Podemos escoller participar nunha ou en varias, así que animádevos! 




mércores, 26 de abril de 2017

CONTOS DE RÍO E OUTRAS HISTORIAS

Os mouchiños piden unha vez máis a axuda dos pais e nais do cole para colaborar connosco en dúas exposicións moi especiais. 
Unha delas ("Os libros das familias") cumpre xa un ano mais no que os libros das casas van vir de visita á nosa biblioteca para desfrute de todos. De feito acabamos de inaugurala no día de onte. Aínda así podedes seguir aportando libros se o desexades. Enseguidiña vos amosaremos as primeiras fotos.

Outra homenaxea ó autor co que imos traballar xa ata fin de curso, o protagonista das Letras Galegas deste ano Carlos Casares. Esta exposición  vai ser unha das varias actividades  nas que pais, nais, profes e nenos imos participar, co gallo desta celebración.
Por se non chegou  á vosa casa, aquí tedes a carta dos mouchiños. 





domingo, 26 de marzo de 2017

DIA DA POESIA

Neste curso no que andamos ás voltas co Río Miño non podiamos deixar de facer tamén poesía con el. Daquela pensamos  en ocupar as nosos subidas e baixadas no cole coa lectura dun poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a estas augas interiores tan nosas, tanto que percorren media Galicia.!! Así xurdiron as "escaleiras poéticas". Arrancando no "mural dos mouchiños" comezamos a lectura co título do poema "Loubanza do Rio Miño" e o pechamos co nome dos seu autor. Pequenos e maiores contribuímos para ir enchendo banzo a banzo as escaleiras  grandes con estas palabras tan fermosas adicadas ao noso Río.
A cousa non quedou aí porque un ano mais o interior do cole encheuse de poesía (é que a primavera non acompaña para deixalas florecendo no xardín!) e foron moitos os nenos e nenas que puxeron o Miño na súa ollada poética.

Tamén como a poesía non entende de fronteiras linguisticas na aula de inglés animáronse a encher as outras escaleiras con versos nesa lingua. De que falan? Teredes que averigualo vós mesmos...e se non preguntádelle aos vosos fillos e fillas. A forza teñen que sabelo!

Os mouchiños queren invitarvos a outro  RETO LECTOR. Queren que leades máis poesía (non só de Rosalía) en calquera lingua. Poderíades recomendarnos un libro dalgún poeta ou poetisa e deixarnos uns versos ou un poema enteiro na pestana correspondente?
Animádevos!!!

















venres, 10 de marzo de 2017

COLORÍN PONNOS Á TRABALLAR

Tanto lles gustou aos mouchiños a nosa actuación no entroido, tanto a nosa preparación dos distintos disfraces relacionados co Rio Miño que agora antes de que chegue a fin de trimestre téñennos pedido axuda para que fagamos o que xa temos demostrado abondo que sabemos facer moi ben…que é pescudar para eles. 
Esta é a carta que Colorín mandou ás nosas clases.


Nos sobres agardábannos instruccións para levar a cabo un traballo documental sobre tres roteiros diferentes: un adicado á arte- "As idades da arte no Miño"-; outro adicado á natureza-"As paisaxes do  río"- e un terceiro económico-turístico -"A economía do río"-.  A cada aula tocoulle un tramo do río.

E abofé que agoriña mesmo todo é un rebumbio de nenos, nenas e profes intentando facer as tarefas que nos deixou o mellor posible. 
Xa vos avisamos cando o mural estea rematado.!!

luns, 13 de febreiro de 2017

JOHNBOOK O MOUCHIÑO COLABORA CON ROSALÍA

O mouchiño do mes de Febreiro ten para tódolos pais e nais do cole unha invitación moi especial. Neste mes  no que imos celebrar o Día de Rosalía, quere que nos fagamos unha foto coa familia ou os amigos lucindo a súa faciana (á de Rosalía) e amosando algúns dos seus versos. Esta é a carta que enviou ás vosas casas.




























Daquela animádevos!!. Buscade uns versiños da autora. Na nosa pestana de Rosalía de castro, aquí arriba, tedes moitos. Que alguén poña a carauta ou disfrazádevos (ou que saia na foto a súa imaxe) e mandádenola ao cole. Formaremos todos parte dunha grande homenaxe organizada pola AELG (Asociación de escritores en Lingua Galega)  á nosa poetisa.
E se participades no Reto Lector non esquezades deixar un comentario na pestana de "Rosalía".
Graciñas e desfrutade.

Aquí deixámosvos a carauta.



sábado, 3 de decembro de 2016

REILIBRO LANZOU (XA AÍ ATRÁS) A SÚA IDEA PARA NOVEMBRO

Sen presa pero sen pausa, os mouchiños seguen a súa aprendizaxe sobre a Galicia Interior e o Río Miño e despois de todo o que aprenderon dos traballos das familias queren afondar mais no tema da mitoloxía fluvial.



Teñen dúas propostas para nós:
-Para os pequenos inventar unha historia a partir dun cadro (estamos a voltas coas artes!)
 Daquela xa hai uns días que nos deixaron nas aulas e nas escaleiras unha misteriosa foto dun cadro dunha xacia deitada no fondo das augas.  E, claro, primeiriño que nada haberá que averiguar que é unha Xacia! Sabemos de boa tinta que nalgunhas das aulas xa lle están dando voltas ao tema. 





Deixámosvos aquí a imaxe por se algunha familia quere axudar na pescuda.


Para os maiores pensaron en que podían debuxar unha galería de personaxes mitolóxicos a partir dun relato que xa está nas súas clases.
Estas dúas propostas arrancaron aí atrás a mediados de mes, pero  nos terán entretidos seguramente durante parte do 2º trimestre. Non vos imos adiantar as novidades que nos esperan, xa volo contaremos todo mais adiante. Para ver os resultados destes traballiños imos ter que esperar un pouco.

xoves, 20 de outubro de 2016

TODO ESTÁ PREPARADO...

Mañá 21 de Outubro é o día sinalado para comezar a colocar os traballiños que xa van chegando ao cole na nosa exposición de "principio de proxecto". E antes de empezar a colocalos gústanos que vexades que todo está xa disposto.




Se non tivestes tempo a preparar algo, non vos preocupedes; este recunchiño irase enchendo pouquiño a pouco coas nosas e vosas aportacións, ...así que ánimo!

venres, 7 de outubro de 2016

OS MOUCHIÑOS EMPEZAN A DA-LA LATA

Para dar comezo, de xeito conxunto, ao noso novo Proxecto Documental "Pola beira do Miño" os mouchiños da biblioteca veñen de nos  facer unha petición especial...colaborar nunha exposición de outono con cousiñas relacionadas co río feitas con material propio desta estación. (follas, froitos secos, froitas,...). Animádevos a participar!
Esta é a carta que mandaron ás familias.


martes, 7 de xuño de 2016

XUNIÑO INVÍTANOS A XOGAR

Xuniño, a nosa mascota da biblioteca do mes de Xuño, sabe que as nosas cabeciñas xa non dan para moito máis, pero aínda así atreveuse a invitarnos a xogar pensando, a facer as nosas derradeiras pescudas neste curso á conta dos nosos murais dos faros e do Día da árbore que polas circunstancias do curso e do traballo que tiñamos en marcha decidiramos pospoñer a este mes.
Daquela estas son as propostas que chegaron as aulas. Imos ver que dan de sí!

Para nos axudar co xogo das árbores deixounos uns recursos nas pestanas de arriba. As fotos das árbores que hai que procurar no patio téñenas as profes. Seica haberá que llas pedir.













Esta é a foto que nos deixou no seu faro da entrada para que practiquemos un pouquiño de imaxinación e creación literaria





Estas son as preguntas que nos deixou na biblioteca para que nos animemos a ler ben os murais dos compañeiros. Poñémolas aquí por se alguen quere xogar con nós. Claro que o mellor tedes que vir ao cole a consultar toda a información. 















xoves, 3 de marzo de 2016

COLORÍN DÁNOS TRABALLO

Neste derradeiro tramo do trimestre, Colorín -o mouchiño do mes de Marzo- vense de poñer en contacto con tódolos nenos do cole porque anda moi apurado. Como puidemos ler nas cartas que nos chegaron ás aulas, quere participar na Semana da Prensa cun artigo sobre os faros da provincia da Coruña e, como non da feito, precisa da nosa axuda. 
Cada aula recibiu o nome dun faro sobre o que lle temos que buscar toda a información. 
Os nomes sonábannos todos...Fisterra, Roncudo, Vilán, Laxe...e moitos máis. O mouchiño xa nos preparou un mural nas escaleiras anchas que de seguro nós non tardaremos en encher. Xa vos contaremos! 
Mentres, ollade a carta que enviou ás aulas. Inclúe un nome de muller que non temos moita idea de quen é. A ver se alguén se anima a investigar un pouco!!


venres, 19 de febreiro de 2016

O MOUCHIÑO JOHNBOOK INVÍTANOS...


Esta semana apareceu nas nosas aulas esta invitación tan especial. Achégase o día de Rosalía e o mouchiño Johnbook, o encargado da biblioteca este mes de febreiro, quere que o celebremos con el. 
Cantos de nós nos animaremos a acompañalo? Sei de boa tinta que algúns xa estamos facendo tódolos preparativos. Cando pase o día xa volo contamos!.

sábado, 16 de xaneiro de 2016

COPO QUERE ARROLOS

Case nada mais volver das vacacións, o mouchiño Copo ven de mandarnos unha carta onde nos encarga varias tarefas. Disque o día da Paz está a chegar e quere que lle axudemos co mural. Ademais vai facer unha recollida de arrolos, así que xa sabedes. Mandade tódolos que coñezades, tradicionais ou non. Tamén aqueles especiais que inventastes para o voso bebé. Ollade a carta que nos mandou! Todos a colaborar!



luns, 16 de xuño de 2014

O MOUCHO DE XUÑO QUERE MARCHAR DE VACACIÓNS

Recén nado e xa quere marchar,...é o que ten ser a mascota do mes de xuño. O ár arrecende xa a vacacións e o mouchiño quere ser o primeiro en marchar...que foi moito o que se traballou na nosa biblioteca este curso. 
Antes de que faga as maletas os nenos de 3º de Primaria cóntannos como fixeron a faciana de "Xuniño"
O MOUCHO DE TERCEIRO
A nós os de 3º tocounos compoñer agora en Xuño a mascota para a biblioteca, a partir do moucho. Fómolo recheando por dentro con lá e decorándoo con plumas artificiais, cunchas debuxadas e coloreadas, cunchas mariñas de verdade recollidas na praia, botóns, casca de noz, goma eva, cartolina, pintamos con témperas de diferentes cores...e así resultou...!!!
"XUNIÑO"

Vémolo aquí por diante e por detrás




luns, 26 de maio de 2014

O MOUCHO DO MES DE MAIO


Aos nenos de 5 anos A tocounos facer o moucho do mes de maio para a biblioteca. Decidiuse por maioría que este mes tiña que ser unha femia e tamén pensamos que como maio é o mes das flores, había que poñerlle un bonito vestido de flores de distintos tamaños e cores. Fixemos o boceto e logo a traballar! Os ollos, o pico, as pestanas, as ás… O pelo foi decisión de última hora, e medir e cortar a lá é difícil! Gústavos?

luns, 5 de maio de 2014

O MOUCHO DO MES DE ABRIL DESPÍDESE

Con moitos contratempos por mor da mudanza que tivemos que facer ao colocarse ventás e persianas novas na bilblioteca,  despídese o moucho do mes de abril, unha orixinal proposta dos nenos e nenas de 5º de Primaria. O seu nome...Metalmoucho. Agoriña ides ver o motivo.



Amosámovolo no conxunto de mouchiños, ainda que agora xa non van quedar así.


xoves, 3 de abril de 2014

NOVO MES, NOVA DESPEDIDA DE REINADO DO MOUCHO

Remata o mes de marzo e despedímonos de colorin,  a imaxe e o nome que lle deron a nosa mascota os nenos de 4 anos. Como era o mes do Entroido quixeron disfrazalo e quedou así de bonitiño.


No mural que temos nos corredores adicado a estas mudanzas os peques tamén nos explican como o fixeron.






sábado, 1 de marzo de 2014

DESPÍDESE O MOUCHO DE FEBREIRO

Remata o mes de febreiro e tamén o reinado do Moucho de Febreiro. Como xa é tradición en vez de presentárvolo ao principio do mes traémolo ao blog unha vez rematada a súa andaina. Daquela un mes mais dámosvos a coñecer como construiron os nenos e nenas de 6º de Primaria unha nova faciana para o noso mouchiño. Só temos un problemiña...cóntanolo en inglés na súa clase de plástica pois foi nela onde fixeron o labor. Coido que algúns non nos imos enterar de moito. Ánimo imos intentalo...!



In February it´s carnival time  so our owl is dressed up as an English graduate. He is wearing a black gown with bell sleeves,  a robe and a bonnet.

We cut goma eva into small pieces for the feathers and we stick them on the owl.




Then we coloured some feathers.



We got the right shoes and we put them on and…  red glasses too.


We made the bonnet and a beautiful tie.


He acepted his diploma with a smile.


How nice it is!!!


HIS NAME IS JOHNBOOK.

JOHNBOOK give us some recommendations about books:
.- You´re never alone when you are reading a book.
.- I read books because I love them, not because I  think I should read them.
.- People die, but books live on.
.- If you want to live an adventure READ MORE.
.- If it´s sunny or it´s frezzing I love reading.
.- You must read if you want to learn.


Very good! Coido que habemos seguir tódolos seus consellos.