No corredor da entrada estiveron dende principios de xuño expostos os traballiños finais do PDI. A maiores do xa feito ao longo do curso, tódalas aulas presentaron o seu traballo final, recompilatorio do pescudado e elaborado utilizando recursos variados, observación, manipulación, vivenciación, experimentación científica, sementado e coidado das arboriñas, faladoiros na radio, achegamento emocional , libros, internet...
Claro que chegou o furacán de fin de curso e tódolos nenos e nenas, especialmente os pequenos quixeron levar todo para casa. É o seu traballo!
Vede agora o que ocupaba o noso corredor.
TRABALLIÑOS SOBRE OS INSECTOS DO BOSQUE
LIBROS DE SOLAPAS COAS PESCUDAS REALIZADAS
Noutra entrada amosarémolos por dentro
MURAIS EN CARTOLINA E A3
3 anos A moreira
4 anos O castiñeiro
MATERIAL COMPLEMENTARIO DO MARMELEIRO
Fraga, cereixal, souto,carballeira e acevedo
MURAIS, COLMEAS E ABELLAS
DIORAMAS
DIORAMA DO BOSQUE CRETÁCICO
Para os que non o sabedes, o bosque cretácico tiña moitas das especies de hoxendía...as coníferas, a carriza, os fentos,...E así o fixo Lois de 5 anos, cos seus dinosaurios e todo! Toda a clase pintou un debuxo do bosque cretácico, pero non chegaron a poñelo na exposición.
MATERIAL VEXETAL PARA OBSERVAR
Tamén tiñamos un clasificador de follas, os bosques de Luísa e as cartas das árbores e unhas preciosas árbores con plástico de boliñas feitas polos de 3 para aprender as dúas partes principais da súa moreira, a copa e mailo toro. As aulas de 4 e 3 adornaron as súas portas e o interior das aulas con preciosos murais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario