Amosando publicacións coa etiqueta libro viaxeiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libro viaxeiro. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de xuño de 2018

RETOMAMOS O RELATO DAS ACTIVIDADES

Chegados case á fin do camiño non nos queda máis que dar un chouto no tempo dende a nosa última entrada no mes de abril e deixar para dentro duns días as entradas nas que vos contemos como se desenvolveu o trimestre e todas esas cousiñas que fomos facendo e que non puidemos contarvos no seu momento por falta de tempo. 
Daquela pedímosvos paciencia; dentro de nada ides ter un relato completo de toda a nosa actividade, ademáis de ter activo o blog especial do PDI que estamos a preparar.
Agora imos concentrarnos nestes últimos días nos que xa non nos quedaba máis que desfrutar das lecturas...e así o fixemos.


Dende case principio de curso comezou a rolar polas aulas un libro viaxeiro en homenaxe a Xulio Verne. Daquela estabámonos preparando para celebrar o ano Verne. Xa lle deramos o nome dunha das súas novelas a un dos proxectos dirixidos ás familias 7 semanas en Vigo” (en troques de 5 semanas en globo) e co libro A volta ao mundo en 80 contos lembramos o seu A volta ao mundo en 80 días.
a volta ao mundo en 80 contos-saviour pirotta-9788496893252




Tódalas aulas desfrutaron da súa lectura e unhas poucas atrevidas traballaron no reto dos mouchiños: contar  os contos en  outros formatos.
1º de primaria ilustrou e fixo seus os textos do conto  "Nansi e os plátanos" , unha historia de Xamaica.



e 4º fixo un mural de lectura de imaxes co conto "A canción do vaqueiro".


2º e 3º atreveronse co Kamishibai e esta mesma semana puidemos desfrutar na biblioteca da súa animación.
2º de Primaria representou o conto holandés "Hans e os heroes de Harlem". 3º de Primaria viaxou ata Nova Zelanda e representou "O agasallo do Kiwi"

KAMISHIBAI 2ºE 3º

Como agasallo ós atentos espectadores os nenos e nenas de 2º  déronnos a todos un muiño holandes co título deste proxecto lector.



xoves, 18 de maio de 2017

OUTRA VEZ A GALIÑA AZUL

Agora que semella que se solucionou o problema de "caída da rede" imos agasallarvos con este traballiño no que todos os nenos do cole puxemos o noso granciño de area. Velaí vai:


mércores, 17 de maio de 2017

A GALIÑA AZUL VIAXEIRA

Como particular homenaxe a Carlos Casares, outra das actividades programadas para este día é a feitura dun caderno arredor do conto infantil "A galiña azul". A galiña de Carlos viaxou estas últimas semanas por tódalas aulas do cole para  que nós tamén poideramos pór os nosos "ovos de cores" e os enchesemos coas historias que este conto tan especial nos suxeriu. 
Agora mesmo temos problemas para subir o caderno enteiro, asi que de momento deixámosvos a portada para ir facendo boca. A ver se dentro dun tempiño hai mais sorte e podedes velo todo.



domingo, 5 de xuño de 2016

LIBRO VIAXEIRO DAS RECOMENDACIÓNS. CORREO LECTOR E ITINERARIO LECTOR

Como estamos xa na recta final do curso imos pechando actividades que levan tempo desenvolvéndose. O libro viaxeiro das recomendacións lectoras "O Correo Lector" é unha delas. Rematou a súa andaina polos cursos de Primaria e está agora en infantil, agardando a que algún cativo decida apuntar nel unha das súas lecturas preferidas.
O caderno vai acompañado do conto "Coas mans baleiras", recomendado polos mouchiños.









domingo, 29 de maio de 2016

ITINERARIOS LECTORES. "A MARES".

 



Rematou a sua andaina polos cursos de Primaria o libro colaborativo viaxeiro "a mares". Recala agora nos portos de infantil. Seguro que a tódolos cativos encántalle o traballo dos seus compañeiros. Seremos quen a superalos?















xoves, 14 de maio de 2015

O 2º LIBRO VIAXEIRO REGRESA Á BIBLIOTECA



Despois dunha andaina moi de vagar polas aulas de primaria Filiberto e o xastre de sombras e o seu cadreno viaxeiro chegou ás aulas de infantil. Pero como os cativos teñen outros plans para ese conto  (desfrutarano nun obradoiro de sombras no mes de Xuño) levárono á biblioteca para que todos poidan xa desfrutar das ideas "asombrosas" dos compañeiros. Para os que non podedes achegarvos ata alí deixámosvos esta presentación.





xoves, 23 de abril de 2015

NOVO LIBRO VIAXEIRO EN 1ºA : FILIBERTO E O XASTRE DE SOMBRAS

Hai uns días que os nenos e nenas de 1º A recibimos un novo libro viaxeiro: "Filiberto e o xastre de sombras" de Benoit Perroud. O libriño encantounos e viunos que nin pintado, agora que xa levamos un tempiño metidos de cheo co proxecto documental arredor da luz. Asi que logo de que a profe nos contara a historia na biblioteca, puxémonos mans a obra a imaxinar e aqui tendes unha mostra do resultado: o noso imaxinario de sombras. Agardamos que vos guste tanto coma a nós.


mércores, 22 de abril de 2015

UNHA HISTORIA FANTÁSTICA CUN LIBRO VIAXEIRO

Hai moito tempo, tanto que xa non vos lembraredes, Reilibro deunos un mandado...ler un dos libros da biblio  e contarlle o que mais nos gustase do mesmo.
Preparou un grande libro viaxeiro para que apuntasemos alí todo o que nós quixer. 




Tanto nos gustou a idea que o libro empezou a viaxar polas aulas no mes de novembro e non parou ata hai pouco, de xeito que algúns  pensamos que xa non poderiamos ensinárvolo antes de acabar o curso. Pero... por fin despois de moitas idas e vidas xa o temos nun andel da biblio para que todos poidades desfrutar do que fixeron os compañeiros e para  que o mouchiño pase moitas horas entretidas na lectura das súas imaxes.