Amosando publicacións coa etiqueta educación emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación emocional. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de decembro de 2024

3 DE DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro é o día internacional das persoas con discapacidade, declarado en 1992 pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas.

É importante promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, así como como concienciar sobre a súa situación para desenvolver valores como a empatía e o respecto.

Dende a biblio preparamos un expositor con libros que teñen como protagonistas persoas con discapacidade ou outros que nos lembran que hai riqueza nas diferenzas e na diversidade.




Tamén reflexionamos sobre as etiquetas que acompañan ás persoas con discapacidade e rompemos con elas para avanzar cara unha sociedade equitativa.


         



venres, 21 de xuño de 2024

O BOSQUE TAMÉN EN PSICOMOTRICIDADE

 Como complemento ó traballo de pescuda e vivenciación no xardín arredor das nosas árbores e bichos, a profe Sonia en psicomotricidade levou de paseo por un bosque imaxinario a tódolos cativos de infantil. Despois de percorrer este bosque a través do ioga e quedar ben relaxados, os nenos de 5 anos escribiron e debuxaron o conto que viñan de vivir.







mércores, 19 de xuño de 2024

COÑECEMOS O EMOCIONARIO DE 3º

 Foron varias as aulas que, ao longo do curso, traballaron emocións no seu proxecto competencial.  Despois de rematado o traballo os nenos e nenas de 3º quixeron amosarlles os compañeiros o que fixeran. Baixaron á clase de 5 anos para que visen como se traballa en primaria, agora que xa queda moi pouco tempo para que os cativos cambien de etapa. Un por un foron relatándonos as emocións nas que traballaron e o portfolio no que incluiron as súas experiencias, os seus debuxos, a música que representaba a emoción, á que puidemos acceer cun código QR, e unha obra de arte.  Os pequenos tiveron que adiviñar á emoción que facían coa mímica e puideron falar tamén de como se sentían. Varias áreas e artes diferentes para aprender a coñecer e xestionar as nosas emocións.







xoves, 13 de xuño de 2024

MÁIS CONTOS NO XARDÍN

 Ao longo das pasadas semanas seguimos aproveitando o noso xardín como escenario das lecturas.

Zenda e Jimena de 2º de primaria leron os compañeiros do ciclo Rufo e o ataque dos escarabellos das patacas.





Nerea e Sienna de 4º leron Marcelo Morcego a 1º de primaria



e a súa compañeira Claudia tamén nos contou os bule bule de Onde estás caracol?



As sombras do noso liquidámbar e da nosa cerdeira son estupendas para este recuncho lector. E se vai frío sempre atopamos acubillo nas nosas aulas.

CONTINUAMOS E REMATAMOS CO MURAL DA FRAGA

 O salgueiro e maila abeleira son as dúas novas árbores autóctonas da nosa fraga das escaleiras. Unha vez máis tódolos cursos prepararon as súas folliñas e puxeron a súa creatividade para darlle cor a este bosque máxico.









 Ademais das árbores, o mural segue a encherse de paxariños, flores e uns laboriosos formigueiros con formigas ben dispostas a espalla-las sementes e comer canto faga falta.


Despois de tanto traballo xa cumpría poñer os carteis das árbores e presumir do traballo. Reto#presumimos















xoves, 9 de maio de 2024

OS DE PRIMEIRO REPITEN

 Non hai unha sen dúas e os de primeiro quixeron repetir este mércores a experiencia lectora no noso precioso patio. E non será a última!

Eva, Xián e Noite  escolleron Coidado coa charca para facer gozar da lectura un día máis ós nenos e nenas desta aula.











CORAZÓNS TAMÉN NAS ÁRBORES DOS MAIORES

 Moitos aproveitamos o Día da árbore o pasado 21 de marzo para poñer os corazóns nas árbores que apadriñamos. Como xa vos contamos infantil de 3 escolleu a moreira,  a nosa árbore querida; infantil de 4 o castiñeiro, co que tanto traballamos. Os de 5 quixeron un para cada un porque total son moitísimas as árbores do patio e vai abondar pra todos. Daquela escolleron a tuia, o ciprés, o acivro, o pradairo e mailo liquidámbar. Os de 1º escolleron a camelia; os de 2º, a laranxeira; 3º quixo os dous  marmeleiros. 4º o antigo magnolio. So quedaban por apadriñar as oliveiras e a árbore das bruxas. Xa sabiamos que eles, os de 5º e 6º, estaban traballando e investigando moito e que non lles daba o tempo para sair ó patio. Á volta das vacacións, o principio do trimestre, colocaron cadanseus corazóns a agora xa estamos completos.