Amosando publicacións coa etiqueta día da paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da paz. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA - 30 DE XANEIRO

 

A nosa biblioteca súmase á celebración da PAZ e NON VIOLENCIA, pois estas son sementes que queremos que o noso alumnado leve no seu corazón como parte da súa formación e paso pola escola.

A celebración organizámola a nivel centro, pero deixámonos guiar polas lecturas, pois sempre son fonte da nosa inspiración. 

Nesta ocasión foi Bailar nas nubes de Vanina Starkoff a que nos moveu a falar da INTERCULTURALIDADE como forma de convivencia e respecto entre diferentes culturas.

Despois da lectura e da reflexión, formos "contruíndo a paz" en forma de poboado intercultural.




domingo, 11 de febreiro de 2024

SEMANA DA PAZ: PALABRA E POESÍA NO BOSQUE GALEGO

 As lecturas pola paz escollidas, a poesía e o desenvolvemento do noso PDI fundíronse para argalla-las actividades que durante a derradeira semana de xaneiro ocuparon as nosas aulas. 

A necesaria reflexión sobre a paz e a convivencia levounos a pensar sobre o valor das palabras e o noso empeño en que non as leve o vento e poidan facerse realidade coas nosas actitudes e relacións no día a día. A paz, que en moitas zonas do mundo estáse a perder a pasos axigantados, comeza sempre nas pequenas cousas. Ese é o noso granciño neste momento da infancia. Empezar a construir para manter a paz durante toda a vida.

 O conto Palabras con corazón e maila obra poética  Bicos e non Balas do noso autor galego Antonio García Teijeiro guiaron esta reflexión e inspiraron as palabras que todos nós escollemos e ilustramos para construir no mural da entrada o noso propio camiño de paz. O bosque de oliveiras, símbolo universal de paz, foi o contedor no que trazamos este camiño. Oliveiras e palabras que foron o noso traballo compartido, grandes e pequenos deixando a súa creatividade e as súas emocións no papel. Poderemos gozar e re-ler os nosos desexos  durante moito tempo.

Para rematar este tempo compartido xuntámonos o propio día 30 de xaneiro no patio para ler e escoitar as palabras do poeta, recitadas e berradas polos nosos compañeiros de 6º e 5º de primaria.