Elas -que son moi viaxeiras e viñan contarnos a súa viaxe polo mundo-, fixeron unha parada no río Miño para poder empaparse da súa esencia ao longo dos mais de 300 kilómetros do seu percorrido por Galicia. Daquela poideron contarnos e cantarnos que viaxar polo Miño é viaxar polo mundo. Australía é coma unha Terra chá máis grande; a pizza de Italia é como a galega,... ou non leva os mesmos ingredintes que atopamos nas terras do miño?; a néboa de Londres é a mesma que podemos ver nas lagoas que forma o Miño; a súa desembocadura é unha xaneliña ao mundo, máis aló dela agárdannos unha chea de sorpresas. Eso mesmo pensaron os piratas que ata aqui chegaron e despois continuaron a súa navegación por todo o planeta.´
Pasamos con elas unha hora de risas, cantos e bailes; desfrutando do seu ritmo e o seu bó facer. Sóubonos a pouco.
Estas Maimiñas sí que saben deixar ca boca aberta @s nos@s nen@s :-)
ResponderEliminar