Por fín, xa chegou! Unha vez máis o mes dos libros bríndounos a oportunidade de desfrutar da lectura xuntos no patio. Esta é unha desas actividades que chegou hai algúns anos ao noso cole para quedarse e que da gusto repetir un ano e outro. Para os de tres anos é a súa primeira experiencia, que viven cunha mestura de medo e curiosidade. Os demais lembran as experiencias doutros cursos e marchan confíados e contentos.
Os padriños e madriñas tiñan, este venres pasado, todo preparado para marchar canda os seus afillados e afilladas cara algún recunchiño do patio e alí, co agarimo do sol que nos agasallou neste día de finais de abril, ler tódalas historias que coubesen nun anaquiño de lecer. Os padriños e madriñas -e moitos dos seus valentes afillados que tamén quixeron ler para eles- puxeron o corazón nesas lecturas e adicáronse con empeño en facer desfilar palabras e historias no medio dun doce marmurio. Mágoa que non se escoite nas fotos!.
Do marmurio pasamos, despois dun longo tempiño, ao balbordo, ás carreiras, ás risas... porque os pequenos non quixeron desaproveitar a oportunidade de compartir tamén xogos cos seus compañeiros maiores.
Que imaxes máis fermosas! Aproveitando ese campo que ten o cole e o diazo que houbo. este é un día moi esperado polos meus nenos. Desfrutan as xornadas previas cos preparativos e o propio día coa aactividade. Que perdure a figura do 'padrino lector' :-) Grazas!
ResponderEliminar