O xoves na biblioteca,
adiantándonos como xa vos estamos contando á celebración do cumple de Rosalía,
os peques todos e mailos nenos e nenas de primeiro desfrutamos dun concerto "moi especial". O Pai da nosa amiga Paula,
de primeiro de primaria, puxo tódalas súas ganas e o seu bo facer para que
pasaramos na súa compaña un tempo moi divertido. Con el tocamos instrumentos,
cantamos, fixemos palmas e vibramos coas súa versión do poema de Rosalía Pasa río
que os de Primeiro atrevéronse a recitar (e iso que ainda non era a hora da
maratón) e tamén da nosa canción especial do Proxecto documental no que estamos
mergullados “O tren que me leva pola beira do Miño”. Ao final mesmo agasallounos con púas de guitarrista feitas por él con material de refugallo.
Despois no patio, durante
a maratón acompañou os recitados coa súa música e ensaiou connosco a canción do
tren… el tamén quería que nos saíra perfecto.!!
Graciñas, Fran…e xa estamos a
desexar que veñas outro día.!
Grande, Fran!! Iso sí é implicación familiar! Moitas grazas ó pai de Paula polo concerto e ó cole por apoiar estas iniciativas de colaboración entre toda a comunidade educativa. 'Chapeau'!
ResponderEliminarXa ves que a nós só nos fai falta un empurronciño e xa entramos a trapo. Ésta é a mellor aprendizaxe, a das cousiñas que quedan aí prendidas no corazón.
Eliminar:-)
Eliminar