Amosando publicacións coa etiqueta dia das escritoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia das escritoras. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de outubro de 2025

13 OUTUBRO - DÍA DAS ESCRITORAS

Algo misterioso aconteceu na nosa escola! Cando iamos celebrar o Día das Escritoras, un mensaxeiro secreto da biblio comunicounos que desapareceran e tiñamos que axudar a resolver ese enigma!

                                                

Todos aceptamos ese resto e seguimos as pistas ata atopar as escritoras secretas! Atopamos ata 9 escritoras de distintos países! E ben sabemos que nos libros están agochadas moitas máis!

Con esta actividade, ademais de coñecelas a ELAS descubrimos novas historias e lecturas que nos invitan a seguir lendo!

Aquí vos deixamos como plasmamos e compartimos as nosas descubertas e como foi o proceso! 




luns, 21 de outubro de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS!

O pasado 14 de setembro celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS polo que se levaron a cabo diferentes actividades para conmemorar e reivindicar o labor e legado das escritoras.

Tanto infantil como primaria puido gozar dun contacontos (organizado por alumnas de 6º de primaria) no que relataban a historia de vida da escritora española GLORIA FUERTES.

O alumnado de infantil, aproveitando esta figura, estivo lendo cousas desta escritora e elaborou uns pósters para compartir o traballado co resto da comunidade.

Os cursos de primaria aproveitaron para compartir nos pósters lecturas das súas escritoras favoritas e para divulgar escritoras galegas contemporáneas.

Non esquecemos detalle e fixemos un obradoiro de marcapáxinas seguindo a temática "escritoras".

No seguinte vídeo podedes ver un poquiño do proceso - resultado das 3 actividades da semana!





domingo, 13 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS! Obradoiro de marcapáxinas e contacontos nos patios!

Mañá, luns 14 de outubro, é o día no que conmemoramos ás ESCRITORAS pola súa labor e o legado que nos deixan ao longo da historia.

Ao longo da semana haberá actividades e obradoiros nos que nos acordaremos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras.

No especial de patios, teremos un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS.

Haberá un recuncho preparado para o deseño dun marcapáxinas de escritoras. Podes vir nos patios e facer o teu!

Tamén un CONTACONTOS da biografía dunha ESCRITORA. Vén e descobre de quen se trata!




luns, 16 de outubro de 2023

NOVO CURSO E XA EN OUTUBRO...

 Coma adoita ser, no mes de outubro a nosa biblioteca comeza unha nova andaina. Xa hai varias semanas que estamos abertos no recreo para pasar o lecer lendo ou xogando, con moita asistencia e peticións de lectura. Enseguidiña darán comezo os obradoiros, dos que iremos dando conta: o primeiro deles o de cosido e gancho, tan agardado por moitos e moitas!.

Os expositores vánse enchendo pouco a pouco; xa comezaron as actividades complementarias e os préstamos e lecturas na sala das diferentes aulas.  A radio está lista para empezar a emitir e  o Proxecto anual preparado...  A semana vindeira, co Día das bibliotecas e as lecturas compartidas, inauguraremos oficialmente as actividades e despois xa será un non parar!. Daquela, adiante e boas lecturas e aprendizaxe tamén neste curso!

Hoxe Día das escritoras engadimos a Ánxeles Ferrer e mais a Irene Pérez Pintos a listaxe de autoras que destacamos. Moitos dos seus contos van ser protagonistas das actividades que ao longo do curso iremos debullando. No seu día especial, o primeiro que toca é lembrar quen son; algunhas das súas historias témolas na biblio e xa están no andel especial desta efeméride. Con esta presentación lembrámolas a elas e as autoras de anos pasados.

domingo, 18 de outubro de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

    Celebrouse o día 17 de outubro o Día das Escritoras. Nós imos estar varias semanas remexendo nos textos de dúas escritoras en lingua galega, An Alfaya e María Canosa, das que temos un bo número de exemplares na nosa biblioteca. Xa outros cursos os seus libros formaron parte dos nosos proxectos. A partir do luns rolarán polas aulas de primaria dúas mochilas dedicadas á súa obra. Nalgún momentiño, tamén os de infantil imos poder coñecer o que son quen de argallar as dúas.

    Ademais, ímonos adentrar nos textos e nas imaxes de parellas escritoras-ilustradoras que van da man nesta tarefa de achegarnos as súas historias. Outras dúas mochilas saen de viaxe polo cole. 

    Desexámosvos boas lecturas na hora de ler!