Hai tardes que quedan gardadas na memoria porque nos permiten compartir tempo e emocións coas persoas que máis queremos. Nesta nova edición das Tardes de Contacontos en Familia deixámonos inspirar pola historia de Escola de dragóns da man de Donde viven los cuentos.
Queremos agradecer a todas as familias que nos acompañastes unha vez máis. A vosa participación, ilusión e entrega son as que fan posible que cada Tarde de Contactontos se converta nun espazo de encontro, descubrimento e lembranzas compartidas.
Agardamos que estas imaxes vos fagan revivir un anaquiño da aventura e que vos animen a seguir adestrando dragóns... e, sobre todo, a seguir coidando eses vínculos que nos axudan a voar cada día un pouco máis alto.


