mércores, 29 de decembro de 2021

APRENDENDO SOBRE O NADAL

 Para reforzar o traballado nesta fin de trimestre sobre a celebración na que estamos mergullados achegamos este resumo con algunhas cousiñas feitas por nós e outras curiosidades na nosa lingua propia.

venres, 24 de decembro de 2021

UNHAS NADALIÑAS QUE QUEDARON ATRÁS

 Estas preciosas nadaliñas feitas polos nenos e nenas de 5 anos tiñan que ir na presentación xeral de traballiños de Nadal. Quedaron perdidas na morea de actividades feitas!. Daquela, hoxe traémolas ata aquí. Disfrutade con estes cativos!




xoves, 23 de decembro de 2021

MÁIS MATES DE NADAL. 5 ANOS

 Na aula de 5 anos tamén traballaron as mates co contido de Nadal. Mirade que ben traballan!







O NOSO TRABALLO DO PDI NO 1º TRIMESTRE

Como saberedes, comezamos o curso coa nova da marcha dos nosos mouchiños da biblio a unha gran misión na ONU. No mes de setembro deixárannos unha mensaxe na aula virtual e encargáronnos axudarlles a preparar os seus substitutos.

Estiveron a ir e vir de Santo André a Nova York vixiando como levabamos adiante o traballo. Agora sabemos que marcharon definitivamente, satisfeitos cos progresos que imos facendo nas nosas pescudas (O QUE LEVAMOS FEITO). 

 Moupi e Tomasito, representantes da cultura grega e da Idade Media, xa están na biblio á espera dos seus colegas. Foron as aulas de 3º  e 2º de primaria as máis madrugadoras. As demais enseguidiña rematarán a caracterización que lles están a facer ós novos mouchiños e poderemos ver como ocupan o seu lugar na biblio e comezan a coordinar toda a actividade.

A ÁRBORE PERFECTA.PDI 21-22

 O PDI deste curso levounos a lle dar voltas á orixe das ciencias e das matemáticas e a pescudar naquelas ideas chave para o desenvolvemento científico e tecnolóxico da actualidade. Daquela, matinamos como a matemática podería relacionarse co nadal, ata que demos coa fórmula que convertería a nosa árbore na árbore de Nadal perfecta. O número π, unha das constantes matemáticas máis importantes, calculado por Arquímedes, forma parte desta fórmula deseñada por matemáticos da universidade de Sheffield no Reino Unido. Nós non podiamos comprender estes cálculos, pero usamos a calculadora que inclúe a súa pescuda para introducir os nosos datos e procurar o número exacto dos adornos que tiñamos que lle pór. Este foi o resultado.




XEOMETRÍA E NADAL.TRABALLANDO NAS AULAS

 Aproveitamos o PDI deste ano centrado nas ciencias e na matemática para traballar o Nadal dende o punto de vista da ciencia e da xeometría. O obradoiro STEM aloxado na aula virtual achegounos moita información interesante e amosounos os camiños que relacionan Nadal e ciencia. Tamén nos ofreceu unha chea de ideas para traballar nas aulas: tarxetas, adornos, traballo lóxico de pensamento, creatividade...  todo co espírito do Nadal.



mércores, 22 de decembro de 2021

FACENDO A CARTA PARA OS REIS

 Non podiamos marchar sen deixar na caixa de correos as nosas cartas para os Reis Magos. Como xa non poden vir e enviar os seus paxes ao cole, por mor da pandemia, quixeron lembrarnos que non esquecerán pasar polas nosas casas, e fixérono deixando unha mensaxe en audio. Os de infantil quixeron axudarlles preparando entre todos a caixa de correos. Mentres, tódolos nenos e nenas das distintas aulas traballaron arreo escribindo as súas cartas.

CONTACONTOS NO NADAL

 Despedimos o trimestre lendo cos amigos. Os nenos de 5º e 6º de primaria deron unha volta por tódalas aulas agasallándonos con lecturas de Nadal. Homiño de mazapán, Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis, Elmer e o Nadal, Antón e o Apalpador... foron os escollidos nesta nova rolda de contacontos animados polos maiores do cole.




luns, 20 de decembro de 2021

VIDEO DE FELICITACIÓN DE NADAL

 Tódalas aulas quixemos neste nadal felicitar aos nosos compañeiros e ás nosas familias para facer máis curta esta distancia que non mantén separados un curso máis.




domingo, 19 de decembro de 2021

BOLETÍN DE SUXESTIÓNS LECTORAS NO NADAL

 

LEMBRANDO ALGUNHA COUSIÑA QUE QUEDOU ATRÁS

 Imos mirar un pouquechiño cara atrás porque con tanta actividade no cole sempre nos queda algo  por amosar.  Nunha entrada anterior déramosvos conta das propostas que tiñamos para "celebrar" o Día da non violencia. O pasado día 25 de novembro o noso cole encheuse con moitas desas actividades variadas avanzando na reflexión sobre a violencia de xénero. Os contos "Eu matarei monstros por ti" e "Que medo che gustaría vencer? ....,e algúns outros que lemos, foron o apoio para este labor. Os dous contos estiveron Non fomos quen daquela de publicar o que estivemos a facer nas aulas; pero agora antes de que vexades o que estamos facendo para o nadal non queremos que vos perdades as cousas anteriores. Mirar ao noso interior para empatizar mellor coas mulleres e familias que sofren foi o obxectivo de todas esta reflexión de grandes e pequenos.






sábado, 4 de decembro de 2021

OS DE 5 TRABALLAN TAMÉN O CAZO DE LORENZO

 No día da discapacidade os de 5 anos traballaron El cazo de Lorenzo para  achegarse mellor ao mundo das diferencias. Dende o coñecemento e a empatía somos quen de integrar mellor e ser inclusivos.










venres, 3 de decembro de 2021

3 de decembro DÍA DA DISCAPACIDADE

 Celebramos hoxe o día da discapacidade, aínda que tódolos días teriamos de ter presente que a diversidade é riqueza e que todos somos capaces.

Na nosa biblioteca temos moitos libros que nos achegan a este planeta de diferencias. Somos diferentes no xeito de pensar, sentir, crear, vivir; pero todos estamos baixo o mesmo paraugas e merecemos o mesmo amor e respecto.

BOLOBO é a lectura escollida este curso para mergullarnos no especial que nos fai a cadaquen o noso ser e a nosa realidade. Podemos coller este estupendo conto na biblioteca e tamén podemos escoitalo na voz deste cativo do CEIP DE CAIÓN que o gravou para todos os que estamos á outra beira da pantalla. Poñémolo aquí agardando que non lle importe compartilo connosco.