Amosando publicacións coa etiqueta semana prensa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta semana prensa. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de xuño de 2024

A PRENSA NO 3º CICLO

 Durante todo o curso os nenos e nenas de 3º ciclo de primaria traballaron coa prensa na aula coa Voz de Galicia. 







venres, 3 de maio de 2019

LEMBRANDO...8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

A concorrencia da Semana da Prensa  coa celebració do Día da muller tinguiu o traballo feito con tintes especialmente xornalísticos.
Estas foron as propostas que se fixeron as aulas:

-Procurar novas da prensa sobre o acontecemento do 8 de marzo e reflexionar nas aulas sobre o seu por qué e a súa trascendencia.
- Elaborar carteis ou presentacións dixitais coas novas recollidas e aspectos delas que lles chamasen a atención. Outra posibilidades é  elaborar cos nenos  unha listaxe cos aspectos principais da situación social actual e o que se quere conseguir. Tamén podedes facer un cartel cunha destas reinvidicacións e posibles solucións comentadas nun texto xornalístico elaborado polos nenos.


-A educación  da muller nos últimos 50 anos. Podedes consultar textos de prensa dixital que están na pestana do blogue e elaborar unha liña de tempo cos cambios que se foron producindo. 

- Novas diversas sobre mulleres: Recollida de novas de prensa sobre mulleres diversas e colocación das mesmas ou de traballiños sobre elas nas portas das aulas ou nas paredes próximas.

A biblioteca acolleu un recuncho especial de prensa e un expositor sobre igualdade e visibilidade das mulleres para servir de base a o traballo das aulas.









xoves, 2 de maio de 2019

LEMBRANDO...SEMANA DA PRENSA

A semana da prensa acolleu, neste curso tan especial,  ademáis do traballo nas aulas con xornais un mural no que se recollían algunhas das novas que na nosa cidade foron publicadas hai 50 anos. A sección de hemeroteca do Faro de Vigo foi a que nos aportou moita información para ser quen de facermos unha idea do que foi aquel 1969 no que no cole comezou a súa andaina.
Vigueses distinguidos foi a nova estrela deste curso coa que traballamos nas aulas  e na que todos somos protagonistas. Coido que algún curso xa está planeando contarnos o que nos sucedeu no vindeiro xornal Don Moucho, ao que xa non lle falta moito para sair do prelo. Este xornal no que se traballa durante o terceiro trimestre é a mostra do noso interese de sermos xornalistas e contarvosao noso xeito as nosas cousas.
A prensa tamén estivo presente nas tarefas programadas para a celebración da figura de Rosalía e do Día da Muller. Algunhas aulas redactaron novas referidas a estes acontecementos e abondaron na liña de investigación proposta sobre a poesía social de Rosalía, que despois tamén formou parte da solta de poesía feita no mes de marzo.
Por último os de infantil usaron a prensa como material plástico e colaboraron todos na feitura dun "busto" de Rosalía que xa forma parte da decoración da nosa biblioteca.










domingo, 8 de abril de 2018

SEMANA DA PRENSA. MATERIAS XORNALÍSTICOS SOBRE VIGO


Na Semana da  Prensa, o pasado mes de marzo, o noso  cole encheuse de distintas novas de xornal coas que tivemos a oportunidade de coñecer a realidade dende outro punto de vista e coa linguaxe da prensa. 
As distintas caixas, que se situaron na mesa da entrada, daban pé a  ollar as cousas traballadas sobre Vigo con outros ollos. A  historia da cidade, a hemeroteca do Faro de Vigo - coa súa escolla de acontecementos singulares -,  Xulio verne e as súas trécolas, Martin códax, o pergameo Vindel, as mulleres e homes de Vigo que destacan en distintas áreas, a ciencia na nosa cidade,... enchían esas caixas acompañadas doutras novas máis curiosas. 


 

 Entre todas había unha caixa especial adicada ós mais pequenos do cole, aqueles que ainda non se manexan ben na lectura...as Nanonovas. De seguro que eles fóronlle sacando todo o partido ás imaxes escollidas. 





Todos nas aulas adicamos  esa semana a ollar os periódicos e a confeccionar as nosas propias novas, como fixemos por exemplo co suplemento que estamos a elaborar do Xornal Don Moucho coas mulleres de Vigo e que xa vos presentamos. 




 O traballo segue aí, o mesmo que as caixas cos retallos de xornais para que poidamos seguir afondando neles. A sección de historia vai seguer medrando ata fin de curso para que poidamos  tamén seguir a desfrutar desas lecturas e aprendendo cousiñas da nosa historia.
Dúas caixas especiais adicaronse a recolleita polos nenos de novas de astronomía e viaxes, xogando cos temas que interesaron á Verne nalgúns dos seus libros. Non imos lembrar agora os seus coñecidos títulos. Está ainda por ver as suxerencias de traballo  con estes temas que os mouchiños nos teñen preparadas para o  mes de abril.


Para todos  unha nova oportunidade para traballar nas aulas arredor dos libros e de Vigo.

luns, 20 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

No mes de marzo a semana da prensa achegouse ata o Miño, dando un novo paso no coñecemento multipolar do noso río. O mural de benvida á mesa das novas de xornais estaba composto por publicidade turística galega nos xornais, con preferencia polas zonas que atravesa o Miño. Un grupo de novas formábano as novas relacionadas coas zonas e bisbarras bañadas polo río e as correspondentes á creación dun macroterritorio transfronteirizo. 
As mulleres galegas e as científicas en particular constituían  outra das achegas aportadas ás aulas para o seu traballo nas mesmas. As fotos do recuncho de prensa perdéronse por un problema coa cámara , pero o traballo quedou aí  tal como podemos ver por exemplo no blogue dos nenos e nenas de primeiro (aquí) e prolongouse con experiencias realizadas dentro e fora do centro, tales como Coñecendo a Angeles Alvariño.

martes, 26 de abril de 2016

SEMANA DA PRENSA 2ºA

Despois de baixar a ver a exposición sobre a prensa que estaba no vestíbulo do colexio e logo de elexir algunhas noticias, os nenos de 2º A fixeron uns traballiños en grupos sobre distintas noticias relacionadas co faro de Cabo Vilán. Aqui tendes as fotos do que foi o traballiño na aula e da exposición dos mesmos aos compañeiros.

domingo, 8 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA CON LUZ

Xa está todo preparado para que durante esta semana traballemos cos xornais e arredor da luz. Entre os días 9 e 13 de marzo celébrase en tódalas escolas a Semana da Prensa, durante a que se nos invita a deixar un pouquiño de lado o libro de texto e achegarnos á realidade a traves das crónicas dos xornais, tanto en papel como dixitais. É o momento de botar unha ollada as novas que saen nos xornais, ao xeito no que  a mesma  nova é tratada dende distintos xornais e as caracteristicas da súa linguaxe. 
Dende a biblioteca quixemos invitar a desenvolver este traballo  pondo a nosa ollada na "Luz" e xa temos un feixe de novas moi diferentes recollidas no recunchiño "A Luz na prensa" agardando polos ávidos lectores das nosas aulas. 




















luns, 10 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

Celebramos estes días a Semana da Prensa na escola. Aínda non sabíades por que apareceron tantos periódicos hoxe na entrada?. O xornal é un texto moi importante para achegar as novas ós cidadáns.É moi necesario o seu uso educativo na escola e traballar na aprendizaxe da súa linguaxe e as súas características. 





Deixamos aquí estes recursos do programa Prensa na escola da Voz de Galicia que recollemos dos nosos compañeiros do Ceip Mestres Goldar. Para que vaiades empezando o traballo nas aulas.

LA NOTICIA 

ESTRUCTURA DEL PERIODICO

O XORNAL POR DENTRO