Unha xacia das moitas que poboan o río Miño, de nome Miñoncesa foi a encargada de dirixir a troula deste entroido 2017. Dende a súa rocha na entrada do cole fixo as peticións a toda a comunidade educativa seguindo as tradicións de noso.
Como nos achamos mergullados no Ano Internacional do Turismo, a nosa xacia quixo que trouxeramos...
O LUNS................... UNHA VISEIRA, que non nos colla o sol durante os nosos roteiros
O MARTES................... UNHAS LENTES DE SOL, que non nos deslumbre a luz e non vexamos ben as paisaxes
O MÉRCORES................ UNHA CANTIMPLORA OU UNHA MOCHILIÑA, hai que beber moito e sempre ven ben ter unha bolsiña onde garda-las cousas.
O XOVES..........................UN ELEMENTO TECNOLÓXICO, nestes tempos que corren hai que saber usar ben a tecnoloxía para o que vale.
Con todos estes elementos témonos convertido nos turistas perfectos, ben preparadiños para non nos perder detalle de tódalas cousas interesantes.
Esta Xacia sí que sabe preparar ós nenos para facer turismo! Xenial un ano máis a semana da Troula!
ResponderEliminar