xoves, 20 de maio de 2021

domingo, 16 de maio de 2021

COA ARTE...OS PRIMEIROS

 A familia de Abril e Julián é tamén a primeira que se atreve coa arte e nos envía a súa composición de dous famosos CADROS CON LIBROS.

Julián (2º de primaria) representa "O lector engaiolado" de René Magritte.




Abril (4 anos representa "Muller lendo no xardín" de Henry Matisse.



Fenomenal, ámbolos dous!

MÁIS SUXESTIÓNS E LECTURAS EN FAMILIA

 Seguimos estando de sorte! Unha familia máis achéganos as súas suxestións e agasállanos cunhas novas lecturas. É un gusto escoitalos! Ademais xa sabedes que estamos xuntando as lecturas e suxestións das familias na presentación que temos no lateral esquerdo, por se chega a hora de ler e nos apetece escoitar algún destes fermosos contos.

Abril (4 anos) e Julián (2º de primaria) fixeron unha escolla de libros e nola envían. Adiviñades quen escolleu cada conto?






























VEDE E ESCOITADE TAMÉN OUTRAS SUXESTIÓNS SÚAS

Abril suxírenos "Historias de princesas y sirenas"


Julián suxire e le unha banda deseñada moi especial. Ibañez esperta paixóns en tódalas xeracións. Pepe Gotera y Otilio, tamén.


Tamén nos len en familia un conto superespecial  "Chímpate, Pepa"



sábado, 15 de maio de 2021

RETO DA TORRE E O CONTO DE AQUILINO

 O "Reto da torre" foi a proposta que, no mes do libro e para celebrar o Día das Artes Galegas -adicado a Domingo de Andrade-,  nos propuxeron os mouchiños. Polo de agora foron os nenos de infantil os que aceptaron o reto. Podedes velo no blog de infantil "Follas de moreira".

O segundo reto proposto era unha proposta plástico-literaria arredor de dous contos. "Aquilino pinta unha nube e un camaleón" e "Minimaladas". Temos xa recollidos os traballiños que xa mandaron algunhas aulas... a de 1º e a de 3º e un voluntario de 2º que tamén quixo participar. Graciñas e parabéns a todos!


SUXESTIÓNS EN 3 ANOS

Seguimos gozando das suxestións dos nosos nenos e nenas.Agora é a quenda de 3 anos. Nótase que peques e grandes son grandes lectores!

EXPERIMENTOS EN 3 ANOS

Os nenos e nenas de 3 anos metéronse hai tempo na pel dos científicos, tal como nos suxerían os mouchiños nas tarefas da 1ª parte do PDI, facendo o mesmo que fan eles: experimentar coas cousas e ver que pasa. Desta volta probaron a mesturar algunhas cousas e aprenderon como sae a lava dun volcán e como podemos inflar un globo sen esforzo.










SUXESTIÓNS LECTORAS TAMÉN EN 1º

 Os nenos e nenas de 1º fannos máis suxestións lectoras. Con tantas ideas que levamos recollidas vai haber que mergullarse en tódalas nestas lecturas que nos ofrecen as aulas e mailas familias!.







venres, 14 de maio de 2021

EXPERIMENTOS EN 4º DE PRIMARIA.CIENCIA EN GALEGO

 Aprendemos a ser científicos dende a práctica. Na aula de 4º de primaria fixeron unha rolda de experimentos dende casa.

NOA



ÁGUEDA

CLAUDIA
ALBA
MAYRA
ROI

INÉS


ANTÍA


NOA 













RECEITA DE NÉSPERA

 

 Ada de 2º de Primaria envía dende casa unha receita con nésperas, a froita que lles tocou traballar no PDI.




SUXESTIÓNS LECTORAS EN 5º E 6º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 5º e 6º tamén escribiron as súas suxestións lectoras e aproveitaron a contarnos cousiñas sobre os autores e autoras recomendados.

O MEU LIBRO RECOMENDADO E O SEU AUTOR

martes, 11 de maio de 2021

XIÁN DE 5 ANOS SUXIRE CONTOS

 Que ben estamos! Temos novas suxestións de lectura! Desta volta Xián da aula de 5 anos suxire varias lecturas con moi boa pinta. 



domingo, 9 de maio de 2021

ADA E NOA LEN A ROALD DAHL

 Ada (2º de primaria), Noa (4º de primaria) e o seu pai len as bruxas de  Roald Dahl traducido por Xela Arias, autora homenaxeada nesta vindeira celebración do Día das Letras Galegas. 



LUCAS E XABI E MAILO CONTO "SABES QUE É?

 Lucas (5 anos) le un conto para Xabi  (3 anos) e para todos nós. É un estupendo conto no que hai que ir adiviñando que cousa vemos. Escoitade a Lucas... Fenomenal! 





venres, 7 de maio de 2021

HÉCTOR E A SÚA FAMILIA LEN UN CONTO

 Héctor da aula de 5 anos e a súa nai lénnos un estupendo conto de dinosaurios. Os dinosaurios gustan moito nesa clase...non é de extrañar. Estupenda lectura, familia!. 


Tamén nos suxiren unha manchea de libros! Graciñas!




mércores, 5 de maio de 2021

domingo, 2 de maio de 2021

A TRADICIÓN DA XESTA

 Unha xesta na porta da casa ou na cancela é o que non hai que esquecer se queremos que todo o ano vaia ben e non nos entre un maio malo. Mencía e Lucas de 4 e 3 anos así nolo amosan nesta foto que enviaron.




PRIMEIRO MAIO EN FAMILIA

 A familia de Xián e Noa, de 2º de primaria e 4 anos, é a primeira en participar na actividade dos Maios. Tamén fixeron os tradicionais colares de pampillos e xa vedes que ben o pasaron!

Fenomenal traballo. Parabéns!