Unha delas ("Os libros das familias") cumpre xa un ano mais no que os libros das casas van vir de visita á nosa biblioteca para desfrute de todos. De feito acabamos de inaugurala no día de onte. Aínda así podedes seguir aportando libros se o desexades. Enseguidiña vos amosaremos as primeiras fotos.
Outra homenaxea ó autor co que imos traballar xa ata fin de curso, o protagonista das Letras Galegas deste ano Carlos Casares. Esta exposición vai ser unha das varias actividades nas que pais, nais, profes e nenos imos participar, co gallo desta celebración.
Por se non chegou á vosa casa, aquí tedes a carta dos mouchiños.
Que magoa! Acabo e ler a carta dos mouchiños. Na casa temos unha edición de 'O principiño' mercada pola aboa de xoven e que xa limos tres xeracións (aboa, filla e neta). É da década dos 70. ¿Seica inda a podemos aportar para a exposición?
ResponderEliminarClaro que sí. É un exemplar que non pode faltar. A exposición do "principiño" ainda se está montando. E ainda que non fose así sempre acollemos todo o que chega con entusiasmo. A data de "plazo" que poñemos é so unha referencia. Graciñas como sempre pola túa colaboración.
ResponderEliminar