O pasado 24 de Outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. Na nosa escola, aproveitamos o venres pasado para conmemorala e inaugurar a biblioteca dando comezo a unha nova aventura que nos acompañará ao longo deste curso.
Por ciclos ou aulas fomos reuníndonos todos na biblioteca e, despois de lembrar as normas para coidala e gozar dela, mergullámonos nunha historia chea de ilusión e descobrimentos: 10 ciudades y un sueño. Un conto que nos serviu de inspiración para iniciar o noso PDI deste ano: "Turisteando polo mundo: unha volta ao planeta a través do turismo sostible".
A lectura estivo acompañada de diferentes músicas do mundo, que nos axudaron a viaxar coa imaxinación, achegarnos a outras culturas e descubrir novos lugares. Ao rematar recibimos un pasaporte, que nos guiará nas aventuras deste curso.
A nosa biblioteca abre as súas portas e a nosa viaxe acaba de comezar!