Amosando publicacións coa etiqueta mes das letras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mes das letras. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de maio de 2021

RETO DA TORRE E O CONTO DE AQUILINO

 O "Reto da torre" foi a proposta que, no mes do libro e para celebrar o Día das Artes Galegas -adicado a Domingo de Andrade-,  nos propuxeron os mouchiños. Polo de agora foron os nenos de infantil os que aceptaron o reto. Podedes velo no blog de infantil "Follas de moreira".

O segundo reto proposto era unha proposta plástico-literaria arredor de dous contos. "Aquilino pinta unha nube e un camaleón" e "Minimaladas". Temos xa recollidos os traballiños que xa mandaron algunhas aulas... a de 1º e a de 3º e un voluntario de 2º que tamén quixo participar. Graciñas e parabéns a todos!


domingo, 9 de maio de 2021

ADA E NOA LEN A ROALD DAHL

 Ada (2º de primaria), Noa (4º de primaria) e o seu pai len as bruxas de  Roald Dahl traducido por Xela Arias, autora homenaxeada nesta vindeira celebración do Día das Letras Galegas. 



mércores, 5 de maio de 2021

OUTRO MAIO FAMILIAR

 Enzo de 3 anos e Leyre de 6º envíannos a foto do seu Maio. Que ben que sigamos a manter as tradicións!



domingo, 2 de maio de 2021

A TRADICIÓN DA XESTA

 Unha xesta na porta da casa ou na cancela é o que non hai que esquecer se queremos que todo o ano vaia ben e non nos entre un maio malo. Mencía e Lucas de 4 e 3 anos así nolo amosan nesta foto que enviaron.




PRIMEIRO MAIO EN FAMILIA

 A familia de Xián e Noa, de 2º de primaria e 4 anos, é a primeira en participar na actividade dos Maios. Tamén fixeron os tradicionais colares de pampillos e xa vedes que ben o pasaron!

Fenomenal traballo. Parabéns!






xoves, 29 de abril de 2021

ESCOLLA DE RELATOS TRADUCIDOS POR XELA ARIAS

 Esta é unha escolla de relatos dos moitos que contén o libro de Gianni Rodari "Contos ao teléfono" traducido pola nosa protagonista das Letras Galegas Xela Arias. As familias podedes escoller o que queirades e lérnolo, tal como explicamos na carta da biblioteca. Na entrada anterior téde-las ideas para "cadros con libros"

PODEDES ACCEDER ÓS RELATOS AQUÍ