Amosando publicacións coa etiqueta día de rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día de rosalía. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de marzo de 2024

PRIMAVERA, PRIMAVERA...DÍA DA POESÍA

 Primeiro as agachadiñas e despois coma un estouro poético, o noso cole e mailo xardín cubríronse de mil e un poemas adicados a Rosalía, á beleza do bosque, as plantas e ... non si? á creación completamente libre. Copiadas de autores senlleiros ou creadas por nós; improvisando e xogando coas rimas; formando caligramas; recreando poemas coñecidos... Pequenos e grandes, argallaron un festival de primavera en galego e máis en castelán.Tódolos recunchos do cole compartiron eses momentos máxicos de homenaxe ás palabras harmoniosas e rimadas. As nosas árbores moi mimadas no PDI deste curso puideron tamén gozar destas emocións grazas ó bo tempo deste comezo de estación.

sábado, 23 de marzo de 2024

MES DE ROSALÍA, ÁRBORES E POESÍA

 Na radio, na aula stem, no traballo cotiá e na solta do Día da poesía o noso cole encheuse durante este mes cos versos de Rosalía, ademais de estar presente no xardín e nas árbores do patio, seguindo o traballo co noso PDI.


sábado, 11 de marzo de 2023

A HORTA ESCOLAR PÓNSE EN MARCHA

 Como xa contamos no outro blog a horta escolar púxose en marcha para celebrar a Rosalía de Castro e preparar o seu caldiño de gloria. Neste PDI  no que tamén falamos de alimentación saudable e sostible, o caldiño tradicional galego reúne tódolos ingredientes precisos para coidar a nosa saúde e a da nosa terra.

Son xa moitos os cursos que foron pasando pola horta para plantar as súas berzas, patacas e fabas e agora foi de novo a quenda dos nenos e nenas de primeiro. Deixamos aquí as entradas feitas. 

COMEZAMOS NA HORTA CO CALDIÑO DE GLORIA

SEGUIMOS COA HORTA

3º TAMÉN SEMENTA

DESPOIS DAS XEADAS SEGUIMOS


domingo, 26 de febreiro de 2023

ROSALÍA EN INFANTIL E PRIMARIA

 As bonequiñas viaxeiras de Rosalía chegaron xa a moitas casas transportando o poema Miña casiña meu lar que é o centro do traballo rosaliano neste curso, vencellado ó traballo do noso PDI. Podedes ver as fotos que xa temos nestas entradas do noso blog fonte dos frades. Son moitos máis os cursos que fixeron a a súa Rosalía, pero  esqueceron facer fotos. Non pasa nada; xa sabemos que o importante é participar!

AQUI E AQUI

COMEZA A PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS CON ROSALÍA

 Julia de 2º de primaria abriu camiño adicando esta fantástica dramatización da receita do caldo á Rosalía de Castro. Agardamos que moitas e moitos máis se animen.

Podedes velo no blog de Fonte dos Frades. AQUÍ


mércores, 22 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA. PROPOSTA PARA AS FAMILIAS

  O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, aniversario do seu nacemento. Neste curso, mergullados no noso PDI arredor da alimentación sana e sostible, acáenos moi ben traballar co seu poema Miña casiña, meu lar onde fala do caldiño de gloria e doutra elaboración tradicional, o bolo do pote. Nós imos traballar todas estas cousiñas nas aulas no que queda de trimestre e no vindeiro. Invitámosvos a participar desta receita connosco: 

Elaborade un caldiño de gloria ou o caldo galego que acostumades a facer e amosádenolo nunha foto ou vídeo. Ao mesmo tempo escollede uns versos do poema e escribídeos ou recitádeos.

Podedes se queredes pescudar tamén na elaboración do bolo de pote e cociñalo ou pasarnos a receita. Aquí tedes o anuncio da invitación que vos facemos. Non hai límite de tempo. Podedes participar no momento do curso que queirades.