Amosando publicacións coa etiqueta suxestións lectoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta suxestións lectoras. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de abril de 2023

SUXESTIÓNS LECTORAS NA RADIO

Neste mes do libro continuan as suxestións lectoras, desta volta na radio. Os nenos e nenas de 4º de primaria veñen de gravar o seu primeiro programa de radio neste curso facéndonos chegar os libros que lles parecen interesantes para todos. Grazas polas vosas suxestións! É tempo de escoitalas e poñernos a ler.






venres, 22 de abril de 2022

SUXESTIÓNS LECTORAS EN 6.º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 6.º de primaria querían ser os primeiros en compartir con todos as súas suxestións. Hai tempo que colleron os seus libros e fixeron as fotos para que non lles pasase o día. Agora xa é hora de contarvos cales son os seus libros preferidos.








"PEDRA A PEDRA...". PODCAST DE SUXESTIÓNS LECTORAS DE 3.º DE PRIMARIA

 Escoitamos os cativos e cativas de 3.º de primaria falándonos dos seus libros favoritos.

SUXESTIÓNS LECTORAS

Moitas grazas polas vosas suxestións. Tomamos nota!


xoves, 3 de xuño de 2021

NOVAS SUXESTIÓNS LECTORAS

 Julia da aula de 5 anos achéganos a súa suxestión lectora. Frozen é a sua historia preferida.



luns, 17 de maio de 2021

domingo, 16 de maio de 2021

MÁIS SUXESTIÓNS E LECTURAS EN FAMILIA

 Seguimos estando de sorte! Unha familia máis achéganos as súas suxestións e agasállanos cunhas novas lecturas. É un gusto escoitalos! Ademais xa sabedes que estamos xuntando as lecturas e suxestións das familias na presentación que temos no lateral esquerdo, por se chega a hora de ler e nos apetece escoitar algún destes fermosos contos.

Abril (4 anos) e Julián (2º de primaria) fixeron unha escolla de libros e nola envían. Adiviñades quen escolleu cada conto?






























VEDE E ESCOITADE TAMÉN OUTRAS SUXESTIÓNS SÚAS

Abril suxírenos "Historias de princesas y sirenas"


Julián suxire e le unha banda deseñada moi especial. Ibañez esperta paixóns en tódalas xeracións. Pepe Gotera y Otilio, tamén.


Tamén nos len en familia un conto superespecial  "Chímpate, Pepa"



sábado, 15 de maio de 2021

SUXESTIÓNS EN 3 ANOS

Seguimos gozando das suxestións dos nosos nenos e nenas.Agora é a quenda de 3 anos. Nótase que peques e grandes son grandes lectores!

SUXESTIÓNS LECTORAS TAMÉN EN 1º

 Os nenos e nenas de 1º fannos máis suxestións lectoras. Con tantas ideas que levamos recollidas vai haber que mergullarse en tódalas nestas lecturas que nos ofrecen as aulas e mailas familias!.







venres, 14 de maio de 2021

SUXESTIÓNS LECTORAS EN 5º E 6º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 5º e 6º tamén escribiron as súas suxestións lectoras e aproveitaron a contarnos cousiñas sobre os autores e autoras recomendados.

O MEU LIBRO RECOMENDADO E O SEU AUTOR

martes, 11 de maio de 2021

XIÁN DE 5 ANOS SUXIRE CONTOS

 Que ben estamos! Temos novas suxestións de lectura! Desta volta Xián da aula de 5 anos suxire varias lecturas con moi boa pinta. 



domingo, 9 de maio de 2021

LUCAS E XABI E MAILO CONTO "SABES QUE É?

 Lucas (5 anos) le un conto para Xabi  (3 anos) e para todos nós. É un estupendo conto no que hai que ir adiviñando que cousa vemos. Escoitade a Lucas... Fenomenal! 





venres, 7 de maio de 2021

HÉCTOR E A SÚA FAMILIA LEN UN CONTO

 Héctor da aula de 5 anos e a súa nai lénnos un estupendo conto de dinosaurios. Os dinosaurios gustan moito nesa clase...non é de extrañar. Estupenda lectura, familia!. 


Tamén nos suxiren unha manchea de libros! Graciñas!




domingo, 25 de abril de 2021

23 de abril. DÍA DO LIBRO

 Aínda que a lectura e as actividades arredor dos libros son un costume ben enraizado no noso cole, o día do libro celebrámolo sempre dun xeito especial. Dende principios de mes hai unha serie de propostas a dispor de todos na biblioteca virtual, nas que as distintas aulas xa están a traballar, ademáis de ler e pescudar sobre os distintos elementos que precisamos para completar o traballo da segunda paprte do noso PDI.

Entre as actividades especialmente adicadas a este día destacan as suxerencias lectoras por parte de toda a comunidade. O foro de suxestións  na aula virtual xa está medrando con propostas diversas e algunhas aulas xa fixeron marcalibros e entrénanse coma "booktubers"; mellor, coma voceadores de libros.