Amosando publicacións coa etiqueta creacion literaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta creacion literaria. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

xoves, 20 de xuño de 2019

NOVO XORNAL DON MOUCHO

Saíu do prelo unha nova edición do noso Xornal. Premede no vencello se queredes ver o noso traballo. Tamén o tedes na pestana lateral.



sábado, 15 de xuño de 2019

QUE É O PÁRROCO PARA TI?

Hai algún tempiño, os mouchiños lanzaron unha nova tarefa ás aulas. Tratábase dun certame no que debiamos contar de xeito gráfico e/ou con creación literaria que supoñía para nós o cole. A idea non foi deles senón dos nenos e nenas da clase de 4º. Eles, dentro dos agasallos, que todos fomos ideando para o cole, tiveron unha idea brillante: facer uns fermosos carteis nos que expresaban como se sentían especiais por pertencer á comunidade do Párroco. Os mouchiños quedaron tan impresionados cos seus traballos que á idea inicial que eles tiñan de facer un concurso literario engadíronlle outras modalidades que permitisen ser aínda máis creativos. As respostas non se fixeron agardar e foron moi variadas.
Dunha delas vimos de falar na anterior entrada, pero ademáis...
-os nenos de 5 anos e os de 6º dixeron cousas bonitas sobre co cole na súa gradación
- outros nenos de diferentes clases elaboraron carteis nos que nos fixeron chegar os seus sentimentos. Imos velos.
- moitos alumnos e alumnas fixeron entrevistas ós seus familiares e veciños que pasaron polo cole para que lles contasen tamén as súas lembranzas.











carteis nenos de 4º



domingo, 5 de maio de 2019

LEMBRANDO...DÍA DA POESÍA

A poesía ocupou o noso tempo durante todo o mes de marzo e parte de abril. Ademais da xa tradicional solta de poesías tódalas aulas recibiron maletas especiais para a hora de ler coas que poder achegarse intensamente a estas lecturas. Ademáis de facer propostas especiais arredor da linguaxe poética.
Na solta deste ano quixemos  encher tódolos espacios do cole con poemas como celebración deste día. Podían ser poemas copiados dos autores  en calquera das linguas que traballamos no cole; poemas de Rosalía; poemas inclusivos e relacionados coa natureza e a auga que lembren as outras datas que se celebran o 21 e 22 de Marzo ; e/ou poemas feitos polos propios nenos e nenas. 

Como contribución ao noso PDI animamos tamén as aulas  a procurar tamén poemas ou textos poéticos relacionados coa educación escolar. 









mércores, 1 de maio de 2019

LEMBRANDO...CARTEIS PARA O COLE

Adiantándose o programado para o terceiro trimestre, na aula de 4º de Primaria tiveron unha grande idea e levaron adiante a elaboración duns carteliños conmemorativos do aniversario do noso cole. 
Agora que está a punto de comezar o certame QUE É O PÁRROCO PARA TI? no que se pode participar cun texto, un debuxo ou un cartel/collage, estas primicias que nos deron os nenos e nenas quedan incorporados ó libro que imos realizar con tódolos participantes. Se algunha familia quere participar tamén será benvida. Deixaremos "as bases" noutra entrada.
Así de ben fixéronos eles e elas.

domingo, 16 de decembro de 2018

UN AGASALLO PARA O COLE

Xusto a tempo da chegada do paxe real a semana vindeira as aulas teñen listas as súas cartas para os agasallos do cole no seu aniversario.  O conto Un agasallo diferente é o apoio desta iniciativa dos mouchiños. Neste trimestre quedámonos sen tempo de poder lelo, pero de seguro que será o primeiro que estreará o novo trimestre. Aquí vos ensinamos  como quedou a nosa árbore deste ano e ollade tamén cal son os nosos desexos...
















CARTAS TAMÉN PARA O EXTERIOR

Vencellada a esta iniciativa dos mouchiños arredor da CARTA moitas aulas animáronse, a petición do equipo de dinamización, a iniciar un contacto por correo con moitos amigos e amigas de coles cercanos. A primeira tanda de cartas saiu xa do cole nas primeiras semanas de decembro rumbo os nenos do Ceip Ría de Vigo onde sabemos recibiron con moita ilusión as nosas misivas e estamos  agardando xa as súas respostas, ...cando chegarán? Manterémosvos informados.

domingo, 26 de marzo de 2017

DIA DA POESIA

Neste curso no que andamos ás voltas co Río Miño non podiamos deixar de facer tamén poesía con el. Daquela pensamos  en ocupar as nosos subidas e baixadas no cole coa lectura dun poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a estas augas interiores tan nosas, tanto que percorren media Galicia.!! Así xurdiron as "escaleiras poéticas". Arrancando no "mural dos mouchiños" comezamos a lectura co título do poema "Loubanza do Rio Miño" e o pechamos co nome dos seu autor. Pequenos e maiores contribuímos para ir enchendo banzo a banzo as escaleiras  grandes con estas palabras tan fermosas adicadas ao noso Río.
A cousa non quedou aí porque un ano mais o interior do cole encheuse de poesía (é que a primavera non acompaña para deixalas florecendo no xardín!) e foron moitos os nenos e nenas que puxeron o Miño na súa ollada poética.

Tamén como a poesía non entende de fronteiras linguisticas na aula de inglés animáronse a encher as outras escaleiras con versos nesa lingua. De que falan? Teredes que averigualo vós mesmos...e se non preguntádelle aos vosos fillos e fillas. A forza teñen que sabelo!

Os mouchiños queren invitarvos a outro  RETO LECTOR. Queren que leades máis poesía (non só de Rosalía) en calquera lingua. Poderíades recomendarnos un libro dalgún poeta ou poetisa e deixarnos uns versos ou un poema enteiro na pestana correspondente?
Animádevos!!!

















sábado, 3 de decembro de 2016

REILIBRO LANZOU (XA AÍ ATRÁS) A SÚA IDEA PARA NOVEMBRO

Sen presa pero sen pausa, os mouchiños seguen a súa aprendizaxe sobre a Galicia Interior e o Río Miño e despois de todo o que aprenderon dos traballos das familias queren afondar mais no tema da mitoloxía fluvial.



Teñen dúas propostas para nós:
-Para os pequenos inventar unha historia a partir dun cadro (estamos a voltas coas artes!)
 Daquela xa hai uns días que nos deixaron nas aulas e nas escaleiras unha misteriosa foto dun cadro dunha xacia deitada no fondo das augas.  E, claro, primeiriño que nada haberá que averiguar que é unha Xacia! Sabemos de boa tinta que nalgunhas das aulas xa lle están dando voltas ao tema. 





Deixámosvos aquí a imaxe por se algunha familia quere axudar na pescuda.


Para os maiores pensaron en que podían debuxar unha galería de personaxes mitolóxicos a partir dun relato que xa está nas súas clases.
Estas dúas propostas arrancaron aí atrás a mediados de mes, pero  nos terán entretidos seguramente durante parte do 2º trimestre. Non vos imos adiantar as novidades que nos esperan, xa volo contaremos todo mais adiante. Para ver os resultados destes traballiños imos ter que esperar un pouco.

venres, 10 de xuño de 2016

UN NOVO XORNAL

A maiores do noso Xornal monográfico adicado ao PDI Galicia...vimos de editar dixitalmente unha nova edición ordinaria que recolle algunhas das experiencias que se viviron no cole durante este curso, especialmente aquelas  que non están recollidas en ningún dos blogues.

Olládeo ao clicar AQUI

mércores, 25 de marzo de 2015

OS POEMAS E VERSOS DE LUZ PARA COLORÍN NO DÍA DA POESÍA E MAIS DA ÁRBORE EN 1ºA

Os nenos e nenas de primeiro disfrutamos moito facéndolle os poemas ao noso mouchiño Colorín para celebrar o día da poesía e da árbore. Como a temática deste curso era a luz os nosos poemas estiveron ben cargadiños de luces, sombras, reflexos e moita cor nos seus versos. Velaí tendes as fotos que fixemos!

A PRIMAVERA E OS POEMAS CON LUZ XA ESTÁN AQUÍ

Hoxe mesmo, cuns días de retraso sobre o Día "oficial" da Poesía, puidemos sair ao patio a pendurar as rimas que lle fixemos a Colorin. A pesar do vento -que xa estragou alguns deles-  e da ameaza de chuvia para os días vindeiros, deixamos o noso patio sementado de poemiñas por aquí e por acolá. 
Tantos eran que algúns nenos ademais de lelos fixeron matemáticas e adicáronse a contar cantos poemas había no patio. Poida que nas fotos non estean todos e mesmo algún seica está repetido; porque un non se cansaba de ler tanta rima tan ben feita. Algúns copiámolos de poetas expertos e ilustrámolos con moitas gañas. Colorín deixara un recunchiño de poesía na biblio para axudarnos, pero fomos moitos os que botamos a voar a imaxinación e fixemos rimas aqueladas e nalgún caso moi libres. Nas fotos vemos a maioría dos poemas  que sairon á luz, algúns dos recunchos do patio onde os penduramos e aos nenos de 4 anos no intre de ir colocar os seus. Pouquiño a pouco iremos recollendo as fotos dos outros cursos nesta actividade.


domingo, 22 de marzo de 2015

COLORIN REINA NO MES DE MARZO

Comezou Marzo e daquela Colorin -o mouchiño marzaleiro- entrou na súa casiña da árbore arroiando e ainda que naquel día de primeiros de mes chovía case a cachón el non quixo deixar de enviar ás clases  ó seu mandado. Dito e feito na hora de ler  ós seus axudantes foron dar conta da súa lumiidea do mes.
Como xa pasou bastante tempo dende o seu anuncio e está aí loguiño o 24 de Marzo ollade ben esta semana cando pasedes polo patio que en calquera recunchiño  moita poesía podedes atopar.


sábado, 22 de novembro de 2014

OS RELATOS DE MOUCHOLIBRO

Como sabedes, Moucholibro -a nosa mascota do mes de outubro- quixo celebrar o 24 de Outubro, Día das bibliotecas escolares, pedindo a tódolos nenos do cole que lle fixeran relatos de medo coas palabras coas que el quería agasallalos. "DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO" chamábase a actividade. 
Dende entón estaba todo o mundo tan caladiño que todos pensabamos que se esqueceran da petición do Moucho. Pero velahí están xa na biblioteca os primeiros relatos feitos!. E uns chaman a outros porque enseguidiña apareceron mais e mais e agora xa hai un mundo de relatos amoreados na mesiña na que Moucholibro nos deixara as súas palabras. 
Os de 6º puxéronse mans á obra, como bós axudantes de biblioteca que son, e foron quen de prepararlle un arquivador no que van ir metendo tódolos relatos para que non perda ningún. Coido que o Moucho xa empezou a desfrutar da súa lectura e, en canto remate de lelos todos, imos pedirlle que nolos preste para que viaxen ás aulas. Daquela  tódolos compañeiros poderemos desfrutar tamén dos relatos dos outros. Vós tamén poderedes velos  na biblioteca e no libro dixital que subiremos ao blog para que ninguen perda nin unha palabra.
Aqui van unhas cantas fotos da mesa da bilioteca e dalgúns cursos traballando nos seus relatos. Pouquiño a pouco iremos subindo mais.