domingo, 26 de marzo de 2017

OUTRO POETA-CONTADOR DO RÍO MIÑO

Dicir Anxo Moure é dicir Rio Miño, Carballo con botas, Xacia Lubiña, Vicentiño... e outros contiños solidarios.
Dicir Anxo Moure é dicir poesía e un xeito de contar os contos moi especial.
Nós tivemos o privilexio de telo connosco este pasado venres 24 de Marzo na semana na que se deron cita os Días da Poesía, da Árbore e da Auga, coma se fosen ún mesmo. El -bueno él non, o Xacio Pepe- axudounos a pescar contos no Miño coa súa gamela e o seu batuxo; presentounos a unha xacia verdadeira e fíxonos viaxar ao longo do río aprendendo as augas que o enchen, as súas árbores, os seus seres mitolóxicos, os animaliños que nadan, viven ou aniñan  dentro do río ou a carón das súas beiras. Fixo dúas sesións, unha cos mais pequenos e outra cos maiores do cole, e todos pasaron un tempiño estupendo escoitándoo.
Despois visitou as nosas aulas e marchou contento coma un cuco cun agasallo estupendo. A nosa Xacia Miñoncesa quixo marchar con el, quere estar un pouquiño máis preto de Irimia. Agardamos que pronto teñamos novas súas.!!














Mirade aquí a sesión de fotos completa:





1 comentario:

  1. menos mal que vexo as fotos!! Meus fillos contaban atropellados unha morea de cousas e non entendía nada! Que sorte teñen os nosos nenos de poder aprender e desfrutar ó mesmo tempo con iniciativas coma esta. Ogallá a educación tire sempre cara este rumbo...

    ResponderEliminar