Amosando publicacións coa etiqueta dia da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia da muller. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de marzo de 2026

Enlazamos o 11F das mulleres científicas co 8M das mulleres traballadoras: mulleres que abren camiños

 

Tras iniciarnos no 11 de febreiro nas dificultades que tiveron as mulleres para acceder á universidade e poder dedicarse á arquitectura... continuamos o noso traballo este 8 de marzo desmontando e denunciando os estereotipos de xénero e a desigualdade. 

A biblioteca sempre é un centro de recursos e sorprendeunos este mes de marzo cunha lectura con moita forza: Os pantalóns de Luisa



Unha nena que representa a Luisa Capetillo, unha muller que loitou pola igualdade, desafiando ás normas establecidas ao vestir con pantalóns, viaxar e axudar a outras mulleres a saír do analfabetismo. 




mércores, 16 de marzo de 2022

PRIMEIRO PRESÉNTANOS AS SÚAS MULLERES INVISIBLES

 Os nenos e nenas de primeiro informáronse de toda a problematica arredor das mulleres científicas que estivemos barallando na celebración do 8M e en grupos pescudaron os logros de catro destas mulleres: KAREN JOHNSON, HIPATIA DE ALEXANDRÍA, ROSALIND FRANKLIN e mais  ADA LOVELACE. 

Completaron a súa actividade xogando co dominó da igualdade.










domingo, 13 de marzo de 2022

MÁIS MULLERES INVISIBLES

 Os nenos e nenas de 3.º e 5 anos tamén pescudaron nunha muller "invisible" das que traballamos no Día da Muller.




mércores, 9 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER : 8 DE MARZO DE 2022

 Este curso, mergullados como estamos na historia da ciencia (en especial da física e da matemática), celebramos este día cunha proposta de "visibilidade" cara a todas aquelas mulleres físicas e matemáticas que non foron recoñecidas no seu tempo. Mulleres que non tiñan cabida nas aulas e ás que lles puxeron mil e un atrancos (malia a súa valía). Mulleres que loitaron por investigar e manterse e que, en moitos casos, aínda seguen a ser invisibles nos libros de texto. Hoxe en día demos moitos pasos para adiante nesta loita da igualdade, pero aínda temos que seguir avanzando e pelexando porque non nos quiten o que xa acadamos.

 A nosa proposta a tódalas aulas é unha invitación a coñecer algunhas desas científicas e a reflexionar  sobre o pasado, o presente e o futuro da muller no eido da ciencia: Póñemoslle... un bigote? 

Aquí tedes o primeiro traballo que chegou a este recunchiño, feito polos nenos e nenas de 2.º,























e tamén a presentación coa que as levamos ata as aulas, sempre agradecendo a tódalas persoas e institucións que nos ofrecen información e recursos.

venres, 11 de febreiro de 2022

11 de febreiro: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Día importante para seguir facendo unha sociedade inclusiva  de todos e para todos e para que todos poidamos ter as mesmas oportunidades. Dentro do traballo do curso e mesmo do noso PDI: PEDRA A PEDRA. UNHA OLLADA A HISTORIA DA CIENCIA que vimos desenvolvemento, estamos e estaremos a adicar moitos esforzos a esta visibilización da muller científica e á promoción dunha vocación científica e STEM. 

Mentres agardamos os resultados das distintas propostas científicas que están en marcha, e o estarán ao longo do trimestre, non quixemos deixar de reflectir na nosa aula virtual o traballo de moitas mulleres en distintos eidos da ciencia, mulleres que traballan canda moitos homes e que tamén precisan recoñecemento. A voz da ciencia é moi necesaria nestes tempos e o traballo de todos e todas é fundamental para o noso benestar e o do noso planeta. Para exemplo o labor de moitas mulleres científicas nesta pandemia.



venres, 16 de abril de 2021

MULLERES EN 4º DE PRIMARIA

 Os nenos de 4º de primaria traballaron conxuntamente a prensa e as mulleres inventando novas e desenvolvendo a súa  vertente creativa. Dentro do PDI afondaron no traballo de Isabel Zendal que poderemos ver no blog adicado a este proxecto da biblio.








MÁIS MULLERES CIENTÍFICAS

 Publicamos algunhas cousiñas que quedaron atrás no seu momento. 

Estes datos sobre diferentes mulleres foron recollidos polos nenos e nenas de 1º de primaria









O ciclo de infantil publicou xa hai tempo o seu traballo sobre as mulleres científicas que podedes ver neste enlace

Os  de 3 anos fixeron en pequenos grupiños os traballiños que aquí vedes.









sábado, 13 de marzo de 2021

PESCUDANDO NAS MULLERES E A CIENCIA: 4 e 5 anos

 Para visibilizar o traballo arredor do tema imos comezar falando da particular ollada dos pequenos das clases de infantil.

 Os nenos de 4 pescudando no mundo dos "laboratorios"  achegaronse á Marie Curie. Coñecérona lendo o conto  que forma parte da nosa maleta viaxeira de mulleres




Despois de falar moito dela e xuntar tódolos datos precisos fixeron estes traballiños sobre ela.









 Os de 5 pescudaron nas cousas que lles podían aportar dúas científicas importantes á súa loita contra os mocos e o coronavirus dentro do seu proxecto pirata. Tratábase da astrónoma Hipatia de Alejandría e a viróloga Margarita Salas. Un luxo de axudantes na súa misión!

Investigaron como eran os seus traballos de astrónoma e viróloga e que precisaban para facelo ben. A palabra astrónoma éralles descoñecida e moito máis viróloga. Despois de reflexionar, enseguidiña relacionaron os astrónomos coas estrelas e lembraron que nos barcos é moi importante coñecer o ceo para  poder orientarse. Só faltaba averiguar que instrumentos usaba un astrónomo nos tempos de Hipatia... Unha olladiña a internet e listo... O astrolabio! 



Para averiguar cousiñas sobre Margarita Salas tíñano  máis dicifil. 
-Que será unha viróloga?. Nin idea! O único que tiñan claro era que debía estudar algo porque a súa profesión remataba en ...ÓLOGA. En troques de pescudar nos libros ou en internet decidiron poñerse en contacto con ela e preguntarlle directamente cal era o seu traballo e como podía axudar no barco.







A presentación dos debuxos completa porémola en "Follas de Moreira"

Pescudando nos xornais van seguir investigando no uso do microscopio e no labor doutra Margarita importante. Margarita del Val. Xa vos amosarán as fichas que farán coa información. 

MULLERES IMPORTANTES

 2º de Primaria decidiu matinar sobre as mulleres importantes na nosa vida. Son as que non saen nos libros nin nos xornais, pero están aí levándonos da man no noso medre como persoas. Isto foi o que eles debuxaron.