luns, 28 de decembro de 2020
POÑÉNDONOS AO DIA: UNHA HISTORIA DE NON VIOLENCIA
sábado, 19 de setembro de 2020
UN NOVO COMEZO. BENVIDOS!
Neste novo curso temos dous grandes retos e ámbolos dous querémolos levar adiante. O primeiro, como non pode ser doutro xeito, é acadarmos unha contorna escolar segura, malia as pedras que poñen no noso camiño; o segundo, que a aprendizaxe e o gozo da lectura non se perdan entre o tan necesario lavado de mans e tralas máscaras que dificultan a nosa comunicación.
Os retos fixéronse para os valentes e coidamos que nós, toda a nosa comunidade educativa, imos ser este curso uns verdadeiros superheroes. Todos xuntos, reinventando milleiros de estratexias, reinventando espazos e tempos e dende os nosos grupos "burbulla", imos ser quen de construír unha gran muralla chea de experiencias, emocións e aprendizaxes compartidas na distancia. Coma os corais burbulla dos mares do Pacífico, onde rematou a nosa andaina no mes de marzo. Deste punto imos partir agora no novo Proxecto de Biblioteca. Xuntos, pero non revoltos, camiñando canda os demais e formando, paseniño, un grande arrecife.
Daquela, comezamos dando conta do lema escollido pola Consellería para as Bibliotecas Escolares neste curso. Xeografías Lectoras quere poñer o punto de atención na habilidade central da aprendizaxe escolar, entendendo a lectura nun sentido de alfabetización múltiple e, porén, referido a tódalas lecturas posibles; en tódolos medios e de tódolos xeitos posibles; lectura "de onte", en papel, e "de hoxe", cos medios electrónicos; lectura cos ollos e coas mans, lecturas inclusivas; lecturas con letras e con imaxes...
Este é un lema que acae especialmente co proxecto deseñado para este curso, que se vai pór en marcha decontado.
A ilustradora Bea Lema é a autora do cartel deste ano. Podédelo ver nesta ligazón.
martes, 16 de xuño de 2020
DERRADEIRO MARTES INCLUSIVO DESTE CURSO
martes, 9 de xuño de 2020
sábado, 6 de xuño de 2020
CONTO EN INFANTIL
martes, 2 de xuño de 2020
HORA DE LER: SEMANA DO MEDIO AMBIENTE
conciencia eco
national geographic
muyinteresante
gciencia
OS CONTOS DE BEA
CONTOS DO MUNDO:
COMENZANDO A VIAXE
ITALIA:
ROSA CARAMELO
EXIPTO: SO, O DROMEDARIO SO
RUSIA: LOBOFEROZ
INDIA : MAYA E O IOGA
CHINA: A RAÍÑA TROTAMUNDOS NA CHINA
martes, 26 de maio de 2020
luns, 25 de maio de 2020
HORA DE LER SEMANA 25 AO 29 DE MAIO
MAIORES
CÓMIC "A figueira de pelostortos"
feito polo CEIP Mallón
AGUS Y LOS MONSTRÚOS. JUNTOS EN CASA
domingo, 24 de maio de 2020
FAME DE PALABRAS
VIDEORRECOMENDACIONS LECTORAS
sábado, 23 de maio de 2020
LETRAS GALEGAS: O POEMA DE 1º DE PRIMARIA
martes, 19 de maio de 2020
RECUNCHO LECTOR: MARTES INCLUSIVO
A MELLOR SOPA DO MUNDO
sábado, 25 de abril de 2020
MES DO LIBRO REUTILIZANDO
Escoitade este conto especial do noso escritor Ramón Trigo, que deixamos aqui co permiso do Museo Marco da nosa cidade.
venres, 24 de abril de 2020
sábado, 11 de xaneiro de 2020
XOVES LECTORES NO PRIMEIRO TRIMESTRE (segunda parte)
"MONSTRUO ROSA". 6º de Primaria
"LAS CHICAS PUEDEN CON TODO". 5º de Primaria
"FRIDA KAHLO". 4º de Primaria
"O SEGREDO DE FLORA". 6º de Primaria
domingo, 8 de decembro de 2019
PDI: MALETAS VIAXEIRAS
MALETA DE INFANTIL
MALETA 1 PRIMARIA
MALETA 2 PRIMARIA
mércores, 27 de novembro de 2019
LEMBRANDO OUTUBRO...A FESTA DO SAMAÍN
Ademáis en Infantil fixeron obradoiros temáticos nos que os libros e as tradicións tiveron un peso importante. Eles nolo contan...
"Aínda que o Samain xa tinguiu literariamente a semana de celebración do Día das Bibliotecas, os máis pequenos do cole non quedaron satisfeitos. Nos obradoiros de ciclo adicados a esta festa cruzáronse, ademáis da temática do PDI “Dándolle unha volta ao planeta” (todo o mundo sabe que as momias vivintes viaxan ás nosas aulas dende Exipto), o mundo lector e o da ciencia. Un conto moi especial...”O rato Renato e a avóa cabaciña” traballando habilidades de pensamento, e mailos máxicos experimentos da Doctora Sonia foron as outras dúas sorpresas que agardaban os cativos de infantil nesta mañá de Samaín."
Podemos ver aquí tódalas fotos dos obradoiros

