Amosando publicacións coa etiqueta @voznatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta @voznatura. Amosar todas as publicacións

sábado, 1 de xuño de 2024

RETO DO MES DE MAIO #reciclamos

 Aínda estamos a rematar a presentación e faltan algunhas fotos das aulas pero xa vos podemos amosar o traballo reciclador e de ecoconciencia.

mércores, 24 de xaneiro de 2024

RETO#DIVULGAMOS BOSQUE. INFANTIL NA RADIO

 Preparando xa o Reto que traballamos no mes de Xaneiro comezamos a "divulgar" algunhas cousiñas que estamos aprendendo. Éste é un reto que imos ir completando nos vindeiros meses cando estean completos xa os traballiños sobre as árbores que estamos preparando en tódalas aulas e os materiais da exposición.

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos cóntannos na RadioCamilo algunhas cousas que están aprendendo sobre as árbores e os bosques. Que disfrutedes! 


domingo, 26 de novembro de 2023

PDI E #RETO INVESTIGA NO MES DA CIENCIA

 A posta en marcha, neste curso, das tarefas do noso PDI anual xúntase co Mes da Ciencia. Aproveitamos para amosa-los nosos traballiños tamén baixo o hastag Reto investiga.  As nosas liñas de traballo Monte vivo, Innova, Edusostibilidade, Emociónate e Voz natura están presentes este curso no desenvolvemento do Plambe e no Proxecto "Somos aire.Somos bosque. Ecososistemas no párroco" unha ollada científico-emocional á natureza e á nosa propia contorna.

domingo, 22 de outubro de 2023

EN INFANTIL, PROTEXEMO-LO NOSO

Os pequenos vamos con toda na protección da natureza e da nosa contorna. Durante todo o trimestre imos traballar para vivir e coñecer mellor o noso medio. No mes de outubro emociónamonos e aprendemos unha chea de cousas no noso patio-xardín-bosque, observando ademais o cambio de estación. Tamén celebramos as festas desta época pegadiños ós froitos da terra.

 Premede na imaxe para ver algunhas das cousas que fixemos.