Tanto lles gustou aos
mouchiños a nosa actuación no entroido, tanto a nosa preparación dos distintos
disfraces relacionados co Rio Miño que agora antes de que chegue a fin de
trimestre téñennos pedido axuda para que fagamos o que xa temos demostrado abondo que sabemos facer moi ben…que é pescudar para eles.
Esta é a carta que Colorín
mandou ás nosas clases.
Nos sobres agardábannos instruccións para levar a cabo un traballo documental sobre tres roteiros diferentes: un adicado á arte- "As idades da arte no Miño"-; outro adicado á natureza-"As paisaxes do río"- e un terceiro económico-turístico -"A economía do río"-. A cada aula tocoulle un tramo do río.
E abofé que agoriña mesmo
todo é un rebumbio de nenos, nenas e profes intentando facer as tarefas que nos deixou
o mellor posible.
Xa vos avisamos cando o mural estea rematado.!!
E que o río Miño ten moito e moito que explorar! Sorte nas vosas indagacións ;-)
ResponderEliminar