Amosando publicacións coa etiqueta dia da poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia da poesía. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de febreiro de 2024

SEMANA DA PAZ: PALABRA E POESÍA NO BOSQUE GALEGO

 As lecturas pola paz escollidas, a poesía e o desenvolvemento do noso PDI fundíronse para argalla-las actividades que durante a derradeira semana de xaneiro ocuparon as nosas aulas. 

A necesaria reflexión sobre a paz e a convivencia levounos a pensar sobre o valor das palabras e o noso empeño en que non as leve o vento e poidan facerse realidade coas nosas actitudes e relacións no día a día. A paz, que en moitas zonas do mundo estáse a perder a pasos axigantados, comeza sempre nas pequenas cousas. Ese é o noso granciño neste momento da infancia. Empezar a construir para manter a paz durante toda a vida.

 O conto Palabras con corazón e maila obra poética  Bicos e non Balas do noso autor galego Antonio García Teijeiro guiaron esta reflexión e inspiraron as palabras que todos nós escollemos e ilustramos para construir no mural da entrada o noso propio camiño de paz. O bosque de oliveiras, símbolo universal de paz, foi o contedor no que trazamos este camiño. Oliveiras e palabras que foron o noso traballo compartido, grandes e pequenos deixando a súa creatividade e as súas emocións no papel. Poderemos gozar e re-ler os nosos desexos  durante moito tempo.

Para rematar este tempo compartido xuntámonos o propio día 30 de xaneiro no patio para ler e escoitar as palabras do poeta, recitadas e berradas polos nosos compañeiros de 6º e 5º de primaria. 



xoves, 25 de febreiro de 2021

A SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Comezamos hoxe tamén a publicar os traballiños que sobre a autora están facendo nas aulas. Comezamos con 5 anos, 1º e 4º de Primaria, 4 anos e 3ºprimaria. Tedes a montaxe no blog fonte dos frades. Pasade por alí a ver os poemas traballados.

sábado, 23 de maio de 2020

domingo, 5 de maio de 2019

LEMBRANDO...DÍA DA POESÍA

A poesía ocupou o noso tempo durante todo o mes de marzo e parte de abril. Ademais da xa tradicional solta de poesías tódalas aulas recibiron maletas especiais para a hora de ler coas que poder achegarse intensamente a estas lecturas. Ademáis de facer propostas especiais arredor da linguaxe poética.
Na solta deste ano quixemos  encher tódolos espacios do cole con poemas como celebración deste día. Podían ser poemas copiados dos autores  en calquera das linguas que traballamos no cole; poemas de Rosalía; poemas inclusivos e relacionados coa natureza e a auga que lembren as outras datas que se celebran o 21 e 22 de Marzo ; e/ou poemas feitos polos propios nenos e nenas. 

Como contribución ao noso PDI animamos tamén as aulas  a procurar tamén poemas ou textos poéticos relacionados coa educación escolar. 









sábado, 4 de maio de 2019

domingo, 8 de abril de 2018

DIA DA POESÍA


O pasado 21 de Marzo celebrouse o día oficial da Poesía. Nós adicamos toda a semana a ir traballando a linguaxe poética, visitando o expositor colocado na biblioteca e consultando nas aulas outros libros de poemas tamen escollidos, copiando algúns dos versos de distintos autores que nos gustaron e atrevéndonos tamén algúns a crear as nosas poesías.




 Ao longo da semana foron aparecendo poemiñas pendurados aquí e alá, de xeito que pronto estivo o cole ben cheo. E dame no nariz que este mes do libro os nenos e nenas que non puideron chegar a tempo ainda nos van sorprender coas súas escollas e creacións. Bueno, iso se atopan algún recunchiño onde pendurar as súas cousiñas...!!



Ademáis puxemos a nosa ollada tamén sobre Martín Códax, o trovador de Vigo, non só a través do traballo correspondente a 5ª carpeta viaxeira (A fada e o dragón), senón tamén lendo e escoitando as versións musicais das súas cantigas e intentando emular a feitura de pergameos, como sucedeu na aula de segundo. O pergamiño Vindel estivo moi presente nas nosas pescudas, como tocaba.

Esto non acaba aquí porque dentro do noso proxecto temos un recunchiño reservado aos poetas de Vigo e no mes de Maio imos adicarnos tamén de xeito intensivo a Victoria Moreno, que tamén nos deixou os seus poemas.

Deixámosvos aquí algunhas poucas mostras da creatividade dos nosos nenos e nenas . Xa iremos pondo maís. Ollade!







domingo, 26 de marzo de 2017

DIA DA POESIA

Neste curso no que andamos ás voltas co Río Miño non podiamos deixar de facer tamén poesía con el. Daquela pensamos  en ocupar as nosos subidas e baixadas no cole coa lectura dun poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a estas augas interiores tan nosas, tanto que percorren media Galicia.!! Así xurdiron as "escaleiras poéticas". Arrancando no "mural dos mouchiños" comezamos a lectura co título do poema "Loubanza do Rio Miño" e o pechamos co nome dos seu autor. Pequenos e maiores contribuímos para ir enchendo banzo a banzo as escaleiras  grandes con estas palabras tan fermosas adicadas ao noso Río.
A cousa non quedou aí porque un ano mais o interior do cole encheuse de poesía (é que a primavera non acompaña para deixalas florecendo no xardín!) e foron moitos os nenos e nenas que puxeron o Miño na súa ollada poética.

Tamén como a poesía non entende de fronteiras linguisticas na aula de inglés animáronse a encher as outras escaleiras con versos nesa lingua. De que falan? Teredes que averigualo vós mesmos...e se non preguntádelle aos vosos fillos e fillas. A forza teñen que sabelo!

Os mouchiños queren invitarvos a outro  RETO LECTOR. Queren que leades máis poesía (non só de Rosalía) en calquera lingua. Poderíades recomendarnos un libro dalgún poeta ou poetisa e deixarnos uns versos ou un poema enteiro na pestana correspondente?
Animádevos!!!

















sábado, 25 de febreiro de 2017

MARATÓN DE ROSALÍA

Como acto central da Semana de Rosalía tiñamos previsto para o día 23 unha grande maratón de poemas da nosa escritora. Queriamos celebrar dun xeito especial o seu aniversario.
 Durante varios días tivemos  a oportunidade de visitar o recuncho de Rosalía na biblioteca ao tempo que ensaiabamos (ou memorizabamos os pequenos) os versos que nos ía tocar ler na maratón. Cando chegou o día estabamos moi preparados. Como o tempo acompañaba xuntámonos no patio e fomos  lendo e recitando os versos e poemas que nos pareceron mais ledos e sinxelos para nós e aqueles que tamén están adicados aos ríos, dende os mais pequeniños aos  maiores. Foi unha xornada festiva chea de palabras fermosas.





OBRADOIROS DE ROSALÍA EN INFANTIL

Os nenos de Infantil adicaron a semana á Rosalía. Falaron dela, aprenderon o poema que tiñan que recitar na maratón e xuntáronse nuns obradoiros nos que aprenderon cousiñas da súa vida, disfrutaron coas cancións de Uxía do álbum "Rosalía pequeniña" e fixeron unha carauta e un debuxo da autora.
Con todos eles enchemos un grande mural na entrada do cole.