mércores, 29 de decembro de 2021

APRENDENDO SOBRE O NADAL

 Para reforzar o traballado nesta fin de trimestre sobre a celebración na que estamos mergullados achegamos este resumo con algunhas cousiñas feitas por nós e outras curiosidades na nosa lingua propia.

venres, 24 de decembro de 2021

UNHAS NADALIÑAS QUE QUEDARON ATRÁS

 Estas preciosas nadaliñas feitas polos nenos e nenas de 5 anos tiñan que ir na presentación xeral de traballiños de Nadal. Quedaron perdidas na morea de actividades feitas!. Daquela, hoxe traémolas ata aquí. Disfrutade con estes cativos!




xoves, 23 de decembro de 2021

MÁIS MATES DE NADAL. 5 ANOS

 Na aula de 5 anos tamén traballaron as mates co contido de Nadal. Mirade que ben traballan!







O NOSO TRABALLO DO PDI NO 1º TRIMESTRE

Como saberedes, comezamos o curso coa nova da marcha dos nosos mouchiños da biblio a unha gran misión na ONU. No mes de setembro deixárannos unha mensaxe na aula virtual e encargáronnos axudarlles a preparar os seus substitutos.

Estiveron a ir e vir de Santo André a Nova York vixiando como levabamos adiante o traballo. Agora sabemos que marcharon definitivamente, satisfeitos cos progresos que imos facendo nas nosas pescudas (O QUE LEVAMOS FEITO). 

 Moupi e Tomasito, representantes da cultura grega e da Idade Media, xa están na biblio á espera dos seus colegas. Foron as aulas de 3º  e 2º de primaria as máis madrugadoras. As demais enseguidiña rematarán a caracterización que lles están a facer ós novos mouchiños e poderemos ver como ocupan o seu lugar na biblio e comezan a coordinar toda a actividade.

A ÁRBORE PERFECTA.PDI 21-22

 O PDI deste curso levounos a lle dar voltas á orixe das ciencias e das matemáticas e a pescudar naquelas ideas chave para o desenvolvemento científico e tecnolóxico da actualidade. Daquela, matinamos como a matemática podería relacionarse co nadal, ata que demos coa fórmula que convertería a nosa árbore na árbore de Nadal perfecta. O número π, unha das constantes matemáticas máis importantes, calculado por Arquímedes, forma parte desta fórmula deseñada por matemáticos da universidade de Sheffield no Reino Unido. Nós non podiamos comprender estes cálculos, pero usamos a calculadora que inclúe a súa pescuda para introducir os nosos datos e procurar o número exacto dos adornos que tiñamos que lle pór. Este foi o resultado.




XEOMETRÍA E NADAL.TRABALLANDO NAS AULAS

 Aproveitamos o PDI deste ano centrado nas ciencias e na matemática para traballar o Nadal dende o punto de vista da ciencia e da xeometría. O obradoiro STEM aloxado na aula virtual achegounos moita información interesante e amosounos os camiños que relacionan Nadal e ciencia. Tamén nos ofreceu unha chea de ideas para traballar nas aulas: tarxetas, adornos, traballo lóxico de pensamento, creatividade...  todo co espírito do Nadal.



mércores, 22 de decembro de 2021

FACENDO A CARTA PARA OS REIS

 Non podiamos marchar sen deixar na caixa de correos as nosas cartas para os Reis Magos. Como xa non poden vir e enviar os seus paxes ao cole, por mor da pandemia, quixeron lembrarnos que non esquecerán pasar polas nosas casas, e fixérono deixando unha mensaxe en audio. Os de infantil quixeron axudarlles preparando entre todos a caixa de correos. Mentres, tódolos nenos e nenas das distintas aulas traballaron arreo escribindo as súas cartas.

CONTACONTOS NO NADAL

 Despedimos o trimestre lendo cos amigos. Os nenos de 5º e 6º de primaria deron unha volta por tódalas aulas agasallándonos con lecturas de Nadal. Homiño de mazapán, Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis, Elmer e o Nadal, Antón e o Apalpador... foron os escollidos nesta nova rolda de contacontos animados polos maiores do cole.




luns, 20 de decembro de 2021

VIDEO DE FELICITACIÓN DE NADAL

 Tódalas aulas quixemos neste nadal felicitar aos nosos compañeiros e ás nosas familias para facer máis curta esta distancia que non mantén separados un curso máis.




domingo, 19 de decembro de 2021

BOLETÍN DE SUXESTIÓNS LECTORAS NO NADAL

 

LEMBRANDO ALGUNHA COUSIÑA QUE QUEDOU ATRÁS

 Imos mirar un pouquechiño cara atrás porque con tanta actividade no cole sempre nos queda algo  por amosar.  Nunha entrada anterior déramosvos conta das propostas que tiñamos para "celebrar" o Día da non violencia. O pasado día 25 de novembro o noso cole encheuse con moitas desas actividades variadas avanzando na reflexión sobre a violencia de xénero. Os contos "Eu matarei monstros por ti" e "Que medo che gustaría vencer? ....,e algúns outros que lemos, foron o apoio para este labor. Os dous contos estiveron Non fomos quen daquela de publicar o que estivemos a facer nas aulas; pero agora antes de que vexades o que estamos facendo para o nadal non queremos que vos perdades as cousas anteriores. Mirar ao noso interior para empatizar mellor coas mulleres e familias que sofren foi o obxectivo de todas esta reflexión de grandes e pequenos.






sábado, 4 de decembro de 2021

OS DE 5 TRABALLAN TAMÉN O CAZO DE LORENZO

 No día da discapacidade os de 5 anos traballaron El cazo de Lorenzo para  achegarse mellor ao mundo das diferencias. Dende o coñecemento e a empatía somos quen de integrar mellor e ser inclusivos.










venres, 3 de decembro de 2021

3 de decembro DÍA DA DISCAPACIDADE

 Celebramos hoxe o día da discapacidade, aínda que tódolos días teriamos de ter presente que a diversidade é riqueza e que todos somos capaces.

Na nosa biblioteca temos moitos libros que nos achegan a este planeta de diferencias. Somos diferentes no xeito de pensar, sentir, crear, vivir; pero todos estamos baixo o mesmo paraugas e merecemos o mesmo amor e respecto.

BOLOBO é a lectura escollida este curso para mergullarnos no especial que nos fai a cadaquen o noso ser e a nosa realidade. Podemos coller este estupendo conto na biblioteca e tamén podemos escoitalo na voz deste cativo do CEIP DE CAIÓN que o gravou para todos os que estamos á outra beira da pantalla. Poñémolo aquí agardando que non lle importe compartilo connosco.



domingo, 21 de novembro de 2021

OUTRO 25 DE NOVEMBRO, UN ANO MÁIS

 Un ano máis temos que adicar un día a poñer de relevo a violencia de xénero, a violencia que sofren as mulleres, grandes e nenas, nas súas casas e na súa vida. Esta violencia que tamén toca a moitos homes...nenos-fillos, pais, avós, tíos, amigos, novas parellas das mulleres que a sofren. Daquela é un problema de todos e de todas, de toda a sociedade.

No cole imos profundar no medo. Queremos miralo á cara. Queremos coñecer os nosos propios medos para poder entender mellor o medo que tingue a vida de moitas mulleres. Seica coñecemos algunha delas! A partir dese "entender", queremos ir un paso máis alá e empatizar con elas, sendo quen de ofrecerlles, ademais do noso agarimo, dos nosos bicos e apertas, un apoio emocional reflectido nunha frase que as axude a levantar e  a loitar, nós canda elas; que nos axude a todos a loitar contra iso que produce o medo, contra esa actitude e violencia dalgúns "homes" intolerantes, para poder arredalo da nosa sociedade dunha vez para sempre.

Como ademais sempre temos que vencellar o noso traballo aos nosos proxectos de centro, neste curso tan científico recollemos o pensamento de Marie Curie que figura tamén no conto de Violeta Monreal

"Deixamos de  ter medo das cousas que aprendemos a entender"

E, non si? Mergullados no mundo das matemáticas imos botar a imaxinación a voar e darlle forma xeométrica ós nosos medos.

A actividade máis importante nas aulas vai ser falar, poñer en palabras todo o que sentimos. Dúas lecturas vannos axudar neste debate:

QUE MEDO QUERERÍAS VENCER? da autora Violeta Monreal e EU MATAREI MONSTROS POR TI de Santi Balmes.



Poida que as actividades e ideas que se tiren do debate non sexan quen de reflectir toda a riqueza de emocións e solucións que de certo conseguiremos expresar. O importante será sempre a semente que irá medrando nos nosos corazóns e a vontade firme de parar esta tolemia. Xa vos contaremos!

Ao tempo imos tenderlle a man á musica con estas cancións que falan da empatía e do moito que podemos facer uns por outros.


A FESTA DO MAGOSTO

 O pasado venres 12 de novembro celebramos o primeiro magosto dende a pandemia. Foi unha celebración que tivo que axustarse a tódalas medidas dos protocolos sanitarios, pero na que xa gozamos un pouquiño xuntos (pero non revoltos). Durante moitos días nas aulas fomos vendo todo o importante desta tradición tan nosa e preparando todo o que precisabamos. Pegadiños a data propia do magosto, o San Martiño, saimos ao patio a xogar e probar xogos tradicionais e démonos un gran papatoria de castañas. Estaban riquísimas e desfrutamos a eito! 

  VIDEO COMPLETO NESTE ENLACE

martes, 16 de novembro de 2021

NOVO BODEGÓN

 Vimos de recibir unha nova aportación ao nosa actividade de bodegóns de outono. Xosé de 4 anos envía estas estupendas fotos de matemáticas e elementos de outono. Parabéns!




domingo, 14 de novembro de 2021

A FESTA DO SAMAÍN E OS CONTACONTOS DE MEDO

 O pasado 29 de outubro celebramos a festa do Samaín, aínda que levabamos un tempo traballando nas aulas e preparando nas casas as  cabazas que fixestes e tanto nos gustaron. Pescudamos nesta tradición, fixemos manualidades e arte, baleiramos cabazas, disfrazámonos, cantamos e bailamos con monstros e esqueletes e ata tivemos uns cntacontos moi especiais cos amigos de 5º e 6º que foron visitando as aulas e achegándonos estupendas historias!! Pasámolo xenial...e aos que non vedes foi porque non tiveron tempo de facer fotos con tanta troula pantasmal!!

PODCAST EN GALEGO

Os nenos de 3º de primaria son os primeiros e probar un novo xeito de traballar a linguaxe oral...gravar os nosos propios podcast. As demáis aulas enseguidiña imos probar tamén. Sabemos que eles pasárono xenial contando as súas anécdotas e ademais aprenderon moito. Mirade e escoitade

luns, 1 de novembro de 2021

NOVA FOTO DE BODEGÓNS

 Xián de 1º de primaria envía tamén a súa foto do bodegón matemático de outono. Formas e cantidades xuntanse nesta composición. Parabéns!

Mentres, seguimos engadindo as achegas recibidas na presentación virtual de cabazas. Ollade no lateral tódalas novidades!


 


sábado, 30 de outubro de 2021

EXPOVIRTUAL SAMAÍN FORMAS ENCANTADAS

 Aínda que seguen chegando cabazas porque estes días son os propios de facelas e iremos incorporando todas segundo nos cheguen, imos amosándovos xa as que temos montadas na nosa expo virtual de cabazas...moiiiii matemáticaaaaas!!! Non esquezades seguir pasándovos dentro duns días para ver as novas incorporacións. 


mércores, 27 de outubro de 2021

...E MÁIS FOTOS DE FORMAS NA NATUREZA E BODEGÓNS MATEMÁTICOS

 Aldara de 5 anos atrévese tamén coa composición dos bodegóns matemáticos e procurou formas a carón da súa casa.






PINGA A PINGA SEGUIMOS DANDO ENTRADA A MÁIS CABAZAS MATEMÁTICAS!

Incorpóranse á nosa colección de cabazas estas que chegaron onte e hoxe...

ALDARA de 5 anos envía estas cabazas con cara MATEMÁTICA...Que medo!





IAGO de 4 anos amósanos a súa "cabeza"








martes, 26 de outubro de 2021

PRIMEIROS BODEGÓNS DO OUTONO MATEMÁTICO

 Leila de 5 anos é a primeira que nos envía fotos para a exposición de botegóns matemáticos. Mirade que ben o fixo.

No seu primeiro bodegón Leila fixo unha composición utilizando cousas das que só tivese unha unidade,  dúas unidades, 3 unidades,... e así ata 8.

Na segunda foto  buscou cabazas no  campo e como vedes atopou moitas.

E na terceira  fixo formas... triángulos unha línea curva, un círculo, uns rectángulos unha línea recta,...

Fenomenal traballo! Parabéns!








SEGUIMOS A RECIBIR CABAZAS!

 O traballo coas cabaciñas continúa. Xa estamos montando a exposición virtual que poderedes ver dende a fin de semana, metidos de cheo xa na celebración do Samaín nas casas e nas rúas. Mentres seguimos publicando as magníficas cabazas que nos ides enviando.

Estas son as que chegaron onte e hoxe!

HÉCTOR DE 1º DE PRIMARIA envía esta cabaza dinosaurio de CATRO pinchos que ademais está NO MEDIO, entre dúas velas.



GRETA da aula de 4 anos. ANTES E DESPOIS Cantas cabazas vedes? UNHA, DÚAS?.


RAÚL  da aula de 5 anos primeiro fixo un boceto do que lle gustaría e despois púxose mans á obra. Saíulle unha bruxa-cabaza cun sombreiro moi matemático.










luns, 25 de outubro de 2021

MOITO TRABALLO CABACEIRO NA FIN DE SEMANA!

 Un mundo de cabazas matemáticas agromaron esta fin de semana nos bosques galegos. Ide tomando nota porque a festa das cabazas non fixo máis que comezar!

XÍAN de 1º de primaria pintou  CATRO cabazas, mesma forma pero distintas, e animouse a lle deseñar a casa ás personaxes de medo!. Que ben!



ZOE de 1º de  primaria preparou a súa cabaza cun mundo de números! Que medo dan esas babas!


LUCÍA de 5º de primaria fixo unha composición coas súas CATRO cabazas moi ben acompañadas de 1,2,3,..moitos amigos!. Estupendo!



Estas cabazas matemáticas, grande e pequena, con eses números cheos de luz dan arrepío. Alana de 3 anos e Sienna de 2º de primaria xa están preparadas para a festa!



domingo, 24 de outubro de 2021

24 de outubro DIA DAS BIBLIOTECAS

 Cada 24 de outubro celebramos o Día das bibliotecas, día no que poñemos oficialmente en marcha tódalas actividades. Tradicionalmente, a partir desta data  iniciabamos os obradoiros na hora do recreo e programabamos unha morea de actividades compartidas dentro dos seus muros. O certo é que, coas limitacións do protocolo covid, hai moitas cousas que non podemos facer do xeito cotián; pero, aínda así, levamos xa un tempiño a voltas coas lecturas e as pescudas. Daquela, de tódolos preparativos feitos xa comezan a agromar actividades e creacións. Tamén as familias están achegándonos as súas cabazas axudándonos a levar as distintas aprendizaxes, tamén a emocional e o sentimento de comunidade, fóra da escola.

Como sabedes, o lema das BE este curso é "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA" e arredor do mesmo, e do cartel oficial ilustrado po Pablo Otero "Peixe", temos artellado unha actividade de debate na busca das palabras axeitadas que definan esa voz e esas emocións que nos aportan os libros e a lectura.

Os cativos de 3º de primaria foron os primeiros en responder a esta chamada, aínda que sabemos que outras aulas están traballando con esta proposta. Deixamos aquí o traballo dos nenos e nenas de 3º


Por outra banda, as bibliotecas de aula xa comezaron a funcionar dende o primeiro día de curso coas lecturas da hora de ler e os programas de préstamo. Esta semana pasada empezaron a recibir mochilas e maletas temáticas coas lecturas do Día das escritoras e da tempada de Samaín. As propostas de traballo xa están presentes nas actividades das aulas e, enseguidiña, imos ir recollendo neste escaparate as súas produccións. Tamén se achegan aí ao galope as lecturas compartidas, as que organizamos nós e as que están a pedir os cativos e cativas dende as aulas porque todos queren ser lectores protagonistas!! Pouco a pouco iremos dando paso a todos eses anceios.

Neste curso xuntamos, coma sempre, a celebración deste día coa celebración do Día das escritoras e a Semana AMI (alfabetización mediática e informacional). Ademáis das propostas para coñecer máis a fondo ás nosas autoras Concha Blanco e Paula Carballeira, lanzamos xa as propostas de documentación para o despegue do PDI  "Pedra a pedra: unha ollada ás orixes da Ciencia" , que inclue a renovación das mascotas da biblio, agora que sabemos que teñen unha misión tan importante coma a que estaban a facer na nosa biblioteca.  

Todo isto e moito máis que se aveciña son mil e unha oportunidades de aprendizaxe e de goce de múltiples tipos de lectura. Así que imos desexar para todos Felices lecturas e felices pescudas neste curso que promete ser moi científico e moi creativo.

sábado, 23 de outubro de 2021

COMEZAN A CHEGAR AS PRIMEIRAS CABAZAS

 Enzo de 4 anos foi o primeiro en responder durante esta semana  á petición dos mouchiños e preparou unha arrepiante momia cuns ollos moi xeométricos.


Hoxe ampliamos a exposición coa cabaza enviada por Cloe, tamén da aula de 4 anos. Unha caveira que nos está a ollar cos seus ollos de variadas formas. 










luns, 18 de outubro de 2021

É TEMPO DE CABAZAS COMPARTIDAS!

Velaí ven o Samaín; as cabazas e as cousas de outono comezan a encher as nosas paisaxes. Un curso máis temos que pedirvos axuda nesta celebración. 

Tódolos anos a exposición de cabazas na entrada do cole é o punto de partida das nosas actividades. Este novo curso con pandemia gustaríanos que participasedes nunha exposición virtual na que compartades as vosas creacións coas cabazas con todos nós. O tema é “Formas encantadas”

O noso PDI deste curso xira arredor das matemáticas. A xeometría, coas súas formas, cores e tamaños, e mailo número, son protagonistas das actividades deste trimestre. Podedes facer as vosas cabazas en familia, como manda a tradición dos calacús do Samaín, dándolle forma matemática. Pero non esquezades que teñen que dar medo!!!. 

 Precisades algunha idea? Poden ser cabazas con distintas formas, pintadas con motivos matemáticos, podedes facer formas xuntando varias cabazas, podedes xogar coas cores ou xuntar cabazas de distintos tamaños. Tamén poderíades imaxinar que forma teñen as casas dos personaxes de medo e converter as cabazas na súa casa ou...calquera cousa que imaxinedes! 

Xa non dicimos máis nada! Botade a imaxinación en familia a voar e enviádenos unha foto da vosa cabaza (ou cabazas) ao correo de sempre, parrococamilo@gmail.com.  Podedes fotografiar só a cabaza ou aproveitar a disfrazarvos e sair todos os que queirades na foto. Trátase de recuperar as nosas tradicións e vivir en familia O Samaín. 
 Temos de prazo ata o 3 de novembro. Pero, se alguén precisa máis tempo, non pasa nada. Xa sabedes que sempre estamos dispostos a recibir as vosas creacións. 

 Abrimos tamén a terceira edición da mostra fotográfica “Bodegóns de outono”. Este curso, os que desfrutades coa fotografía, podedes compoñer “bodegóns matemáticos” ou procurar e fotografiar na rúa, no monte, na praia, elementos de outono ou da paisaxe nos que vexamos as matemáticas (formas, cantidades, cores, tamaños,...) Podedes envialos ao mesmo correo durante todo o trimestre. Iremos publicando todo nos blogs e participar con cantas fotografías desexedes. 

 Coma sempre, non queremos despedirnos sen dar a benvida ás familias dos nenos e nenas de 3 anos que xa forman parte da nosa comunidade. Participade sen medo en tódolos nosos proxectos. Entre todos construiremos unha comunidade de aprendizaxe viva e divertida!

MOITOS BICOS!!
OS MOUCHIÑOS DA BIBLIO

domingo, 17 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS 2021

 O luns 18 de Outubro celebramos o Día das esscritoras. Este curso e respondendo ao lema das BE dámoslle a palabra a dúas escritoras galegas, Concha Blanco e Paula Carballeira. Algúns dos seus libros farán unha viaxe polas nosas aulas durante varias semanas nunha mochiliña especial e protagonizarán as propostas de goce e traballo lector.

Ademáis algún deles teñen como ilustrador a Pablo Otero "Peixe" que é o autor do cartel oficial do lema das BE deste curso e que tedes no lateral do blog.
MOCHILA DO DÍA DAS ESCRITORAS 2021-22

PAULA CARBALLEIRA

-UN PORCO E UNHA VACA XA FAN ZOOLÓXICO

-VOLCÁN O CABALO SALVAXE DA ILLA DE SÁLVORA

-BRUXA E FAMILIA

-SMARA

-LO-IEPU-IEPU

- A CASA REDONDA

-MATEO

-BENXAMÍN O CACHALOTE QUE QUERÍA SER GOLFIÑO

-A TARTARUGA AMODOVOU

CONCHA BLANCO

-A CASA DE CARTÓN

-A AVENTURA DE CORES

-A BRUXIÑA DA SORTE

-CATUXA QUERE SABER

-CATUXA QUERE SABER MÁIS

-QUERIDO IVAN

Propostos para infantil 1º e 2º

A CASA REDONDA

MATEO

PACO (está na aula de 3 anos para solicitar)

A CASA DE CARTÓN

sábado, 9 de outubro de 2021

DE VOLTA COA CIENCIA!

 Neste curso  2021-22 imos levar adiante un proxecto de centro moi chantado na ciencia e na historia da ciencia. Enseguidiña falarémosvos del. Temos xa tódolos motores en marcha!. O 24 de outubro, Día das bibliotecas, arranca oficialmente a nosa andaina, aínda que nas aulas xa levamos uns días lendo e pescudando.

Para ir facendo boca, e aínda que no mes de novembro celebraremos o mes da ciencia en galego, non podemos deixar de achegarvos a esa data que ven de pasar. O 8 de outubro é o Día da Ciencia de Galicia. Este ano é unha muller a homenaxeada, Jimena Fernández de la Vega. A súa andaina científica teranos tamén ocupados na nosa celebración. Deixámosvos agora aquí uns apuntiños para comezar esta viaxe.





martes, 22 de xuño de 2021

GRADUACIÓN DE 6º

 Os nenos e nenas de 6º de Primaria celebraron a súa graduación. Fixerono sen público e seguindo as normas covid como corresponde a un curso tan especial. Aquí podedes velos!

NOVA EDICIÓN DO XORNAL DON MOUCHO

 Podedes ver aquí unha nova edición do noso Xornal Don Moucho. Este curso non o editamos en papel por mor das normas do protocolo covid.

XORNAL DON MOUCHO EDICIÓN 2021

domingo, 20 de xuño de 2021

BOLETÍN DE LECTURAS VERÁN 2021

 Publicamos as suxestións da nosa biblio para as lecturas de verán. Os mouchiños deséxanvos boas lecturas!

sábado, 19 de xuño de 2021

CONTACONTOS EN INFANTIL

 O pasado 11 de Xuño tivemos a sorte, primeira e única neste curso tan especial, de recibir ó contacontos Benxamín envíado pola editorial Anaya. Encantáronnos tódolos seus contiños e o seu xeito de contalos  e desfrutamos un mundo desta experiencia coa que xa non contabamos neste curso.

Deixámosvos aquí as fotos da sesión feita cos nenos e nenas de 4 anos. Os de 3 e os de 5  tamén estivemos,  noutros momentos e respectando as normas covid. Para Benxamín foi un auténtico maratón, pero soubo moi ben construir tres intres moi especiais con cadanseu grupiño de cativos. 


mércores, 9 de xuño de 2021

A CASA DA MOSCA CHOSCA

 Respondendo á petición da biblioteca de traballar arredor dos libros de Eva Mejuto, a aula de 3º escolleu "A casa da mosca chosca" para crear os seus propios relatos a partir do texto orixinal. Ademais neste momento do trimestre no que vimos de rematar as nosas pescudas sobre o mundo dos insectos, esta preciosa historia é moi acaída.

Vede o que inventaron estes estupendos escritores. Parabéns!

A CASA DA MOSCA CHOSCA. OS RELATOS DE 3º

ACTIVIDADES DE CIENCIA EN 4º DE PRIMARIA

Ciencia en movemento é a actividade que chegou esta semana ata as nosas aulas. Vemos aquí os nenos e nenas de 4º de primaria durante a sesión científica que desfrutaron.

CIENCIA EN 3º DE PRIMARIA

 Ao longo deste trimestre tamén os nenos e nenas de 3º probaron a facer os seus propios experimentos. Así nolo contan.

ADRIÁN

CLARA


ELOI
ALDARA
PAULA

EIDEN
MARA
MARIO
GAEL
LEO
MARIO
MARCOS
MARIO 

NOEL

PEDRO
XULIA
CLAUDIA
ZOA
ZOE

SABELA

xoves, 3 de xuño de 2021

xoves, 20 de maio de 2021

luns, 17 de maio de 2021