O pasado 12 de xuño, coincidindo co Día Mundial de Tecer en Público, os alumnos e alumnas do obradoiro de gancho celebrárono tecendo no patio do colexio durante o recreo.
Permitiulles compartir coa comunidade educativa unha afección que, ademais de fomentar a creatividade e a concentración, contribúe ao seu benestar emocional. A través do gancho, o alumnado aprende a relaxarse, desenvolver a paciencia e gozar dun espazo de calma e convivencia.
Esta experiencia deu visibilidade ao traballo realizado ao
longo do curso e aos beneficios do obradoiro de gancho para o desenvolvemento persoal
do noso alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario