Amosando publicacións coa etiqueta dia da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia da biblioteca. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de outubro de 2024

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas cunha BIBLIOXINCANA organizada polos mouchiños da nosa biblio.

Estes pequenos seres que habitan na nosa biblioteca escolar prepararon unha formación de usuarios a través de diferentes probas: atopar libros, devolver libros, xogo de memoria coas normas en pictogramas, uso dos marcadores, coñecer os expositores... En resumo... unhas desfiantes probas que o alumnado do Párroco foi superando con éxito grazas ao seu bo coñecemento da biblio!

Aínda que non queremos desvelar o contrasinal secreto... compartimos convosco algunhas fotos da xincana!


BIBLIOXINCANA DE INFANTIL:



BIBLIOXINCANA DE PRIMARIA:



martes, 8 de decembro de 2020

OS VÍDEOS DAS NORMAS...TODOS XUNTOS

    Malia que algunha aula aínda se poida incorporar un pouco máis tarde, deixamos aquí xa a presentación completa dos vídeos elaborados polos nenos e nenas do noso cole. Lembrámosvos que a principios de outubro, cando estabamos a preparar a celebración do Día das Bibliotecas, chegou ás nosas aulas unha carta dos mouchiños pedindo axuda. Lede o texto da carta... 

INFANTIL E PRIMEIRO



RESTO DE PRIMARIA
    O que segue é o noso traballo. Ademais, todo o cole coñece as normas que están publicadas na aula virtual e ponas en práctica. En nadiña habemos publicar tamén a presentación de tódolos monstros feitos polos nenos e nenas para axudaren os mouchiños. A mor parte deles están xa no CAIXÓN DE MONSTROS da aula virtual. O resto estámolos a subir... un pouquiño tarde, non si? É que o tempo non nos dá para máis; pero o importante é chegar e que todos eles xa están na biblio coidando dos mouchiños e de nós todos!

    Veña, se cae nas vosas mans un libro ou pasades pola biblio, non esquezades estes bos consellos que nos dan os cativos (e non tan cativos)!



xoves, 24 de outubro de 2019

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBIOTECAS ESCOLARES

Celebrámos hoxe oficialmente a festa das bibliotecas. A nosa, coma moitas outras, abriu as súas portas hai tempo facilitando  lecturas  e feitos lectores diversos. Camiñamos nesta primeira parte do curso ainda a modiño porque a organización das actividades previstas  vai tamén de vagariño. Queremos facelo todo a un tempo;  traballamos todos arreo, pero as horas non dan para máis. Ainda así, os préstamos de fondos xa están en marcha na biblio e nas aulas, o PDI iniciou tamén a súa andaina, os xoves de lectura botaron a andar e os recreos de lecer na biblio enchen dende principio de mes o tempo de moitos nenos e nenas. 
Esta semana  estamos metidos de cheo cos "obradoiros compartidos", xa tradicionais no noso centro. Cunha novidade, un xogo de enigmas que nos dá acceso ás tarefas de pescuda pedidas polos mouchiños e tamén a un pequeno agasallo lector para as aulas.
Ler xuntos e xogar xuntos, compartindo e colaborando na resolución de problemas e na execución dos mandados. Habilidades sociais, organización das respostas e toma de decisións... tamén é esta unha pequena contribución ó "viveiro de cidadanía" que vai ocupar este curso moito do noso tempo na escola.













domingo, 21 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Outra vez o 24 de Outubro... un ano máis estamos preparados para comezar un novo curso de lecturas e aprendizaxes diversas na biblio. De feito, xa hai unhas semanas que está aberta e funcionando; ainda que moitas das actividades arrancan oficialmente nesta semana de celebracións.

"Outubro é un libro" di o verso de  Gloria Fuertes no seu poema "Los meses". A poesía, a ollada poética sobre o noso entorno e as nosas vidas vai formar parte deste curso tamén,  respondendo ao lema das BE  "Poéticas diversas na biblioteca escolar". Aqui  deixámosvos o enlace da presentación do lema. Nos queremos mergullarnos ao longo do curso na propia poesía, nos poetas nosos e das outras latitudes, na poesía da ciencia, da matemática, das nosas propias lembranzas e de todo o que nos arrodea. Poesía lida e poesía creada e vivida. A ver como se nos da!.
Este curso o PDI, que pronto presentaremos ás familias, xira arredor de nós, da nosa propia historia como centro e como comunidade educativa, do acontecido nestes nosos e vosos últimos 50 anos. Algúns estivestes aí dende o principio...agardamos as vosas testemuñas. Outros veñen de chegar ao cole hai pouco mais dun mes, pero xa están formando parte da súa historia.

De momento comenzamos cunha intensa semana de lecturas compartidas arredor do medo, preparando xa a festa de Samaín, que xa nos agarda á volta deste recunchiño lector. Manterémosvos informados.!