Amosando publicacións coa etiqueta radio escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio escolar. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de febreiro de 2025

23 FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No Párroco facemos unha gran homenaxe á escritora Rosalía de Castro, por ser unha gran defensora da lingua e da cultura galega.

Este ano, ademais da coñecer a súa vida e obra, lemos e ilustramos algúns dos poemas de Cantares gallegos e Follas novas. Escollemos aqueles nos que aparecían os meteoros ou fenómenos atmosféricos por estar relacionados co noso traballo do PDI.

Aquí podedes ver a 3ºEP contando a vida da poeta en forma de poemas:



E aquí a parte da ilustración de versos, estrofas e poemas:





Podedes escoitar os poemas na aula virtual:


13 FEBREIRO - DÍA DA RADIO

Grandes e pequenos, todos gozamos de gravar na nosa RADIO!

Por aquí deixamos algúns momentos no noso estudo de gravación. Que estaremos argallando? Moi pronto estará dispoñible en Radio Camilo!






venres, 21 de xuño de 2024

INFORMATIVOS DO TEMPO EN 4º. LEMBRANDO O 1º TRIMESTRE

 No primeiro trimestre os nenos e nenas de 4º traballaron nos seus informativos. Procuraron a información do tempo e gravaron na radio os seus programas como auténticos profesionais.











Foi a súa primeira experiencia radiofónica. Agora xa teñen moitas tablas.

sábado, 1 de xuño de 2024

ANUNCIOS 4º

 Os nenos e e nenas de 4º prepararon os seus anuncios e graváronnos na radio dentro dos obradoiros de escrita do curso.

RADIO DIVULGACIÓN EN 5º E 6º

 A radio é unha ferramenta estupenda para comunicar as nosas aprendizaxes e falar dos temas que máis nos interesan, Se ademais deso os rapaces e rapazas maiores deseñan os programas, procuran as músicas e gravan, as aprendizaxes multiplícanse por mil.

Nas aulas de 5º e 6º varios grupos gravaron na radio contidos relacionados co noso PDI e coas súas afeccións musicais.

Lara e Candela, Paulo e Manu de 5º de primaria en lingua galega e Clara e Mara de 6º de primaria na aula de música agasállannos con estas "xoias". Ogallá sigan cultivando a arte de comunicar no medio radiofónico.

Podedes ver aquí os PODCAST SOBRE OS BOSQUES

MÚSICA POP

mércores, 24 de xaneiro de 2024

RETO#DIVULGAMOS BOSQUE. INFANTIL NA RADIO

 Preparando xa o Reto que traballamos no mes de Xaneiro comezamos a "divulgar" algunhas cousiñas que estamos aprendendo. Éste é un reto que imos ir completando nos vindeiros meses cando estean completos xa os traballiños sobre as árbores que estamos preparando en tódalas aulas e os materiais da exposición.

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos cóntannos na RadioCamilo algunhas cousas que están aprendendo sobre as árbores e os bosques. Que disfrutedes! 


venres, 15 de decembro de 2023

NOVO CONTO NA RADIO

 Eva de 4 anos achegouse á radio para contar o conto A casa da mosca chosca, un dos seus preferidos. Fíxoo de marabilla!


domingo, 19 de novembro de 2023

O CONTO DE ÁNGEL

 Ángel é o primeiro pequeno de 4 anos que nos vai agasallar coa lectura dun dos seus contos preferidos. Que ben! Así da gusto.

martes, 16 de maio de 2023

5 ANOS DA CONTA DO SEU TRABALLO

 Os nenos e nenas de 5 anos fixeron un estupendo proxecto arredor da alimentación abondando no contido que traballamos no noso PDI deste curso. Escoitade todo que saben!

 
 Aínda que estamos a rematar a presentación podedes ver un pouco como lles quedou o seu proxecto no papel. Tamén as actividades de arte que fixeron canda o traballo documental. aqui

luns, 15 de maio de 2023

RADIOCAMILO TAMÉN EN INGLÉS

 


Radio Camilo ten dende hai uns días un novo programa IN ENGLISH. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º gravaron xa dous episodios. O primeiro deles é unha entrevista á nosa auxiliar de conversa. No segundo episodio 6º de primaria grava unha historia de medo...Magic Castle. Xornalistas e escritores! Estamos xa facendo canteira.! Parabéns a todos!

5ºde Primaria





                                                                      6º de primaria






sábado, 13 de maio de 2023

BANDA DESEÑADA E PDI

 Os nenos e nenas de 5º fixeron no seu obradoiro de escrita uns textos de banda deseñada nos que trataba a temática dos problemas e  coidados do planeta. Ecoconciencia  noutro formato ao que estamos afeitos. A nosa profe de PT que os acompañou na gravación dos textos como podcast, montou un vídeo co traballo dos distintos grupos.



luns, 24 de abril de 2023

SUXESTIÓNS LECTORAS NA RADIO

Neste mes do libro continuan as suxestións lectoras, desta volta na radio. Os nenos e nenas de 4º de primaria veñen de gravar o seu primeiro programa de radio neste curso facéndonos chegar os libros que lles parecen interesantes para todos. Grazas polas vosas suxestións! É tempo de escoitalas e poñernos a ler.






xoves, 20 de abril de 2023

SEGUEN AS EXPERIENCIAS NA RADIO


 Mentres os pequenos de 3 e 4 anos seguen traballando a expresión oral e a comunicación nos dous programas que teñen abertos na nosa radio escolar, os compañeiros de quinto están a preparar o seu propio programa. A lectura dos cómics que realizaron na clase de lingua sobre os problemas do planeta é o contido das súas lerias radiofónicas. En canto rematen de montar poderemos escoitalo.









domingo, 2 de abril de 2023

A RADIO PONSE EN MARCHA

 


Dende o mes de marzo temos en funcionamento a nosa nova radio escolar. As profes estamos xa a formarnos nas aplicacións educativas desta tecnoloxía de sempre e os peques máis atrevidos están facendo as súas primeiras probas. Non é a primeira vez que a radio aterriza nos nosos proxectos do cole. O pasado curso, e cunha radio de prestado, pequenos e maiores gravaron diversos podcast dentro do PDI "Pedra a pedra. As orixes da Ciencia". 

Gustounos tanto a experiencia que decidimos ter unha radio para nós. Témola xa instalada dentro dun dos espazos do 1º andar. Vimos de crear unha canle propia en IVOOX,   Canal radio camilo 22-23, dende o que lanzaremos ó aire as cousas que  nos apetece contarvos e diversas experiencias de aprendizaxe que vaiamos levando adiante. Queremos que cada neno e nena conte as súas cousas e todos sexan autónomos no seu manexo e no deseño dos programas. Paso a paso, o primeiro é aprender a falar nun micrófono... e nesa andaina estamos xa mergullados!. Podedes escoitar xa os primeiros faladoiros dos pequenos de 3 e 4 anos.