domingo, 26 de marzo de 2017

DIA DA POESIA

Neste curso no que andamos ás voltas co Río Miño non podiamos deixar de facer tamén poesía con el. Daquela pensamos  en ocupar as nosos subidas e baixadas no cole coa lectura dun poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a estas augas interiores tan nosas, tanto que percorren media Galicia.!! Así xurdiron as "escaleiras poéticas". Arrancando no "mural dos mouchiños" comezamos a lectura co título do poema "Loubanza do Rio Miño" e o pechamos co nome dos seu autor. Pequenos e maiores contribuímos para ir enchendo banzo a banzo as escaleiras  grandes con estas palabras tan fermosas adicadas ao noso Río.
A cousa non quedou aí porque un ano mais o interior do cole encheuse de poesía (é que a primavera non acompaña para deixalas florecendo no xardín!) e foron moitos os nenos e nenas que puxeron o Miño na súa ollada poética.

Tamén como a poesía non entende de fronteiras linguisticas na aula de inglés animáronse a encher as outras escaleiras con versos nesa lingua. De que falan? Teredes que averigualo vós mesmos...e se non preguntádelle aos vosos fillos e fillas. A forza teñen que sabelo!

Os mouchiños queren invitarvos a outro  RETO LECTOR. Queren que leades máis poesía (non só de Rosalía) en calquera lingua. Poderíades recomendarnos un libro dalgún poeta ou poetisa e deixarnos uns versos ou un poema enteiro na pestana correspondente?
Animádevos!!!

















1 comentario:

  1. Quedou o colexio fermosísimo! Noraboa ós pequenos poetas!! Agora, imos a polo reto ;-)

    ResponderEliminar