O 5 de xuño, o venres, é o Día do Medio Ambiente. O cambio climático era un dos contidos presentes no desenvolvemento do noso PDI. Non podemos achegarnos ao expositor de lecturas que teríamos aínda instalado na biblio, pero si podemos acceder a distintas lecturas dixitais que nos acheguen a problemática do clima. Xa estabamos a dar pequenos pasiños nas aulas cos nosos compromisos e o traballo por un patio limpo. A partir de agora, e sen perdermos de vista a nosa propia saúde e a da comunidade, temos que volver pensar tamén na saúde do planeta.
Deixamos, no canto de libros, publicacións e revistas arredor da ecoloxía e diversidade.
Non esquezades que a todo o que lemos temos que pasarlle sempre o filtro da ciencia, o único xeito de levarmos a cabo unha análise crítica.
conciencia eco
national geographic
muyinteresante
gciencia