Amosando publicacións coa etiqueta hora de ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta hora de ler. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de marzo de 2026

Hora de lectura... en INGLÉS!



A nosa auxiliar de lingua inglesa participou na hora de lectura de terceiro contándonos esta fermosa historia sobre as emocións.







 

venres, 20 de febreiro de 2026

DINOSAURIOS NAS HORAS DE LER

Nesta hora de ler respírase… Prehistoria! 🦖📚

O alumnado de 3º está a mergullarse no fascinante mundo dos dinosauros durante a hora de ler. A curiosidade foi o punto de partida e para dar resposta ás súas inquedanzas, recorreron a libros de información cheos de datos sorprendentes e a álbums ilustrados moi chulos, con imaxes espectaculares que nos axudan a imaxinar como era a vida hai millóns de anos. 

A hora de ler converteuse así nun espazo de descubrimento, onde a lectura serve para investigar, aprender e compartir achados cos compañeiros e compañeiras.

Porque na biblioteca non só lemos historias… tamén exploramos, indagamos e deixamos voar a curiosidade. 🦕✨




martes, 10 de febreiro de 2026

Recunchos lectores creativos!

Aquí deixamos unhas fotos do uso que lle damos aos nosos recunchos de lectura dos corredores: pequenos espazos pensados para parar, sentar e mergullarse nun bo libro. 

Nelas podedes ver como gozamos da lectura con comodidade e tranquilidade, convertendo calquera momento nun tempo para imaxinar e descubrir historias. 


Tamén se aprecia a decoración creada no obradoiro de fios da nosa biblioteca creativa, que enche estes recunchos de cor e personalidade. 




luns, 17 de novembro de 2025

Hora de ler informativa: libros de non ficción

Todos os días temos o noso tempo de lectura, 3º está moi enganchando aos libros de NON FICCIÓN e aproveita este ratiño para aprender cousas de diversos eidos.

No Párroco gozamos moito mergullándonos en historias e contos, pero tamén desfrutamos lendo para aprender.

Aquí deixamos unhas fotiños que nos sacaron cando estabamos moi concentrados!


martes, 21 de outubro de 2025

RECUNCHOS DE LECTURA - MALETA "PONTE A ZERO"


O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-, a través a súa biblioteca e Centro de Documentación Ambiental, compartiu con nós a MALETA "PONTE A ZERO" onde atopamos unha colección de libros informativos e literarios sobre a temática dos residuos, a compostaxe e os hortos escolares.

Lecturas moi importantes que nos achegan á problemática do lixo e á reutilización dos residuos, fomentando actitudes cívicas e de corresponsabilidade co medio natural e social.

Esas lecturas encheron os nosos recunchos de lectura durante o mes de setembro e parte de outubro!



NOVOS ESPAZOS DA BIBLIO - RECUNCHOS DE LECTURA!

 O curso pasado, todos colaboramos nun obradoiro de biblioteca creativa para crear uns recunchos de vimbio.

Este curso démoslle un novo uso, transformando parte dos corredores en RECUNCHOS DE LECTURA. 

Agora, ademais da nosa superbiblio, temos nos corredores un espazo que nos acolle cando lemos.

Así resultaro!


 

xoves, 9 de maio de 2024

OS DE PRIMEIRO REPITEN

 Non hai unha sen dúas e os de primeiro quixeron repetir este mércores a experiencia lectora no noso precioso patio. E non será a última!

Eva, Xián e Noite  escolleron Coidado coa charca para facer gozar da lectura un día máis ós nenos e nenas desta aula.











LOS CAMINOS DE LOS ÁRBOLES

 Eva e Lara de 4º de primaria leron este martes pasado para os nenos e nenas de  3º e 4º o conto Los caminos de los árboles, unha historia de superación cun neno, un avó e as árbores como protagonistas. Unha nova xornada de lectura aproveitando o bo tempo.












luns, 6 de maio de 2024

DESPOIS DA CHUVIA, SEGUIMOS CONTANDO

 Un novo día de lecturas no xardín. Desta volta, Silvia de 4º leu o conto aos nenos e nenas de 1º de primaria. Ra de tres ollos foi o conto elixido. Ela medra nun lugar contaminado. Quere mudar as cousas... Seguimos a voltas coa ecoconciencia.









xoves, 2 de maio de 2024

NOVO CONTO NO XARDÍN

 A babosa enamorada foi o conto escollido por Esther, Julia G e Julia C, de 3º de primaria, para lles contar ós cativos de 3 e 5 anos. Coñecemos as aventuras desta simpática lesma e os seus amigos. Ao rematar a lectura organizaron un pequeno xogo  co que todos gozaron moito.











xoves, 25 de abril de 2024

CONTOS DE HORTA E XARDÍN...DE NOVO

 Hoxe foron Zoe e Carla de 3º de primaria as lectoras xardineiras que achegaron ós peques de 3 e 5 anos a historia do Carballo con botas. Ao remate quixeron ver se estiveran atentos. Falaron cos peques, Preguntáronlle cousiñas do conto  e falaron cos peques sobre como coidaban eles o planeta e como habería que facer para evitar os lumes. Estaban atentas ao reto do mes #concienciamos.