luns, 28 de decembro de 2020

POÑÉNDONOS AO DIA: UNHA HISTORIA DE NON VIOLENCIA

No pasado día 25 de novembro, unha das propostas lectoras da biblioteca, e "libro do mes" ademais, foi a lectura do conto "Historia dos Bonobos con lentes". Moitas aulas leron o libro e os outros que viaxaban na maleta especial adicada a non violencia contra a muller. Pero os nenos e nenas da aula de 2º de primaria foron moito máis aló e montaron unha divertida historia co texto. Aquí volo deixamos para que desfrutedes. 



E se queredes saber máis sobre estes curiosos primates visitade estas páxinas AQUI E AQUI

1 comentario:

  1. Moi ben!!Parabéns aos cativos polo traballo feito con ilusión e a profe pola adicación!!!

    ResponderEliminar