Amosando publicacións coa etiqueta PDI Dándolle unha volta ao planeta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI Dándolle unha volta ao planeta. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de xuño de 2020

PEQUENOS XESTOS EN 3º DE PRIMARIA

    Durante toda a corentena, moitas aulas contribuíron a coidar do planeta utlizando para os seus traballiños todo o refugallo que tiñamos pola casa. Aí atras, os Mouchiños pedíronnos que lles contásemos que estabamos a facer pola nosa amiga a Terra. Algúns compañeiros de 3º de primaria enviaron os seus debuxos. Graciñas, sodes uns campións!




luns, 8 de xuño de 2020

8 DE XUÑO. DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

    Os océanos eran un dos puntos nos que centrabamos a atención no noso PDI inacabado por mor da pandemia. No vindeiro curso imos retomar algúns dos seus obxectivos e contidos. Entrementres, non queremos deixar pasar este día sen vos recomendar unha lectura moi acaída. Velaquí a presentación.

PLASTICUS MARITIMUS

venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO. DÍA DO MEDIO AMBIENTE

    Malia que no curso seguiremos a voltas co planeta e o seu coidado, queremos rematar esta parte do noso PDI cunha nova iniciativa. Cómpre reflexionar se intentamos, a pesar das circunstancias, seguir cos nosos propósitos arredor deste coidado. Se non o fixemos, podemos escribir tamén un propósito para as vacacións que xa están aí. Animádevos e contádenos que fixestes (ou que ides facer)!



martes, 2 de xuño de 2020

MARTES INCLUSIVO


                                                    O CAZO DE LORENZO

HORA DE LER: SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

    O 5 de xuño, o venres, é o Día do Medio Ambiente. O cambio climático era un dos contidos presentes no desenvolvemento do noso PDI. Non podemos achegarnos ao expositor de lecturas que teríamos aínda instalado na biblio, pero si podemos acceder a distintas lecturas dixitais que nos acheguen a problemática do clima. Xa estabamos a dar pequenos pasiños nas aulas cos nosos compromisos e o traballo por un patio limpo. A partir de agora, e sen perdermos de vista a nosa propia saúde e a da comunidade, temos que volver pensar tamén na saúde do planeta.
 
    Deixamos, no canto de libros, publicacións e revistas arredor da ecoloxía e diversidade.

    Non esquezades que a todo o que lemos temos que pasarlle sempre o filtro da ciencia, o único xeito de levarmos a cabo unha análise crítica.

conciencia eco

national geographic

muyinteresante

gciencia

OS CONTOS DE BEA

Como xa vos contamos nalgunha ocasión a profe Bea leva un obradoiro de contos en 1º que, agora de xeito virtual, céntrase na viaxe escrita por Xulio Verne "A volta ao mundo en 8o días" Estos son os vídeos dos contos que ainda non publicáramos. Desfrutade

CONTOS DO MUNDO:

COMENZANDO A VIAXE



ITALIA:
ROSA CARAMELO



EXIPTO: SO, O DROMEDARIO SO





RUSIA: LOBOFEROZ





INDIA : MAYA E O IOGA




CHINA: A RAÍÑA TROTAMUNDOS NA CHINA

venres, 29 de maio de 2020

O ANDEL DO METEOARTE

Completando unha das exposicións que tiñamos nos andeis da biblio presentámosvos esta expo virtual arredor da pintura das "estacións".

martes, 19 de maio de 2020

RECUNCHO LECTOR: MARTES INCLUSIVO

Iniciamos no derradeiro mes de clase un novo apartado LECTURAS INCLUSIVAS. Comezamos cunha lectura relacionada co noso PDI  e o Proxecta Aliméntate ben.

A MELLOR SOPA DO MUNDO

luns, 4 de maio de 2020

venres, 24 de abril de 2020

LENDO CON ARTE

Temos unha proposta lúdica para estes días nos que seguimos confinados...Animádevos!. Pode ser divertido. Podedes participar na modalidade de cadros con libros ou en cadros libres.

mércores, 4 de marzo de 2020

"PEQUENOS" GRANDES XESTOS

Para non esquecer que os pequenos xestos nos que estamos traballando son importantes, agora que imos embarcarnos no proxecto "RESIDUOS CERO NO PATIO"... escoitade con atención este relato promovido polo BBVA. Tamén é posible da-la volta ao mundo loitando polo planeta.



sábado, 1 de febreiro de 2020

UN EXPERIMENTO NOVO: ESCRITURA CON LIMÓN. 4º DE PRIMARIA

Escribir con limón foi o experimento que Xián e Diana de 4º de Primaria nos amosaron nesta nova sesión científica. Tiñan todo preparado para que non tivesemos que agardar polo resultado e poidesemos ver como se desenvolvía todo o proceso.
Velaiquí téde-lo video.



venres, 31 de xaneiro de 2020

OS MOUCHIÑOS VOLVEN PEDIR AXUDA ÁS FAMILIAS

Os mouchiños unha vez máis volven poñerse en contacto coas familias presentando as actividades nas que poden participar. Esta é a carta que chegou ás casas.



DIA DA PAZ. LECTURAS POLO CLIMA


Achegábase o Día da Paz cando os nosos mouchiños da biblio puxéronnos unhas pequenas “tarefas” que nos servisen para celebrar o Día da Paz. Tiñamos que reflexionar sobre a súa relación co clima e decidir que íamos facer nós dende as aulas para mudar as condicións de vida no mundo.
As "caixas do planeta", que formaron parte da árbore sostible de Nadal, apareceron de volta nas aulas cunha carta  na que os nosos amigos animábannos a seguir investigando e a elaborar unhas propostas concretas que habiamos de avaliar dentro dun tempo. Non é cousa só de decir o que imos  facer; senón de actuar xa.




Un expositor na entrada, o exemplo de persoas que pasaron á acción (como Greta Thumberg, Wangari Mathai  e outros  moitos), o libro recomendado do mes, un expositor sobre os océanos e os bosques e moitos recursos aloxados neste blog ían guiarnos neste camiño de pensamento e acción no que todos tiñamos que implicarnos. Prensa, divulgación e lecturas xuntaron as súas forzas literarias para presentarnos un abano de problemas e solucións. Traballar a axenda 2030 é o noso xeito de afondar no lema das bibliotecas escolares neste curso.









Por fin despois de dúas semanas de traballo, o Día da Paz fomos quen de pasar pola entrada a colocar nunhas arbores especiais os nosos propósitos. Nalgúns casos foron tantos que tiveron que quedar na aula. Non pasa nada o importante é que van ser os gromos dun cambio de mentalidade respecto da nosa vida no planeta. Queremos un planeta limpio e para todos e sabemos que acadalo é posible.





















sábado, 11 de xaneiro de 2020

NOVO EXPERIMENTO NO SEGUNDO TRIMESTRE. 4º DE PRIMARIA

Cargamos as pilas nas vacacións e xa estamos de volta para seguir dándolle un pulo á ciencia. Desta volta tres científicas de 4º de Primaria ensínannos a facer unha lámpada de lava. Paula Pena, Candela Brel e Candela Rey amosáronnos os pasos para conseguir este efecto tan vistoso que nos permite ver moi ben o comportamento da mestura de auga e aceite e das burbullas neste medio líquido. Coma sempre un público entregado.



venres, 27 de decembro de 2019

AS ESPECIAS NO NADAL

Outra parte importante do  noso PDI ("Dándolle a volta ao planeta") vai ser a cociña, en especial, as especias que foron as verdadeiras inspiradoras desta viaxe que acabou sendo a primeira circunnavegación do planeta. 
No século XVI, o mesmiño ca hoxe, había homes (e tamén mulleres, aínda que menos visibles) que soñaban con grandes fazañas e aproveitaban que moitos reis e gobernantes tiñan intereses económicos e persoais poderosos, para poder levar adiante os seus soños. Magallanes foi un destes homes que soubo buscar un rei a quen venderlle ben o seu propósito. As especias foron o motor que permitiu pór en marcha esta viaxe e, como imos descubrir nos vindeiros meses, ó rei español non lle saiu nada mal a súa aposta.

De volta ao cole...
as especias da Volta ao Mundo foron protagonistas xa neste nadal na aula de 6º A onde uns bós cociñeiros acompañados dunha estupenda chef prepararon (e  fixeron moito traballo matemático e lingüístico) unhas riquísimas galletas de cristal de nadal feitas con estes ingredientes tan "especiais". 

Mestura de canela, xenxibre, cardamomo,cravo, anís, noz moscada e  pementa negra




 Nas pestanas de arriba estamos pondo xa información que nós imos precisar neste vindeiro trimestre e que vós podedes tamén ler entre mazapán e mazapán.

Así que non nos perdades de vista porque neste trimestre imos falar (e cociñar) moito deste tema. 
Podedes ver as fotos da actividade neste vencello

ACTIVIDADE GALLETAS DE NADAL