Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de xuño de 2021

CIENCIA EN 3º DE PRIMARIA

 Ao longo deste trimestre tamén os nenos e nenas de 3º probaron a facer os seus propios experimentos. Así nolo contan.

ADRIÁN

CLARA


ELOI
ALDARA
PAULA

EIDEN
MARA
MARIO
GAEL
LEO
MARIO
MARCOS
MARIO 

NOEL

PEDRO
XULIA
CLAUDIA
ZOA
ZOE

SABELA

domingo, 9 de maio de 2021

ADA E NOA LEN A ROALD DAHL

 Ada (2º de primaria), Noa (4º de primaria) e o seu pai len as bruxas de  Roald Dahl traducido por Xela Arias, autora homenaxeada nesta vindeira celebración do Día das Letras Galegas. 



LUCAS E XABI E MAILO CONTO "SABES QUE É?

 Lucas (5 anos) le un conto para Xabi  (3 anos) e para todos nós. É un estupendo conto no que hai que ir adiviñando que cousa vemos. Escoitade a Lucas... Fenomenal! 





venres, 7 de maio de 2021

HÉCTOR E A SÚA FAMILIA LEN UN CONTO

 Héctor da aula de 5 anos e a súa nai lénnos un estupendo conto de dinosaurios. Os dinosaurios gustan moito nesa clase...non é de extrañar. Estupenda lectura, familia!. 


Tamén nos suxiren unha manchea de libros! Graciñas!




venres, 30 de abril de 2021

ISAAC E A SÚA FAMILIA CÓNTANNOS UN CONTO

A familia de Isaac é a primeira que nos le un conto. Que ben! Estamos encantados de poder desfrutar de novas lecturas cuns lectores tan especiais!

UN HOMBRE DE COLOR





 

Graciñas por  esta estupenda lectura!

PRIMEIRO VIDEO DAS FAMILIAS CON RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Isaac, de 3 anos, recoméndanos dúas lecturas estupendas. Escoitade o que nos dí.



CARTA DOS MOUCHIÑOS INVITANDO ÁS FAMILIAS A COMPARTIR LECTURAS E OUTRAS COUSIÑAS

 Moitas familias recibiron xa a carta na que os mouchiños invítanvos a compartir actividades neste derradeiro trimestre do curso. Hai moitas e moi variadas. Podemos escoller participar nunha ou en varias, así que animádevos! 




xoves, 29 de abril de 2021

ESCOLLA DE RELATOS TRADUCIDOS POR XELA ARIAS

 Esta é unha escolla de relatos dos moitos que contén o libro de Gianni Rodari "Contos ao teléfono" traducido pola nosa protagonista das Letras Galegas Xela Arias. As familias podedes escoller o que queirades e lérnolo, tal como explicamos na carta da biblioteca. Na entrada anterior téde-las ideas para "cadros con libros"

PODEDES ACCEDER ÓS RELATOS AQUÍ

IDEAS DE CADROS CON LIBROS PARA AS ACTIVIDADES EN FAMILIA

 

sábado, 13 de febreiro de 2021

MÁIS BICOS COMPARTIDOS

 Desta volta é a familia de Iago (3 anos) e Adriana (6º de primaria)  quen nos comparte un precioso vídeo da  súa vida con restriccións. Coma eles, dicimos que ogallá este lío de non poder estar coa familia e amigos e facer cousas xuntos pronto sexa "historia". Ánimos!



MÁIS COUSIÑAS PARA O ÁLBUM DA PANDEMIA

 Alba de 4º de primaria, Andrés de 4 anos e a súa familia envíannos unhas cousiñas moi especiais... o arco da vella da súa xanela no confinamento, o vídeo do primeiro día que sairon aplaudir ós sanitarios e un acubillo moi especial para eles naqueles días pechados na casa, a cabaña que lle fixo o seu pai na que lían contos  e xogaban xuntos. Que experiencias tan boas para un tempo no que todos sufrimos moito!







VEDE O VÍDEO DO  SEU PRIMEIRO APLAUSO neste enlace

domingo, 7 de febreiro de 2021

COMEZAMOS A RECIBIR COUSIÑAS DAS CASAS: LEMBRANZAS E BICOS

 Julia de 5 anos envíanos o seu arco da vella da corentena. Un bo xeito de comezar a compoñer o ALBUM DA PANDEMIA. Veña animádevos a enviarnos esas cousiñas que nos axudaron a pasar esta experiencia.!


Tamén dentro do outro proxecto que vos propoñiamos Mencía e Lucas de 3 e 4 anos envían un forte bico a súa familia da aldea



venres, 8 de xaneiro de 2021

MÁIS ÁRBORES

 Outras tres familias achégannos cousiñas sobre ás árbores de Nadal na súa casa e na cidade. Xa están incorporadas á presentación. Daquela deixámola aquí de novo.

Graciñas! E benvidos e benvidas a todos de volta ao cole. Neste novo ano seguiremos a traballar canda vós e a darvos conta de tódalas nosas (e vosas) cousas.



Carla de 5 anos envíanos tamén un vídeo amosándonos a árbore máis marchosa que atopou. Para marchosa, ela!

sábado, 2 de xaneiro de 2021

NOVAS ÁRBORES NO PLANETA PÁRROCO

 Coa chegada do Aninovo, dúas familias máis animáronse a enviarnos as súas árbores e outras que atoparon nas súas "viaxes" de Nadal. Incorporámolas á presentación como prometemos. Aquí as tedes!


luns, 28 de decembro de 2020

O PLANETA DAS ÁRBORES DO PÁRROCO

 Foron moitas as familias que, ao tempo que nos enviaban o vídeo de felicitación de Nadal, enviaron tamén a foto da súa arbore familiar. Con todas elas fixemos esta presentación do noso propio planeta das árbores de Nadal, lembrando o autor Gianni Rodari e a un dos seus fantásticos contos. Coma sempre, a presentación non está pechada e podedes seguir enviando as vosas árbores (e outras que vos gusten) e irémolas incorporando á presentación. E se nelas podemos ver tamén a antiguos alumnos e familias, mellor que mellor. O planeta Párroco segue a ser moi grande, aínda que xa non esteamos de 50 aniversario!


luns, 21 de decembro de 2020

OUTRA FELICITACIÓN

    Zoe, de 3º de primaria, e mais Martín, de 5 anos, malia que non chegaron a tempo de entrar no vídeo, tamén quixeron felicitarnos a todos! 

Bo Nadal, Zoe! Bo Nadal, Martín e Elsa!




domingo, 20 de decembro de 2020

VIDEOFELICITACIÓN DE NADAL 2020

    Benqueridas familias, compartimos convosco o vídeo que montamos con tódalas vosas felicitacións. Que pasedes un bo Nadal, por forza distinto dos Nadais que temos na memoria.  Grazas a todos e todas por repartirdes con todos un cachiño da vosa ledicia e os vosos desexos. A nosa aventura continúa no vindeiro ano 2021. Felicidades!


    A música que soa no vídeo é da autoría de Mamá Cabra (do seu disco Estación Nadal). Esquecemos poñelo no vídeo, pero queremos agradecer a este grupo o seu labor na música galega e en galego.

xoves, 26 de novembro de 2020

BODEGÓNS DE OUTONO. 1ª PARTE

    Tamén comezamos a recibir fotos de estupendos bodegóns e monstros para a segunda edición da Mostra de Fotografía en Familia. Imos deixando aquí as vosas fotos para, despois de que remate (contra a fin do trimestre) o prazo para as enviardes, xuntármolas nunha presentación. Graciñas aos que estades a participar! 

  • ADRIANA E MAIS IAGO (6º DE PRIMARIA E 3 ANOS) preséntannos AS FROITAS E FROITOS DE OUTONO.




  • JULIÁN E MAIS ABRIL (2º DE PRIMARIA E 4 ANOS) tráennos FROITOS ACABADOS DE APAÑAR NUN DÍA DE OUTONO MOI ESPECIAL.


  • MARA (3º DE PRIMARIA) fixo unhas estupendas CREACIÓNS CON ELEMENTOS NATURAIS DE OUTONO.



  • XABI (4º DE PRIMARIA) obséquianos cunha caixa de vizosas DELICIAS DE OUTONO.



domingo, 1 de novembro de 2020

AS NOSAS CABAZAS NO SAMAÍN

    En resposta á petición dos mouchiños da biblio, moitas familias do centro están a nos achegar as cabazas que fixeron para esta celebración. Este ano non poden lucir no corredor, pero expoñémolas igual no noso corredor virtual. Asomádevos e desfrutade do traballo compartido dende as casas! E os que aínda non mandastes a foto, estade tranquilos. Conforme vaiamos recibindo as vosas cabazas, iremos incorporándoas nesta presentación. Poñédea a pantalla completa para verdes ben tódolos detalles!

    Graciñas a todos e todas.