Amosando publicacións coa etiqueta proxecta b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecta b>. Amosar todas as publicacións
venres, 29 de novembro de 2019
NOVOS BODEGÓNS
Outra familia achegounos unhas estupendas fotos de bodegóns de outono. Noraboa. Un traballo impresionante o que estades todos a facer. Animádevos... o outono non rematou; e xa ven aí o inverno con novas propostas fotográfícas.
mércores, 27 de novembro de 2019
LEMBRANDO OUTUBRO...A FESTA DO SAMAÍN
Contos no recuncho da biblio, obradoiro lector compartido, exposición familiar de cabazas, traballiños temáticos nas aulas, baleirado de cabazas, información deste feito cultural noso por parte do equipo de biblioteca e dinamización, disfraces, ...así despachamos a vivencia do Samaín no cole nestes días de outubro tan especiais.
Ademáis en Infantil fixeron obradoiros temáticos nos que os libros e as tradicións tiveron un peso importante. Eles nolo contan...
"Aínda que o Samain xa tinguiu literariamente a semana de celebración do Día das Bibliotecas, os máis pequenos do cole non quedaron satisfeitos. Nos obradoiros de ciclo adicados a esta festa cruzáronse, ademáis da temática do PDI “Dándolle unha volta ao planeta” (todo o mundo sabe que as momias vivintes viaxan ás nosas aulas dende Exipto), o mundo lector e o da ciencia. Un conto moi especial...”O rato Renato e a avóa cabaciña” traballando habilidades de pensamento, e mailos máxicos experimentos da Doctora Sonia foron as outras dúas sorpresas que agardaban os cativos de infantil nesta mañá de Samaín."
Podemos ver aquí tódalas fotos dos obradoiros

domingo, 3 de novembro de 2019
PRIMEIROS BODEGÓNS
Estas son as primeiras creacións que nos enviastes para a exposición "O noso Outono". Sodes uns artistas! Noraboa! Pouquiño a pouco iremos ensinándovos as que non vaian chegando. Lembrade que podedes enviárnolas durante toda a estación.
mércores, 4 de xuño de 2014
REMATANDO PROXECTOS
Avanza o mes de Xuño e imos rematando pouco a pouco cos nosos proxectos deste curso.
O plan proxecta ( recollido na pestana superior) que se ven desevolvendo pararelo ó noso PDI os cultivos ven de rematar cunha busca do tesouro que ademais de divertida puxo en xogo tódolos coñecementos adquiridos na investigación documental e vivenciados nas distintas actividades feitas na clase de educación física. Rematou con moito "movemento" e cun mural- resumo con tódolos contidos traballados e cuxo coñecemento nos axudará no coidado da nosa saúde.

Rematamos tamén o Proxecto documental Integrado "Os cultivos tradicionais de Galicia" elaborado para poñer o noso granciño de area ao Ano internacional da agricultura familiar coa publicación do noso libro SEMENTANDO SEMENTANDO que quere ser unha pequena enciclopedia feita polos nosos cativos de 3 anos ata 6º de primaria arredor de 10 cultivos tradicionais de Galicia. 10 cultivos que, ademais de formar parte da dieta galaica están fondamente arraigados na nosa cultura. Nel amosámosvos todo o que temos investigado e aprendido sobre eles.
Ao mesmo tempo o punto final poñémolo cunha gran horta familiar elaborada con distintos materiais plásticos e de xeito colaborativo entre tódolos cursos. Ainda está en proceso de montaxe pero invitámosvos a vela e desfrutar coas nosas produccións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)