Amosando publicacións coa etiqueta pdi 20-21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pdi 20-21. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de xuño de 2021

A CASA DA MOSCA CHOSCA

 Respondendo á petición da biblioteca de traballar arredor dos libros de Eva Mejuto, a aula de 3º escolleu "A casa da mosca chosca" para crear os seus propios relatos a partir do texto orixinal. Ademais neste momento do trimestre no que vimos de rematar as nosas pescudas sobre o mundo dos insectos, esta preciosa historia é moi acaída.

Vede o que inventaron estes estupendos escritores. Parabéns!

A CASA DA MOSCA CHOSCA. OS RELATOS DE 3º

ACTIVIDADES DE CIENCIA EN 4º DE PRIMARIA

Ciencia en movemento é a actividade que chegou esta semana ata as nosas aulas. Vemos aquí os nenos e nenas de 4º de primaria durante a sesión científica que desfrutaron.

CIENCIA EN 3º DE PRIMARIA

 Ao longo deste trimestre tamén os nenos e nenas de 3º probaron a facer os seus propios experimentos. Así nolo contan.

ADRIÁN

CLARA


ELOI
ALDARA
PAULA

EIDEN
MARA
MARIO
GAEL
LEO
MARIO
MARCOS
MARIO 

NOEL

PEDRO
XULIA
CLAUDIA
ZOA
ZOE

SABELA

xoves, 20 de maio de 2021

venres, 14 de maio de 2021

RECEITA DE NÉSPERA

 

 Ada de 2º de Primaria envía dende casa unha receita con nésperas, a froita que lles tocou traballar no PDI.




mércores, 28 de abril de 2021

MARCALIBROS FROITEIROS TAMÉN EN 3º

 Os nenos e nenas de 3º andan a pescudar sobre os limóns e daquela aproveitaron esta froita para facer os seus marcalibros.




luns, 26 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO EN 4º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 4º de Primaria fixeron un estupendo marcapáxinas en forma de mandarina, froita na que teñen que pescudar nas súas tarefas do PDI.


mércores, 21 de abril de 2021

AS FROITAS COMEZAN A DESFILAR

 Mergullados xa no desenvolvemento da segunda parte do PDI, no que nos achegamos ás cores de Asia a través das froitas que viñeron daquelas terras, recibimos o primeiro traballo. 1º de primaria pescudou sobre a pera e compuxo a 1º folla do "libro das froitas do mundo" que imos elaborar. Participaron tamén na actividade de papiroflexia.





venres, 16 de abril de 2021

MÁIS MULLERES CIENTÍFICAS

 Publicamos algunhas cousiñas que quedaron atrás no seu momento. 

Estes datos sobre diferentes mulleres foron recollidos polos nenos e nenas de 1º de primaria









O ciclo de infantil publicou xa hai tempo o seu traballo sobre as mulleres científicas que podedes ver neste enlace

Os  de 3 anos fixeron en pequenos grupiños os traballiños que aquí vedes.









domingo, 14 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

 Esta semana e coincindindo coa celebración do Día da Muller desenvolveuse a Semana da prensa. Unha semana diferente por mor da pandemia porque os nosos corredores non puideron estar ateigados de xornais diferentes onde atopar e analizar información interesante. Aínda así os xornais estiveron, e van  estar ata a fin do trimestre, presentes nas aulas na súa modalidade dixital. A prensa é un vehículo de información importante que non debemos descoidar. Recoller e analizar información de diferentes medios e de diversas fontes é unha boa arma contra a desinformación e no presente intre contra a infodemia que arrodea a pandemia da covid-19.

Os nenos de 1º coñeceron a través dela a unha importante muller nas pescudas científicas que sostiveron o desenvolvemento das vacinas. Eles, que na súa parte do PDI tamén estudaron as vacinas, tiveron así outro punto de vista interesante do tema.




sábado, 13 de marzo de 2021

PESCUDANDO NAS MULLERES E A CIENCIA: 4 e 5 anos

 Para visibilizar o traballo arredor do tema imos comezar falando da particular ollada dos pequenos das clases de infantil.

 Os nenos de 4 pescudando no mundo dos "laboratorios"  achegaronse á Marie Curie. Coñecérona lendo o conto  que forma parte da nosa maleta viaxeira de mulleres




Despois de falar moito dela e xuntar tódolos datos precisos fixeron estes traballiños sobre ela.









 Os de 5 pescudaron nas cousas que lles podían aportar dúas científicas importantes á súa loita contra os mocos e o coronavirus dentro do seu proxecto pirata. Tratábase da astrónoma Hipatia de Alejandría e a viróloga Margarita Salas. Un luxo de axudantes na súa misión!

Investigaron como eran os seus traballos de astrónoma e viróloga e que precisaban para facelo ben. A palabra astrónoma éralles descoñecida e moito máis viróloga. Despois de reflexionar, enseguidiña relacionaron os astrónomos coas estrelas e lembraron que nos barcos é moi importante coñecer o ceo para  poder orientarse. Só faltaba averiguar que instrumentos usaba un astrónomo nos tempos de Hipatia... Unha olladiña a internet e listo... O astrolabio! 



Para averiguar cousiñas sobre Margarita Salas tíñano  máis dicifil. 
-Que será unha viróloga?. Nin idea! O único que tiñan claro era que debía estudar algo porque a súa profesión remataba en ...ÓLOGA. En troques de pescudar nos libros ou en internet decidiron poñerse en contacto con ela e preguntarlle directamente cal era o seu traballo e como podía axudar no barco.







A presentación dos debuxos completa porémola en "Follas de Moreira"

Pescudando nos xornais van seguir investigando no uso do microscopio e no labor doutra Margarita importante. Margarita del Val. Xa vos amosarán as fichas que farán coa información. 

MULLERES IMPORTANTES

 2º de Primaria decidiu matinar sobre as mulleres importantes na nosa vida. Son as que non saen nos libros nin nos xornais, pero están aí levándonos da man no noso medre como persoas. Isto foi o que eles debuxaron.











8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

 Neste día tan especial andamos todos as voltas co noso "caderno de científicas" co que queremos facer unha escolma dalgunhas das mulleres destacadas na historia da ciencia, en xeral, e da mediciña e bioloxía en particular. Son mulleres de onte e de hoxe. Mulleres que puxeron os alicerces e mulleres que hoxe seguen o seu ronsel.

Esta é tamén a nosa homenaxe a todas aquelas mulleres que apoiaron e apoian os coidados e a investigación nesta pandemia. Todas elas forman parte de equipos de colaboración de homes e mulleres nos que quixeron - e queremos- ser partícipes, ao mesmo nivel e dando o protagonismo "ós e as" que o teñen; sen esquecer a ninguén polo seu xénero. Aínda que hoxe traiamos aquí só ás mulleres...

Nós estamos a facer o noso traballo nas aulas. Vós se queredes podedes tamén entretervos e informarvos coñecendo estas mulleres especiais. Son só unha pequena parte das moitas que traballan nos laboratorios e das moitas heroínas anónimas dos hospitais e os ambulatorios.

A tódalas que hoxendía pescudan e actúan contra o coronavirus todo o noso agradecemento

CIENCIA E MULLERES

MARGARITA SALAS                                                      VIRÓLOGA

MARÍA BLASCO                                                              VIRÓLOGA

ÁFRICA GONZÁLEZ                                                       INMUNÓLOGA

ALICIA ESTEVEZ TORANZO (GAL)                            MICROBIÓLOGA

MARISOL SOENGAS GONZALEZ (GAL)                    MICROBIÓLOGA

VANESA VALDEIGLESIAS GARCÍA (gal)                    BIÓLOGA

ISABEL ZENDAL (GAL)                                                  ENFERMEIRA      

MARGARITA DEL VAL                                                  VIRÓLOGA

LORENA SÁNCHEZ-FELIPE                                          INVESTIGADORA    VACINAS

ISABEL SOLA                                                                   INVESTIGADORA    VACINAS

ANA FERNÁNDEZ SESMA                                            VIRÓLOGA

NURIA OLIVER                                                                ENXEÑÉIRA DE DATOS

NEREA IRIGOYEN                                                          VIRÓLOGA

PILAR MARCO                                                                 FARMÁCÓLOGA NANOTECNÓLOGA

MARÍA RODRÍGUEZ                                                       BIÓLOGA COMPUTACIONAL

CAROLINA VIDAL                                                           MÉDICA

MONTSERRAT BÁRCENA                                              INVESTIGADORA COVID

ROSA MENÉNDEZ                                                         PRESIDENTA CSIC                                           

SARA BERTRÁN DE LIS                                                  INVESTIGADORA COVID

ROCÍO SILLERAS                                                              INVESTIGADORA COVID

Nas seguintes entradas iremos dándovos conta das nosas pescudas e traballos.


MÁIS TRABALLOS DE ROSALÍA

 É a quenda dos nenos de 3 anos. Eles achegáronse á figura de Rosalía e pintaron o seu retrato.







Tamén os de 3º de primaria amósannos máis de preto as flores poéticas que fixeron.








2º de primaria ideou novas portadas para o libro de Rosalía "Cantares Galegos"