martes, 2 de xuño de 2020

HORA DE LER: SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

    O 5 de xuño, o venres, é o Día do Medio Ambiente. O cambio climático era un dos contidos presentes no desenvolvemento do noso PDI. Non podemos achegarnos ao expositor de lecturas que teríamos aínda instalado na biblio, pero si podemos acceder a distintas lecturas dixitais que nos acheguen a problemática do clima. Xa estabamos a dar pequenos pasiños nas aulas cos nosos compromisos e o traballo por un patio limpo. A partir de agora, e sen perdermos de vista a nosa propia saúde e a da comunidade, temos que volver pensar tamén na saúde do planeta.
 
    Deixamos, no canto de libros, publicacións e revistas arredor da ecoloxía e diversidade.

    Non esquezades que a todo o que lemos temos que pasarlle sempre o filtro da ciencia, o único xeito de levarmos a cabo unha análise crítica.

conciencia eco

national geographic

muyinteresante

gciencia

2 comentarios:

  1. Moito que facer ainda e moito que celebrar neste Día do Medio Ambiente! Sempre concienciados de que 'non hai plan(et)B' Unha mágoa non poder celebralo como pensabades... Seguro que tiñades preparadas unhas ideas fabulosas!

    ResponderEliminar
  2. Sí, e máis neste tema que era un dos protagonistas do noso PDI. Quedou case todo parado con esta situación, pero en Setembro volveremos con toda a forza que nos deixen. Como sempre digo, botábamoste moito de menos!

    ResponderEliminar