Os nenos e nenas de 1º de Primaria fixeron este vídeo recitando un poema de Rosalía de Castro. "Negra sombra"
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas2019 b>. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2020
mércores, 19 de xuño de 2019
TEATRO E CANCIÓNS
Hoxe, xa rematando o curso tivemos o privilexio de desfrutar co grupo "Migallas", que se achegou ata o noso cole para axudarnos a poñer un estupendo punto e final á nosa celebración de aniversario por este curso.
O patrimonio cultural desfilou nas súas cancións axudándonos a coñecer e entender moitos costumes e usos que xa van quedando un pouquiño lonxanos para nós. Foi tamén un guiño os contidos que encheron as aulas nestas Letras Galegas que deixamos atrás. Pero sobre todo foi un goce velos e escoitalos, e cantar e baillar canda eles.

sábado, 15 de xuño de 2019
ROTEIROS POLO PATRIMONIO DE SANTO ANDRÉ
Hai algún tempo os mouchiños pedíronlles ás familias unha nova tarefa...patexar os montes e os camiños de Santo André de Comesaña para localizar elementos do patrimonio natural e cultural do noso entorno. Querían conseguir que as familias tamén fosen quen de ollar o noso cole con outro punto de vista e ademáis celebrar o autor das Letras Galegas, Antón Fraguas, facendo o traballo que el tamén fixo.
Non foron moitas as familias que responderon as súas peticións, pero sí moi enriquecedores os traballos que nos mandaron. Tamén é certo que nesta primavera o tempo non acompañou.
Deixámosvos aquí os murais que temos polo de agora.

luns, 3 de xuño de 2019
TEATRO LUNÁTICO NO FESTIVAL
O festival sempre é un bo momento para que as aulas dos maiores nos agasallen a todos, alumnos e familias, co seu bo facer no teatro. Este ano non ia ser menos e enseguidiña puxéronse mans á obra para representar dous contiños.
A que sabe a lúa e Paco foron os elexidos, dous contos nos que a lúa é protagonista; igual que o é este ano no que como todos sabedes tamén está de aniversario.
O primeiro foi desfrutar do teatro de sombras. Foron os nenos e nenas de 6º os encargados de mover os fíos da historia de "A que sabe a lúa".
Despois chegou a quenda dos nenos e nenas de 5ºA quen contaron o conto "Paco" coa técnica de teatro negro. Fixérono moi ben todos e nós gozamos moito coas súas historias.

luns, 20 de maio de 2019
TEATRO EN GALEGO NO MES DAS LETRAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)