Amosando publicacións coa etiqueta planlector17-18. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta planlector17-18. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de xullo de 2018

LEMBRANDO: OS OLLOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre quedounos por vos ensinar o traballo dos murais- edificios que xirou en torno ao barquiño, ao polbo-Verne e a escultura da Fada e o Dragón. Aquí  deixámosvos as fotos do traballo nas aulas que tamén están no blogue especial do PDI que enseguidiña aparecera enlazado na columna esquerda deste blog.

OS OLLOS DO BARQUIÑO






OS OLLOS DO POLBO







OS OLLOS DA FADA E O DRAGÓN



LEMBRANDO O SEGUNDO TRIMESTRE: OS BOLECHAS E AS MASCOTAS

Durante todo o curso os nenos e nenas de 4º A puxeron a súa ollada nun refuxio de Vigo adicado ao rescate de mascotas, dándonos a coñecer a chea de animaliños abandonados e susceptibles de adopción e animándonosao coidado responsable das nosas mascotas.
Dentro das actividades literarias que acompañaron este proxecto, estivo a lectura conxunta que lle fixeron os nenos de  5 anos no mes dos libros, aproveitando que viñan amosarnos as súas recomendacións lectoras para o proxecto "En abril libros mil. Préstamo entre familias". A quela mañá agasalláronnos con esta interesante lectura "Sultan non ten microchip" dos nosos amigos Os bolechas.









Agora que xa non estamos no cole podemos desfrutar tamén da mesma  de xeito on line. Deixamos aquí a conto e os recursos que Pepe Carreiro autor dos libros preparou na súa páxina web.

sábado, 23 de xuño de 2018

OS REDEIROS E OS CABALOS PECHAN O PDI NAS AULAS

Os dous derradeiros cartofoles do proxecto chegaron ás aulas no mes de maio coa encarga de telos rematadiños a principios do mes de xuño; xa o tempo metía présa. E así foi, tódalas aulas chegaron puntuais á cita. E no noso mural da entrada xa locen tamén os traballos plásticos correspondentes. Desta vez tocoulle facer os redeiros os nenos de 3º e os cabalos os pequenos de 3 anos.






OS OLLOS DOS REDEIROS

O antigo edificio da Peineta serviu de base o noso traballo. A creación literaria tocoulle aos de 6º.















OS OLLOS DOS CABALOS

A  muralla do monte do castro da acubillo os traballiñosdos cabalos. A creación literaria tocoulle os nenos e nenas de 4º A que fixeron un concurso e elixiron o relato que lles gustaba para o mural. Os outros relatos estiveron expostos na corcheira do corredor.



















VISITAS DE AUTORES: PAULA CARBALLEIRA

Paula Carballeira foi a terceira escritora que visitou o noso cole dentro das visitas de autores programadas. ·3º e 4º puideron ler e desfrutar con ela e así nolo contaron no outro blog de Fonte dos frades. Bruxa e familia foi o libro escollido para ler nas aulas que todos os que pasamos por alí puidemos levar adicado pola escritora.


Todos los libros del autor Paula Carballeira

venres, 22 de xuño de 2018

TEATRO NEGRO NO FESTIVAL

Tamén no festival tivera lugar unha representación teatral exclusiva para as familias  coa técnica do Teatro Negro. Os nenos de 6º de Primaria representaron a obra LICA de Beatriz Fraga.. 

euseino.org | Libros e anotacións sobre literatura e filosofía

Uns días despois os nenos e nenas de todo o cole puidemos tamén desfrutar da posta en escea, na que tivemos a sorte de coñecer a autora do libro .
Un maravilloso e atrainte conto e unha estupenda representación.


TEATRO LETRAS GALEGAS: A FESTA NO FAIADO E ACTUACIÓN DE 4º A

Despois dun luns adicado ao Kamishibai, a cita o martes era no ximnasio. Os actores de 2º de Primaria e 4ºA precisaban  máis sitio para a súa actuación.
Primeiro foi a quenda  dos nenos e nenas de 2º. Representaron A festa no faiado de María Victoria Moreno.



Despois foi a quenda de 4º A cunha simpática obra desenvolvida nunha consulta. Esta obra xa fora representada no festival de primaria o pasado 1 de xuño. Daquela os pequenos de infantil e 1º e 2º de primaria non a puideran desfrutar. Menos mal que fixeron este pase para eles!

RETOMAMOS O RELATO DAS ACTIVIDADES

Chegados case á fin do camiño non nos queda máis que dar un chouto no tempo dende a nosa última entrada no mes de abril e deixar para dentro duns días as entradas nas que vos contemos como se desenvolveu o trimestre e todas esas cousiñas que fomos facendo e que non puidemos contarvos no seu momento por falta de tempo. 
Daquela pedímosvos paciencia; dentro de nada ides ter un relato completo de toda a nosa actividade, ademáis de ter activo o blog especial do PDI que estamos a preparar.
Agora imos concentrarnos nestes últimos días nos que xa non nos quedaba máis que desfrutar das lecturas...e así o fixemos.


Dende case principio de curso comezou a rolar polas aulas un libro viaxeiro en homenaxe a Xulio Verne. Daquela estabámonos preparando para celebrar o ano Verne. Xa lle deramos o nome dunha das súas novelas a un dos proxectos dirixidos ás familias 7 semanas en Vigo” (en troques de 5 semanas en globo) e co libro A volta ao mundo en 80 contos lembramos o seu A volta ao mundo en 80 días.
a volta ao mundo en 80 contos-saviour pirotta-9788496893252




Tódalas aulas desfrutaron da súa lectura e unhas poucas atrevidas traballaron no reto dos mouchiños: contar  os contos en  outros formatos.
1º de primaria ilustrou e fixo seus os textos do conto  "Nansi e os plátanos" , unha historia de Xamaica.



e 4º fixo un mural de lectura de imaxes co conto "A canción do vaqueiro".


2º e 3º atreveronse co Kamishibai e esta mesma semana puidemos desfrutar na biblioteca da súa animación.
2º de Primaria representou o conto holandés "Hans e os heroes de Harlem". 3º de Primaria viaxou ata Nova Zelanda e representou "O agasallo do Kiwi"

KAMISHIBAI 2ºE 3º

Como agasallo ós atentos espectadores os nenos e nenas de 2º  déronnos a todos un muiño holandes co título deste proxecto lector.



domingo, 17 de xuño de 2018

AS SAÍDAS DO PROXECTO

Ao longo do curso moitas das nosas saídas e actividades complementarias no centro estiveron relacionadas co PDI.
No primeiro trimestre 4º de Primaria coñeceu Anfaco, anticipándose o traballo que iamos facer sobre o  barco Alfageme e a industria pesqueira e conserveira.
Tamén varios cursos tiveron a oportunidade de coñecer edificios emblemáticos de Vigo o acudir a diversas actividades tal como sucedeu con 4º ao visitar Naturnova ou  Aqualia  no Castro ou 2º cando foroná representación de Circopeta na Teatro García Barbón.
Tamén os de infantil quixeron coñecer unha das bibliotecas de Vigo A biblioteca Neira Vilas
O segundo trimestre foi adicado aos museos. Co gallo da celebración do Ano Verne o Museo Meirande e o Museo de Mar serviron para coñecer un cachiño mais da nosa historia e o fondo da Ría de Vigo.
Os de 5º coñeceron de primeira man a festa da reconquista e afondaron na sú historia.
no terceiro trimestre achegámonos á actividade pesqueira dos redeiros coa actividade o sabor do mar e varias aulas quixeron coñecer de cerca aos cabalos que podemos admirar na escultura.
Infantil 1º e 2º visitaron as instalacións da muralla e da hípica Alazán.

Podedes ver as fotos de todas elas no outro blogue fonte dos frades

domingo, 29 de abril de 2018

MES DOS LIBROS:PADRIÑOS LECTORES

O pasado venres e a pesares do día que non prometía nada bó (metereolóxicamente falando) celebramos unha nova edición dos "padriños lectores". Aínda que non era a primeira experiencia para a maioría dos nenos e nenas, padriños, madriñas, afillados e afilladas estaban moi nerviosos e debecían porque chegase ao intre sinalado.
Foi un goce, coma sempre, mirar a tódalas parellas ler e compartir; e tamén escoitar o son de mil lecturas a un tempo...todos desfrutamos moito e os nenos e nenas desfrutaron ainda máis.
Non o dubidamos.. o ano que ven volveremos cos "padriños" e xa estamos desexando que chegue unha nova edición!!



MES DOS LIBROS: OS OLLOS DOS LECTORES

Contámosvos hai uns días que queriamos facer unha montaxe coas recomendacións lectoras que fixeron os nenos e nenas de cada aula aos seus compañeiros. Como sabedes, todos -ou case todos- trouxeron un libro da casa ás aulas co que organizamos unha actividade de préstamo entre familias.
A semana pasada puidemos facer as fotos de todos coas súas suxerencias e agora xa temos os vídeos preparados. Non teñen a calidade que nos gustaría porque nos fallan as ferramentas...pero o importante é que todos podemos ver os libros que recomendaban en tódalas aulas.
Daquela aquí os tedes...4 videos agrupando as distintas aulas.
Para unha visualización máis rápida deixámosvos tamén o enlace aos pdfs.

INFANTIL

 

PRIMEIRO E SEGUNDO

TERCEIRO E CUARTO

QUINTO E SEXTO

ENLACES AOS PDFS

AULAS QUINTO E SEXTO

AULAS TERCEIRO E CUARTO

AULAS PRIMEIRO E SEGUNDO

AULAS INFANTIL

luns, 23 de abril de 2018

MES DOS LIBROS: PRÉSTAMO ENTRE FAMILIAS

A mañá do luns 23 de abril foi unha xornada de emocións. Semella que nunca levaramos ningún libro para casa. Estamos ben afeitos ás viaxes dos nosos libros: libros que van para a casa dende a nosa biblio, libros que veñen das casas para as aulas para encher os nosos proxectos, libros para lermos xuntos nas horas de ler, libros das maletas viaxeiras que viaxan dende a biblio, libros das mochilas viaxeiras que veñen e van, libros nos expositores e nos contacontos dos xoves...un mundo de oportunidades de lectura. Ainda así, produciunos unha emoción enorme poder levar para casa o libro dun compañeiro ou compañeira; ese libro que trouxeron e trouxemos para compartir con todos. Gracias a tódalas familias por participar neste proxecto. Sinxelo, pero moi motivador. Ollade senón as fotos da actividade nalgunhas aulas...  e algúns dos preparativos... e dentro duns días poderedes ver tamén a nosa montaxe.

MICA TAMÉN LEVA UN LIBRO

AS BOLSAS PREPARADAS


O CONTROL DOS PRÉSTAMOS


OS DE CATRO FACENDO INTERCAMBIO



 

MES DOS LIBROS: BIBLIOPATIO

Temos aproveitado  que hoxe é o Día do libro para dar comezo a unha actividade lectora máis. Tiñamos moitas ganas de comezar con ela, pero entre as chuvias e outros problemas técnicos non foi posible. Hoxe tres estupendas axudantes de biblioteca coordinaron a actividade no recreo para que os seus compañeiros poidesen desfrutar da lectura ó ar ceibo. Para os que non teñen gañas de correr no recreo, xa hai unha alternativa  aos faladoiros cos amigos ou os xogos na biblio...fora estase moi ben e os libros son un bó entretemento.