Ao longo do curso moitas das nosas saídas e actividades complementarias no centro estiveron relacionadas co PDI.
No primeiro trimestre 4º de Primaria coñeceu Anfaco, anticipándose o traballo que iamos facer sobre o barco Alfageme e a industria pesqueira e conserveira.
Tamén varios cursos tiveron a oportunidade de coñecer edificios emblemáticos de Vigo o acudir a diversas actividades tal como sucedeu con 4º ao visitar Naturnova ou Aqualia no Castro ou 2º cando foroná representación de Circopeta na Teatro García Barbón.
Tamén os de infantil quixeron coñecer unha das bibliotecas de Vigo A biblioteca Neira Vilas
O segundo trimestre foi adicado aos museos. Co gallo da celebración do Ano Verne o Museo Meirande e o Museo de Mar serviron para coñecer un cachiño mais da nosa historia e o fondo da Ría de Vigo.
Os de 5º coñeceron de primeira man a festa da reconquista e afondaron na sú historia.
no terceiro trimestre achegámonos á actividade pesqueira dos redeiros coa actividade o sabor do mar e varias aulas quixeron coñecer de cerca aos cabalos que podemos admirar na escultura.
Infantil 1º e 2º visitaron as instalacións da muralla e da hípica Alazán.
Podedes ver as fotos de todas elas no outro blogue fonte dos frades
Moitas grazas or tanta saída complementaria ó traballo das aulas. Seguro que non é doado organizalas e coordinalas para tantos rapaces...
ResponderEliminar