luns, 23 de abril de 2018

MES DOS LIBROS: BIBLIOPATIO

Temos aproveitado  que hoxe é o Día do libro para dar comezo a unha actividade lectora máis. Tiñamos moitas ganas de comezar con ela, pero entre as chuvias e outros problemas técnicos non foi posible. Hoxe tres estupendas axudantes de biblioteca coordinaron a actividade no recreo para que os seus compañeiros poidesen desfrutar da lectura ó ar ceibo. Para os que non teñen gañas de correr no recreo, xa hai unha alternativa  aos faladoiros cos amigos ou os xogos na biblio...fora estase moi ben e os libros son un bó entretemento.












1 comentario:

  1. Non podía haber mellores axudantas da biblioteca! ;-) Están coma peixe na auga... Unha alternativa fantástica para o recreo. Bravo pola Biblio Patio!

    ResponderEliminar