Despois dun luns adicado ao Kamishibai, a cita o martes era no ximnasio. Os actores de 2º de Primaria e 4ºA precisaban máis sitio para a súa actuación.
Primeiro foi a quenda dos nenos e nenas de 2º. Representaron A festa no faiado de María Victoria Moreno.
Despois foi a quenda de 4º A cunha simpática obra desenvolvida nunha consulta. Esta obra xa fora representada no festival de primaria o pasado 1 de xuño. Daquela os pequenos de infantil e 1º e 2º de primaria non a puideran desfrutar. Menos mal que fixeron este pase para eles!
Ningún comentario:
Publicar un comentario