A mañá do luns 23 de abril foi unha xornada de emocións. Semella que nunca levaramos ningún libro para casa. Estamos ben afeitos ás viaxes dos nosos libros: libros que van para a casa dende a nosa biblio, libros que veñen das casas para as aulas para encher os nosos proxectos, libros para lermos xuntos nas horas de ler, libros das maletas viaxeiras que viaxan dende a biblio, libros das mochilas viaxeiras que veñen e van, libros nos expositores e nos contacontos dos xoves...un mundo de oportunidades de lectura. Ainda así, produciunos unha emoción enorme poder levar para casa o libro dun compañeiro ou compañeira; ese libro que trouxeron e trouxemos para compartir con todos. Gracias a tódalas familias por participar neste proxecto. Sinxelo, pero moi motivador. Ollade senón as fotos da actividade nalgunhas aulas... e algúns dos preparativos... e dentro duns días poderedes ver tamén a nosa montaxe.
Canta razón! Algo tan sinxelo e tan emocionante! Os meus nenos inda deron algunha volta para decidir que libro levar ;-P
ResponderEliminar