Amosando publicacións coa etiqueta aprendendo a navegar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aprendendo a navegar. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de xuño de 2018

OS REDEIROS E OS CABALOS PECHAN O PDI NAS AULAS

Os dous derradeiros cartofoles do proxecto chegaron ás aulas no mes de maio coa encarga de telos rematadiños a principios do mes de xuño; xa o tempo metía présa. E así foi, tódalas aulas chegaron puntuais á cita. E no noso mural da entrada xa locen tamén os traballos plásticos correspondentes. Desta vez tocoulle facer os redeiros os nenos de 3º e os cabalos os pequenos de 3 anos.






OS OLLOS DOS REDEIROS

O antigo edificio da Peineta serviu de base o noso traballo. A creación literaria tocoulle aos de 6º.















OS OLLOS DOS CABALOS

A  muralla do monte do castro da acubillo os traballiñosdos cabalos. A creación literaria tocoulle os nenos e nenas de 4º A que fixeron un concurso e elixiron o relato que lles gustaba para o mural. Os outros relatos estiveron expostos na corcheira do corredor.



















martes, 13 de febreiro de 2018

LEMBRAMOS O 1º TRIMESTRE: A OLIVEIRA DE NADAL...SETEA O TEU DINOSAURIO

Como complemento ao traballo desenvolvido nas aulas na segunda carpeta viaxeira “Os ollos do Dinoseto” tódolos nenos e nenas do cole fixemos unha dobre viaxe cara o pasado; unha coa imaxinación e outra procurando o “onte”  real que  nós non coñecimos da cidade, e do que van quedando só unhas poucas pegadas. 
Dunha banda pescudamos no mundo dos dinosaurios e matinamos que outros compañeiros da súa época podían ter a mesma sorte do Dinoseto: converterse nunha escultura merecedora de adornar tamén á nosa cidade. Ainda que non se atoparon ata agora restos fósiles, coidamos que é posible imaxinar que onde hoxe se ergue Vigo pasearon noutra era xeolóxica moitos outros dinosaurios acompañando "o noso tiranosauro". 
Este era o obxectivo da actividade "Setea o teu dinosaurio". Dar un brinco imaxinario e traballar a partir da investigación documental nun laboratorio creativo no que xogabamos cun concepto xa presente na nosa realidade, un dinosaurio de ficción e transformábamo con  materiais diferentes.

Pola outra banda cada aula viaxou a unha rúa da cidade e mergullouse na época de principios ou mediados do século xx para descubrir  como era a vida e a faciana da cidade naquel intre.

Estas dúas actividades formaron parte dun mural mais grande onde confeccionamos de xeito compartido, como nos gusta, a Oliveira -o simbolo mais importante de Vigo- a que fixo que se lle denomine cidade olívica. Vede aquí o resultado.





e agora imos cos detalliños...
2º e o seu Pterodáctilo

4ºbº e o seu Espinosaurio

5 anos e o Velociraptor

3º e o Estegosaurio

4º a e o Parasaurolofus

5º e o Braquiosaurio

4 anos e o Triceratops

1º e  oTiranosaurus

3 anos e a Maiasauria

6º e o Microrraptor
1º no Príncipe...esto ten unha pinta moi rara!

3 anos na Porta do Sol...onde se meteu o Sireno?

3º na baixada a Elduayen...ese tranvía levará ata o dinoseto cando baixe?

4 anos na rúa Urzáiz...que raro non miramos a farola?


4ºB no Náutico...quen puxo aí ese edificio?

6º no cruce de Peniche...e a plaza das Apertas?

5 anos na rúa García Barbón con Afonso XIII...que fai aí ese cacharro?

5º  diante do Concello...Onde está?

4º a na rúa García Barbón...onde se meteron os coches?









Parece que falta a foto de 2º pero en canto cheguemos ao cole completamos o puzzle.

luns, 1 de maio de 2017

PRIMEIROS ROTEIROS

O pasado mes de Marzo arrancou a pescuda documental arredor dos roteiros turísticos do Río Miño. Dentro do conxunto de actividades feitas arredor do río, este traballo ten como obxectivo coñecer o seu patrimonio artístico, natural e económico-turístico. 
Despois de dividir o curso do río en 10 tramos cada clase encargouse de traballar aqueles aspectos que os mouchiños lles pidiron. Dende a volta das vacacións de Semana Santa xa agroman a carón do noso río de fieltro os resultados das primeiras investigacións que pouquiño a pouco irémosvos presentando.











sábado, 12 de outubro de 2013

APRENDEMOS A BUSCAR NA REDE

Dende a biblioteca do Ceip Milladoiro de Malpica e o IES Sanchez Cantón de Pontevedra as dúas profes responsables das mesmas achégannos este documento que nos vai vir moi ben agora que estamos comenzando o noso primeiro Proxecto Documental Integrado "oficial", xa que algúns pasiños xa tiñamos dado neste camiño en anos anteriores.
Este curso imos pescudar sobre os cultivos tradicionais de Galicia para facer a nosa propia achega á celebración durante o vindeiro ano 2014 do ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR.
Aquí volo deixo...

  APRENDENDO A BUSCAR NA REDE

E xa que estamos con estes temas das procuras na rede non esquezamos todos algúns consellos de seguridade

NAVEGA CON RUMBO