O pasado 21 de Marzo celebrouse o día oficial
da Poesía. Nós adicamos toda a semana a ir traballando a linguaxe poética, visitando o expositor colocado na biblioteca e consultando nas aulas outros libros de poemas tamen escollidos,
copiando algúns dos versos de distintos autores que nos gustaron e atrevéndonos tamén algúns a crear as
nosas poesías.
Ao longo da semana foron aparecendo poemiñas pendurados aquí e alá, de xeito que pronto estivo o cole ben cheo. E dame no nariz que este mes do libro os nenos e nenas que non puideron chegar a tempo ainda nos van sorprender coas súas escollas e creacións. Bueno, iso se atopan algún recunchiño onde pendurar as súas cousiñas...!!

Ademáis puxemos a nosa ollada tamén sobre Martín Códax, o trovador de Vigo, non só a través do traballo correspondente a 5ª carpeta viaxeira (A fada e o dragón), senón tamén lendo e escoitando as versións musicais das súas cantigas e intentando emular a feitura de pergameos, como sucedeu na aula de segundo. O pergamiño Vindel estivo moi presente nas nosas pescudas, como tocaba.
Esto non acaba aquí porque dentro do noso proxecto temos un
recunchiño reservado aos poetas de Vigo e no mes de Maio imos adicarnos tamén
de xeito intensivo a Victoria Moreno, que tamén nos deixou os seus poemas.
Deixámosvos aquí algunhas poucas mostras da creatividade dos nosos nenos e nenas . Xa iremos pondo maís. Ollade!
Un xénero tan bonito que ás veces queda nun segundo plano... pero tan, tan fermoso ^_^
ResponderEliminar