domingo, 8 de marzo de 2026

Enlazamos o 11F das mulleres científicas co 8M das mulleres traballadoras: mulleres que abren camiños

 

Tras iniciarnos no 11 de febreiro nas dificultades que tiveron as mulleres para acceder á universidade e poder dedicarse á arquitectura... continuamos o noso traballo este 8 de marzo desmontando e denunciando os estereotipos de xénero e a desigualdade. 

A biblioteca sempre é un centro de recursos e sorprendeunos este mes de marzo cunha lectura con moita forza: Os pantalóns de Luisa



Unha nena que representa a loita de Luisa Capetillo, unha muller que loitou pola igualdade, desafiando ás normas establecidas ao vestir con pantalóns, viaxar e axudar a outras mulleres a saír do analfabetismo. 




luns, 2 de marzo de 2026

RETO das Arquitectas superado!

O Párroco está cheo de pequenos e pequenas investigadoras!

Os diferentes cursos foron pasando pola biblioteca para descubrir as personaxes destacadas no Día da muller e da nena na ciencia. 

Leron o conto que narraba a historia das pioneiras no ámbito da arquitectura e seguiron as pistas ata conseguir elaborar unha liña do tempo que reflexa cando comezaron a abrirnos o camiño da arquitectura a todas e así que mulleres e nenas tivésemos a oportunidade de desenvolver tal oficio.





Agora xa temos 6 novas referentes que defenderon a igualdade entre homes e mulleres e conseguiron derribar os muros que lles impidían converterse en arquitectas.