Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros creativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros creativos. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebramos na nosa biblioteca o Día da Poesía cunha actividade moi creativa, lúdica e participativa.

Empregamos revistas vellas como materia prima, as verbas que atopamos nelas foron os recortes cos que creamos os nosos propios poemas, xogando coa linguaxe, co significado e coa estética das palabras.




Xurdiron creacións en galego, en castelán e incluso en inglés!

Ademais de fomentar a expresión escrita, a actividade permitiu traballar a imaxinación, a sensibilidade artística e o gusto pola poesía. O alumnado gozou experimentando coas palabras, descubrindo que non hai unha única maneira de crear un poema.

Agora temos na biblio unha pequena exposición cos traballos realizados, convertendo o espazo nun recuncho poético.

Sen dúbida, foi unha xornada inspiradora que nos recordou que a poesía pode estar en calquera lugar… mesmo nas páxinas dunha revista.







venres, 13 de marzo de 2026

Libros de artista na nosa biblioteca creativa

No marco do noso proxecto de reciclaxe creativa, o alumnado de 5º está a dar unha nova vida aos libros de expurgo da biblioteca. 


A partir destas páxinas que xa non formaban parte da colección, os nenos e nenas están a transformalas nun auténtico libro de artista, no que combinan a imaxinación coa experimentación plástica. 

                                          

Sobre as páxinas crean bosquexos, debuxos, intervencións con cor e diferentes técnicas, convertendo cada exemplar nunha peza única. 

                                  

Ademais de fomentar a creatividade, deste xeito aprendemos que os libros tamén poden seguir contando historias a través da arte. 





martes, 10 de febreiro de 2026

Recunchos lectores creativos!

Aquí deixamos unhas fotos do uso que lle damos aos nosos recunchos de lectura dos corredores: pequenos espazos pensados para parar, sentar e mergullarse nun bo libro. 

Nelas podedes ver como gozamos da lectura con comodidade e tranquilidade, convertendo calquera momento nun tempo para imaxinar e descubrir historias. 


Tamén se aprecia a decoración creada no obradoiro de fios da nosa biblioteca creativa, que enche estes recunchos de cor e personalidade. 




sábado, 17 de xaneiro de 2026

Patios creativos no noso obradoiro de fíos!

 


O alumnado do obradoiro de fíos de 
Biblioteca Creativa foi colléndolle o punto pouco a pouco, aprendendo técnicas novas e mellorando sesión tras sesión. 

Entre fíos, cores e moita paciencia, foron creando os seus traballos. Aquí deixamos algunhas imaxes que amosan o ben que o están a facer!


 

venres, 6 de xuño de 2025

Infantil na nosa biblio creativa!

 

Inspirados no conto "El pez arcoíris", os nenos e nenas de infantil participaron nun obradoiro creativo de collage, creando un peixe de cores moi orixinal!

Tras facer os trazos, rachar os papeis e realizar o collage, cunha simple cartolina negra fixemos relucir as cores deste peixe tan especial.

Aquí deixamos unha mostra do obradoiro! 


Está claro que a nosa biblioteca e os libros dan ás á creatividade!

venres, 25 de abril de 2025

CURRUNCHOS DE VIMBIO

 

CURRUNCHOS DE VIMBIO PARA LER


A nosa biblio conta agora con dous magníficos recunchos de vimbio para ler e gozar nun espazo único. O mellor de todo é que foron feitos coas nosas propias mans.



Todo o cole, dende os máis pequenos ata os maiores do último curso, construíu de forma colaborativa dous currunchos ben especiais.

              


Esta práctica, ademais de ser un obradoiro no que todos puxemos esforzo e dedicación, permitiunos coñecer o vimbio e o tradicional oficio dos cesteiros e cesteiras.




Foi moi chulo descubrir como podiamos construír estes recunchos coa técnica que empregan os paxaros para facer os seus niños.






sábado, 9 de novembro de 2024

OBRADOIRO DE KUMIHIMO

Como ben sabedes, encántanos que o noso alumnado teña a oportunidade de participar en obradoiros artísticos e creativos. 

Este ano iniciamos un obradoiro enmarcado dentro de Polos e Biblioteca creativa para aprender a técnica de  KUMIHIMO!

Resulta que o Kumihimo, é un disco ou telar redondo que nos serve para crear trenzas redondas e facernos unhas bonitas pulseiras!

Aquí vos deixamos unha mostra do proceso!



Deixámosvos os pasos para crear as pulseras con pictogramas co obxectivo de favorecer a accesibilidade desta actividade a todo o alumnado:








martes, 1 de outubro de 2024

OBRADOIRO DE FÍOS!

Iniciamos os PATIOS CREATIVOS dende a BIBLIO coa posta en marcha do OBRADOIRO DE FÍOS!


O tempo de lecer do luns (11:45-12:15) podes adicalo a facer pulseiras dunha maneira moi orixinal!


Podedes apuntarvos ao obradoiro a través da CAIXA DE CORREO da biblio! 








luns, 1 de xullo de 2024

SEGUIMOS A LEMBRAR... EXPOSICIÓN DE PINTURA #PRESUMIMOS

 Durante o 3º trimestre en Arts de 1º a 5º estiveron a traballar con Sonia Delaunay e Ouka Leele.  O noso xardín foi escenario do seu traballo artístico.Podédelo ver no noso instagram

https://www.instagram.com/ceipparroco/reel/C5-18iysLqu/

Foron pendurando as súas creacións no corredor segundo ían rematando, ata que nos agasallaron cunha estupenda exposición final. E claro nós #presumimos! Parabén ós artistas!









domingo, 11 de febreiro de 2024

LABORATORIO CREATIVO DE DISFRACES

Temos xa no blog Fonte dos frades as fotos da nosa Semana da troula acompañando ó Meco Cortizón Churruscón e da festa de entroido no Bosque Animado da fraga de Comeseñe. Imos ver aquí como as distintas aulas traballaron arreo para ter listos os seus disfraces.  Ao tempo os nenos e nenas de 5º e 6º traballaron literariamente na descuberta dun dos libros senlleiros da literatura galega e creando coplas e o tradicional testamento do Meco. As aulas enchéronse tamén de carautas e documentación arredor das máscaras tradicionais do entroido galego. Aprendemos de xeito activo, entrenamos distintas habilidades e mantemos as nosas tradicións. Todo en un! Parabéns a todos.